O Parlamento galego insiste na demanda ao Goberno central para conectar Vigo á rede de moi alta tensión e construír a subestación de Balaídos

Santiago, 8 de xullo de 2022.- O Parlamento de Galicia insistiu hoxe, a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular aprobada por unanimidade, na demanda ao Goberno de España para que rectifique e inclúa na planificación da Rede Eléctrica de España para 2021-2026 a conexión de Vigo á rede de moi alta tensión e constrúa unha nova subestación no polígono de Balaídos, que permita atender as necesidades de subministración da industria, sobre todo da factoría de Stellantis.

Continue reading