Alberto Pazos insiste na necesidade de que Pedro Sánchez reciba con urxencia a Alfonso Rueda para tratar asuntos importantes para Galicia

Santiago, 4 de xullo de 2022.- O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, insistiu hoxe na necesidade de que o Presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, atenda a solicitude realizada polo Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para manter un encontro no que abordar “cuestións urxentes para a Comunidade galega, como é o reparto equitativo e transparente dos fondos europeos, a chegada dos trens AVRIL prometidos para este verán ou as transferencias da AP-9 e do dominio público marítimo-terrestre”.

Continue reading