Skip to content

Puy afirma que a comparecencia de Rueda no Pleno é “unha decisión valente, que da transparencia e permite á oposición ter un avance dos orzamentos para 2023”

Santiago, 26 de setembro de 2022.-  O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “decisión valente, que engade transparencia á xestión do Goberno galego e que vai permitir á oposición ter un avance das liñas dos orzamentos da Xunta para 2023 que virán ao Parlamento galego na data habitual” a comparecencia do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mañá no Pleno da Cámara galega. Neste sentido, Puy manifestou que BNG e PSdeG “perden toda credibilidade cando critican á Xunta tanto cando comparece no Pleno como cando non o fai”.

Pedro Puy marcou a comparecencia do Presidente da Xunta como “algo novidoso”, xa que é a primeira vez que vén ao Parlamento galego a informar das liñas xerais dos orzamentos entre a aprobación do teito de gasto e a remisión das contas á Cámara unha vez aprobadas polo Goberno galego. Neste sentido, apuntou que a comparecencia “terá unha perspectiva máis política que contable” e lembrou que o propio Presidente xa ten avanzado algunhas cuestións das que abundará na súa intervención de mañá.

En concreto, apuntou que “hai unha política de ingresos que tende a deixar recursos, nun momento de inflación, nas mans das familias, cunha rebaixa progresiva dos tramos máis baixos do imposto á renda e a continuidade na senda de reducir o imposto sobre o patrimonio”, “Pero tamén hai anuncios polo lado do gasto, como a deflactación de boa parte das prestacións que a Xunta da ás persoas que máis o precisan, co que se vai incrementar a solidariedade e a equidade do sistema”.

PESCA DE FONDO

O Pleno tamén inclúe a comparecencia da conselleira do Mar para dar conta dos retos aos que se enfronta o sector do mar logo das últimas decisións da Comisión Europea respecto da pesca de fondo. Neste sentido, Pedro Puy indicou que na sesión plenaria debaterase unha proposición non de lei do Grupo Popular co obxectivo de rexeitar esta decisión da Comisión Europea, que excede o marco do regulamento no que se ampara. “Consideramos que se a Comisión Europea non rectifica, o Goberno central debería recorrer a súa entrada en vigor e solicitar a suspensión temporal”, dixo.

A orde do día da sesión plenaria tamén incorpora o debate de dous proxectos de lei “relevantes”. En primeiro lugar, debaterase se procede ou non á tramitación por lectura única do proxecto de Lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura no ámbito sanitario, sobre todo en medicina de familia, hospitais comarcais ou saúde mental.

“A decisión de optar por este tipo de tramitación responde á necesidade de dar resposta, canto antes, ás necesidades organizativas actuais ante o incumprimento dos compromisos de reforma da lexislación estatal”, manifestou Pedro Puy.

En segundo lugar, procederase ao debate para a aprobación definitiva do proxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia, “que combina o respecto ao desenvolvemento territorial sustentable co fomento da actividade económica na Comunidade galega, axilizando e flexibilizando a planificación e creación de solo para as empresas”.

Para rematar, Pedro Puy referiuse á proposición non de lei do Grupo Popular que demanda ao Goberno de España que acelere o proceso de elaboración e publicación de normas que regulen a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano por parte dos enfermeiros para doentes con patoloxías crónicas.

“Esta medida suporía un avance beneficioso para o conxunto deste nivel asistencial, pois potenciaría as capacidades da enfermería e, ao mesmo tempo, optimizaría as axendas do persoal médico, reservando a súa actuación para aqueles casos nos que a súa participación achegue máis valor engadido”, indicou o portavoz popular.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies