O Grupo Popular lembra que a renovación dos concertos educativos terá lugar ao remate do presente curso 2022-23

8 de novembro de 2022. A deputada do Grupo Popular Carmen Pomar lembrou hoxe no Parlamento galego que o período de vixencia dos actuais concertos educativos en Galicia remata co presente curso 2022-23 “e será nese momento cando corresponda a renovación do novo período de concertos, cumprindo coa normativa vixente, respectando os prazos e estando atentos á xurisprudencia”.

Continue reading

O Grupo Popular demanda á oposición “sentidiño e diálogo” para aprobar unha Lei de estabilización do emprego público “útil, garantista e alonxada de polémicas innecesarias”

8 de novembro de 2022. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe no Pleno do Parlamento galego, no debate de totalidade do proxecto de Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade galega, que “se o sentidiño e o diálogo fixeron que este texto chegase á Cámara nun clima xeral de consenso e paz social, deberíamos aplicar as mesmas ferramentas para completar os trámites parlamentarios e aprobar definitivamente unha lei útil, garantista e alonxada de polémicas innecesarias”.

Continue reading

O Grupo Popular tende a man a BNG e PSdeG para sacar adiante a nova Lei reguladora dos xogos de Galicia por consenso

8 de novembro de 2022. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, tendeu hoxe a man aos grupos da oposición “para sacar adiante unha nova Lei reguladora dos xogos en Galicia por consenso, chegando a acordos nesta materia tan sensible e deixando a un lado as críticas demagóxicas e baleiras, que nada contribúen a axudar a quen realmente o merece: as persoas máis vulnerables, os menores e as persoas con adicións”.

Continue reading

Rueda: “Nin a provincia nin a cidade de Ourense van ser alleas ao impulso dos Orzamentos da Xunta máis altos da historia”

8 de novembro de 2022. O presidente do PPdeG reivindicou onte na Xunta Directiva Provincial de Ourense que os Orzamentos da Xunta para 2023 están pensados “para protexer a familias e empresas das incertezas” e neste sentido asegurou que “nin a provincia nin a cidade de Ourense van ser alleas ao impulso duns Orzamentos que son os máis altos da historia e que se sincronizan con aquilo que queren os galegos”.

Continue reading