4 de novembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a coordinar, xunto ás principais institucións académicas galegas, nomeadamente a Real Academia Galega, unha programación de actividades que difundan os valores contidos na vida e obra de Manuel Murguía, así como o coñecemento da etapa histórica e circunstancias socio-culturais do seu tempo, no centenario do seu pasamento.
Os populares galegos destinan a infraestruturas máis do 80% do montante das emendas aos PGE “para que Sánchez deixe de desconectar Galicia”
4, novembro, 2022. A deputada nacional Marta González e a senadora Pilar Rojo consideran que os Presupostos Xerais do Estado para 2023 son “uns orzamentos retraídos para a nosa Comunidade” e que supoñen “un novo agravio de Pedro Sánchez a Galicia”. Así o afirmaron esta maná nunha comparecencia na sede autonómica do partido na que explicaron en liñas xerais as emendas que os representantes galegos do Partido Popular xa presentaron no Congreso dos Deputados e nas vindeiras semanas presentarán no Senado.
Rueda: “Os Orzamentos de 2023 son clave para lograr esa provincia da Coruña robusta que necesitan os seus veciños e que necesita o conxunto de Galicia”
4 de novembro de 2022. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, puxo en valor os Orzamentos da Xunta 2023, xa que “blindarán a Galicia da incerteza con máis investimentos, máis gasto social, menos débeda e menos impostos” e responden a que “a xente demanda que as súas prioridades de cada día sexan atendidas con feitos”. Fíxoo onte na Xunta Directiva Provincial da Coruña. Referíndose especificamente á repercusión destas Contas na provincia, indicou que “os Orzamentos son clave para lograr esa Coruña robusta que necesitan os seus veciños e que necesita o conxunto de Galicia”
O PPdeG afirma que “a única razón da ausencia de Carmela Silva na Comisión de Orzamentos é a súa incapacidade para manter un debate libre”
3 de novembro de 2022. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe no Parlamento galego que “a única razón da ausencia da presidenta da Deputación de Pontevedra para explicar os orzamentos desta institución é a súa incapacidade para manter un debate libre, no que non pode negar a palabra ao discrepante, como fai habitualmente na Deputación co apoio cómplice do BNG de Ana Pontón”.
O Grupo Popular salienta que o orzamento da Deputación de Ourense “será clave para afrontar a reactivación económica e social”
3 de novembro de 2022. O deputado do Grupo Popular José Luís Ferro Iglesias asegurou hoxe no Parlamento galego que o orzamento da Deputación de Ourense para 2023 “será clave para recuperar capacidade e afrontar a necesaria reactivación económica e social nun período pospandemia”.
O Grupo Popular critica que a Deputación de Lugo manteña conxelado o Plan Único para 2023 cando prometeu incrementalo nun 25 por cento
3 de novembro de 2022. O deputado do Grupo Popular Daniel Vega criticou hoxe no Parlamento de Galicia ao presidente da Deputación Provincial de Lugo que “manteña conxelado o Plan Único para o vindeiro 2023 logo de ter prometido incrementalo nun 25 por cento”. Así mesmo, lamentou que a partida para investimento en estradas se manteña nos 10 millóns de euros, “a pesar de que o señor Campos e a señora Candia acordaran incrementala ata os 15 millóns de euros”.