O Grupo Popular salienta que a Xunta prevea alcanzar o 2% do gasto en I+D no novo Plan Estratéxico 2022-2030

Santiago, 7 de setembro de 2022.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez salientou hoxe no Parlamento galego que a Xunta prevé no novo Plan Estratéxico alcanzar o 2 por cento do gasto en I+D sobre o PIB de Galicia en 2030. Neste sentido, afirmou que “non serve cun incremento porcentual económico, porque é necesaria unha estratexia que vaia acompañada de máis recursos económicos, como o está a facer o Goberno galego a través da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia-RIS3”.

Continue reading

O Parlamento galego pide declarar de interese público superior as centrais hidroeléctricas reversibles

Santiago, 7 de setembro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do BNG, a través da que se insta á Xunta a declarar de interese público superior as centrais hidroeléctricas reversibles, como activos de almacenamento enerxético necesarios para acadar a seguridade de subministración enerxética, ao tempo que se garanta a construción das infraestruturas de almacenamento necesarias para a implantación destes proxectos, sempre que non supoñan novos obstáculos transversais no leito dunha masa de auga superficial.

Continue reading

Aprobado en Comisión o ditame do proxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia, paso previo ao seu debate definitivo en Pleno

Santiago, 7 de setembro de 2022.- A Comisión de Industria do Parlamento galego aprobou esta mañá o ditame do proxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia, co que este novo texto lexislativo queda pendente da súa aprobación definitiva polo Pleno. A viceportavoz popular, Marta Nóvoa, lembrou que esta nova lei “combina o respecto ao desenvolvemento territorial sustentable co fomento da actividade económica na Comunidade galega, axilizando e flexibilizando a planificación e creación de solo para as empresas”.

Continue reading