O Parlamento insta á Xunta a adoptar as accións xurídicas pertinentes contra a nova Lei de vivenda estatal

Santiago, 24 de marzo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o voto favorable de BNG nin de PSdeG, a través da que se insta á Xunta adoptar as accións xurídicas pertinentes, incluída a interposición dun recurso de inconstitucionalidade, ante a futura Lei estatal de vivenda, previo informe da asesoría xurídica que acredite a invasión das competencias exclusivas autonómicas en materia de vivenda.

Continue reading

O Parlamento reclama información concreta e rigorosa sobre a chegada do AVE a todas as cidades galegas

Santiago, 24 de marzo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se reclama ao Goberno Central máis información e máis concreción nos prazos de chegada da alta velocidade a Galicia, unha vez que parece desbotada polo Ministerio de Transportes a mellor opción para o PPdeG, que era a de modificar o ancho de vía entre Ourense e Santiago para facilitar a circulación dos AVE ata a capital galega.

Continue reading

O PPdeG apoia demandar ao Goberno de España a reorganización dos horarios da liña ferroviaria Vigo-A Coruña e unha nova política tarifaria na liña Ourense-A Coruña

Santiago, 24 de marzo de 2022.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno de España a reorganización dos horarios da liña ferroviaria Vigo-Coruña para facilitar a conciliación laboral e familiar; garantir a puntualidade e a seguridade deste servizo; ampliar e flexibilizar os abonos; así como unha política tarifaria que inclúa descontos e que remate coa discriminación que sofren as persoas usuarias da liña Ourense-A Coruña.

Continue reading