O Parlamento galego pide información permanente ao Goberno central sobre a situación da central térmica de As Pontes

16 de novembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que estableza un canal de información permanente sobre a situación da central térmica de As Pontes ao abeiro da Mesa das Pontes, amosando a máxima sensibilidade para non deixar fóra do proceso de transformación aos traballadores de Endesa, a industria auxiliar e aos transportistas, nin tampouco á Administración Autonómica. Así mesmo, pídese que o Ministerio para a Transición Ecolóxica aclare a capacidade real e efectiva do nó de As Pontes e para que se vai a destinar esta capacidade.

Continue reading

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central a inclusión da cadea mar-industria nas axudas do PERTE agroalimentario

15 de novembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España unha rectificación das bases reguladoras para a concesión de axudas a actuacións de fortalecemento industrial do sector agroalimentario dentro do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica Agroalimentario, de xeito que se inclúa nestas axudas á cadea mar-industria.

Continue reading