Santiago, 18 de outubro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que ofreza á maior brevidade, de xeito continuo e coa máxima transparencia, toda a información dispoñible polo Ministerio de Transportes sobre as causas que provocaron o colapso do viaduto do Castro na A-6, ao tempo que activa de inmediato a mesa de seguimento, comprometida polo presidente do Goberno de España na súa xuntanza co presidente da Xunta, sobre as medidas que se veñen adoptando en relación coa autovía A-6.
O Parlamento galego pide ao Goberno central que cumpra a Lei e financie ao 50% a atención á dependencia
Santiago, 18 de outubro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno central o cumprimento do cofinanciamento do 50 por cento da Lei de dependencia, tendo especialmente en conta o desequilibrio acumulado desde a aprobación desta normativa en 2006.
O PPdeG reitera o seu rexeitamento aos ataques da Comisión Europea á pesca galega e pide que retire o veto ás artes de fondo
Santiago, 18 de outubro de 2022.- O portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, insistiu hoxe no Pleno do Parlamento galego o rexeitamento dos ataques e medidas que sofre o sector das artes de fondo por parte da Comisión Europea, rectificando e anulando o novo regulamento polo que se determinan as zonas vedadas a este sector.
O Grupo Popular insiste que o Consello de Contas certifica que a Xunta gastou 93 millóns máis do que recibiu dos fondos do Estado para a Covid-19
Santiago, 18 de outubro de 2022.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Rey incidiu hoxe no Pleno do Parlamento galego que, segundo o testemuña o Consello de Contas, que “o total de gasto executado durante o 2020 para a loita contra a Covid-19 foi de 611 millóns de euros, por enriba dos 517 millóns de euros recibidos pola Xunta procedentes do Fondo Extraordinario Covid-19 do Goberno central”.
O PPdeG demanda ao Goberno central que amplíe o alcance e dotación do PERTE de Economía Circular
Santiago, 18 de outubro de 2022.- A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, demandou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “o Goberno central amplíe o alcance e dotación do PERTE de Economía Circular, de xeito que teñan cabida os proxectos tractores da Xunta de Galicia”.
O PPdeG salienta que a Xunta rexenerou máis de 15 millóns de metros cadrados de bancos marisqueiros e sementou máis de 200 millóns de unidades de ameixa
Santiago, 18 de outubro de 2022.- A deputada do Grupo Popular Elena Suárez salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta facilitou nos últimos dez anos a rexeneración de máis de 15 millóns de metros cadrados de bancos marisqueiros e a sementeira de máis de 200 millóns de unidades de semente de ameixa. Porén, criticou “o bloqueo das administracións socialistas” á hora de executar obras de saneamento en diversos concellos galegos, como é o caso de Vilagarcía, Burela ou Vilanova de Arousa.