O Parlamento galego demanda información e que se convoque de inmediato a mesa de seguimento sobre o colapso do viaduto da A-6

Santiago, 18 de outubro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que ofreza á maior brevidade, de xeito continuo e coa máxima transparencia, toda a información dispoñible polo Ministerio de Transportes sobre as causas que provocaron o colapso do viaduto do Castro na A-6, ao tempo que activa de inmediato a mesa de seguimento, comprometida polo presidente do Goberno de España na súa xuntanza co presidente da Xunta, sobre as medidas que se veñen adoptando en relación coa autovía A-6.

Seguir leyendo

O Grupo Popular insiste que o Consello de Contas certifica que a Xunta gastou 93 millóns máis do que recibiu dos fondos do Estado para a Covid-19

Santiago, 18 de outubro de 2022.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Rey incidiu hoxe no Pleno do Parlamento galego que, segundo o testemuña o Consello de Contas, que “o total de gasto executado durante o 2020 para a loita contra a Covid-19 foi de 611 millóns de euros, por enriba dos 517 millóns de euros recibidos pola Xunta procedentes do Fondo Extraordinario Covid-19 do Goberno central”.

Seguir leyendo

O PPdeG salienta que a Xunta rexenerou máis de 15 millóns de metros cadrados de bancos marisqueiros e sementou máis de 200 millóns de unidades de ameixa

Santiago, 18 de outubro de 2022.-  A deputada do Grupo Popular Elena Suárez salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta facilitou nos últimos dez anos a rexeneración de máis de 15 millóns de metros cadrados de bancos marisqueiros e a sementeira de máis de 200 millóns de unidades de semente de ameixa. Porén, criticou “o bloqueo das administracións socialistas” á hora de executar obras de saneamento en diversos concellos galegos, como é o caso de Vilagarcía, Burela ou Vilanova de Arousa.

Seguir leyendo