O Parlamento galego insta á Xunta a colaborar cos concellos na loita contra a violencia de xénero

23 de novembro de 2022. O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a colaborar cos concellos no ámbito da formación dos profesionais dos centros de información á muller e as mesas locais contra a violencia de xénero; seguir fomentando a rede galega de entidades locais contra a violencia de xénero; e fomentar a extensión de novos centros de información á muller.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central accións para manter viva a memoria das vítimas do terrorismo de ETA, en especial entre os novos

23 de novembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno de España a realizar as accións oportunas para manter viva a memoria das vítimas do terrorismo de ETA, en especial entre a mocidade. “Todos nós, como demócratas, temos a obriga de manter viva a memoria e o espírito de Ermua xa que, se non segue vivo, gañan os que tratan de reescribir con equidistancia unha historia que é un puntal da nosa memoria democrática”, manifestou o deputado popular Adrián Pardo.

Continue reading