O PPdeG critica que BNG e PSdeG tentaran hoxe no Parlamento botar baixo a solicitude para que a Confederación Hidrográfica repoña o acueduto do Pontillón entre Tui e Salvaterra

Santiago, 25 de marzo de 2022.- O deputado do Grupo Popular Moisés Rodríguez Pérez criticou hoxe no Parlamento galego que BNG e PSdeG “buscaran hoxe botar abaixo a proposición non de lei aprobada hai 14 días na Comisión 4ª a través da que se insta á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil á reposición do acueduto do Pontillón sobre o río Caselas, na parroquia de Caldelas no concello de Tui de interese patrimonial”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda o desenvolvemento de plans para a incorporación de mozos ás actividades agrogandeiras

Santiago, 25 de marzo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a continuar fomentando e desenvolvendo plans para a incorporación dos mozos e mozas as actividades agrogandeiras, “un dos grandes retos para o sector primario nas próximas décadas”, manifestou o deputado popular Daniel Vega.

Continue reading