O Pleno do Parlamento galego aproba o ditame da Comisión de estudo sobre a seguridade viaria de Galicia

Santiago, 21 de marzo de 2022.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade o ditame emitido pola Comisión non permanente especial de estudo sobre a seguridade viaria de Galicia, “un documento de consenso e nada improvisado” cuxas “propostas xa foron valoradas pola Consellería de Infraestruturas no proceso de elaboración do novo Plan de Seguridade Viaria 2022-2025 que está a punto de ver a luz”, sinalou o deputado do Grupo Popular José Luís Ferro.

Continue reading