O Grupo Popular apoia esixir ao Goberno central a declaración de servizos ferroviarios de proximidade as liñas A Coruña-Ferrol, A Coruña-Santiago e Vigo-Santiago

11 de novembro de 2022. O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento de Galicia a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se esixe ao Goberno central a declaración de servizos ferroviarios de proximidade nas liñas A Coruña-Ferrol, A Coruña-Santiago e Vigo-Pontevedra-Vilagarcía-Santiago, co obxecto de que entren en funcionamento no primeiro semestre de 2023.

Continue reading

O Grupo Popular urxe ao Goberno central que transfira a Galicia o 30% comprometido para as axudas ao transporte público por estrada

11 de novembro de 2022. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, insistiu hoxe no Parlamento galego que “o Goberno de Pedro Sánchez transfira a Galicia o 30 por cento comprometido para as axudas ao transporte público por estrada, xa que ata o momento é a Xunta a que está asumindo a rebaixa do 50 por cento que gozan os usuarios”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda estender a máis patoloxías o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias

10 de novembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a reformar o Decreto 105/2017, polo que se regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas, co obxecto de incrementar o número de patoloxías cubertas por esta norma. “Máis de 217.000 persoas se beneficiaron nestes anos da aplicación deste decreto e só unha rematou sendo derivada á sanidade privada”, concretou a portavoz popular de Sanidade, Encarna Amigo.

Continue reading