O PPdeG salienta que Galicia é a segunda comunidade con mellor ratio de facultativos de medicina interna

Santiago, 12 de xullo de 2022.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que Galicia, segundo os datos do propio Ministerio de Sanidade, “é a segunda comunidade autónoma con mellor ratio de facultativos de medicina interna por cada 100.000 habitantes” e insistiu na demanda ao Goberno central para que “tome as medidas necesarias para que o sistema de solicitude de acreditacións de prazas estea aberto de forma permanente e non unicamente en períodos curtos de tempo”.

Continue reading

O PPdeG contempla a transferencia da inspección de traballo, pero lembra que están pendentes a da AP-9 e a xestión do litoral

Santiago, 12 de xullo de 2022.- A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “aspiramos ao máximo teito competencial, polo que contemplamos a transferencia en materia de inspección de traballo, pero na defensa dos intereses dos galegos non imos adoptar ningunha competencia que non veña dotada do financiamento necesario, ademais de que nestes momentos hai competencias pendentes prioritarias para o noso país: a AP-9 ou a xestión do litoral”.

Continue reading

O Grupo Popular demanda ao BNG que deixe de presentar a Galicia como “o territorio do candil e a lareira”

Santiago, 12 de xullo de 2022.- A portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Elena Candia, demandou hoxe ao BNG que “abandone o seu empeño en presentar a Galicia como o territorio do candil e a lareira” e asegurou que “erran no diagnóstico da situación que vive o noso rural, o que lles vai difícil acertar no tratamento necesario para abordar os seus problemas”.

Continue reading