Santiago, 27 de setembro de 2022.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Pleno do Parlamento galego “a posta en marcha inmediata dun rexistro nacional de profesionais sanitarios, que poida orientar as necesidades de formación de especialistas”.
O Grupo Popular critica a “confusión” do PSdeG en materia sanitaria, derivada da “alarmante falta de ecuanimidade no seu diagnóstico”
Santiago, 27 de setembro de 2022.- O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, acusou aos socialistas galegos de “confundir facer política sanitaria con facer politiqueo coa sanidade” e afirmou que “esa confusión nace dunha alarmante falta de ecuanimidade no seu diagnóstico sobre as causas e os problemas que sufre a nosa sanidade”.
O Grupo Popular salienta o compromiso do Goberno galego cos concellos, que se traduce no mantemento do Fondo de cooperación
Santiago, 27 de setembro de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego “o compromiso do Goberno galego cos concellos, que se pon de manifesto no mantemento do fondo de cooperación local desde a súa creación no ano 2011, que este ano acadou os 126 millóns de euros logo dun incremento dun 3,3 por cento respecto a 2021”.
Aprobada a nova Lei de áreas empresariais, que simplifica a tramitación urbanística e mellora a xestión destas áreas
Santiago, 26 de setembro de 2022.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co único voto en contra do BNG, a nova Lei de áreas empresariais de Galicia, que “simplifica a tramitación urbanística, que adoita ser extensa e que pode deixar escapar oportunidades empresariais a outros territorios veciños como Portugal, e que recolle unha mellora na xestión dos parques empresariais por parte dos propietarios e empresarios que se senten abandonados cando o concello non responde”.
O proxecto de Lei para a provisión de postos de difícil cobertura en sanidade continúa a súa tramitación no Parlamento de Galicia
Santiago, 27 de setembro de 2022.- O proxecto de Lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura na sanidade galega continuará a súa tramitación parlamentaria, coa previsión de que sexa aprobado no vindeiro Pleno, a pesar do voto en contra de BNG e PSdeG. A portavoz popular de Sanidade, Encarna Amigo, demandou aos grupos da oposición que “se aclaren, porque non se entende que pidan medidas de xeito inmediato para incrementar o persoal sanitario e cando se lles traen accións para aplicarse de xeito inmediato se opoñen e se queixan de que imos demasiado rápido”.
Puy afirma que a comparecencia de Rueda no Pleno é “unha decisión valente, que da transparencia e permite á oposición ter un avance dos orzamentos para 2023”
Santiago, 26 de setembro de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “decisión valente, que engade transparencia á xestión do Goberno galego e que vai permitir á oposición ter un avance das liñas dos orzamentos da Xunta para 2023 que virán ao Parlamento galego na data habitual” a comparecencia do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mañá no Pleno da Cámara galega. Neste sentido, Puy manifestou que BNG e PSdeG “perden toda credibilidade cando critican á Xunta tanto cando comparece no Pleno como cando non o fai”.