Alberto Pazos amosa “intranquilidade e preocupación” logo da visita da vicepresidenta Calviño, que “fuxiu de concretar fondos europeos para Galicia”

Santiago, 13 de xuño de 2022.- O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, amosou hoxe a “intranquilidade e preocupación” que deixou no PPdeG a visita que a vicepresidenta do Goberno de España, Nadia Calviño, fixo o pasado venres a Galicia, xa que “fuxiu de concretar cifra algunha de fondos europeos para proxectos como o de Stellantis ou Altri a pesar de recoñecer que o plan de recuperación estaba feito para Galicia”. Deste xeito, urxiu que o Presidente do Goberno reciba ao Presidente da Xunta para confirmar e fixar cantidades e prazos de concesión dos fondos europeos que se destinarán á Comunidade galega, de xeito os impulsores destas iniciativas industriais poidan avanzar na súa elaboración.

Continue reading