19 de decembro de 2022. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que os orzamentos da Xunta para 2023, que mañá serán aprobados polo Pleno do Parlamento galego, “contribuirán a facer que na situación actual, na que o máis significativo é a perda de poder adquisitivo que xera a inflación, a cidadanía teña un maior apoio por parte do sector público autonómico”.
Rueda: “A única vía para gañar ás coalicións de perdedores nas eleccións municipais é obter unha maioría absoluta do Partido Popular”
O presidente do Partido Popular de Galicia afirmou onte no Congreso do PP de Lalín que “entre a elección de gobernos unidos ou gobernos de coalición de perdedores, a única alternativa para gañar nas municipais é obter unha maioría absoluta do Partido Popular”.
Alfonso Rueda: “En 2023 haberá aínda máis alcaldesas do PPdeG porque mentres haxa mulleres que cren nas políticas serias, o éxito sempre chega”
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, amosou hoxe o seu convencemento de que en 2023 haberá aínda máis alcaldesas populares nos 313 concellos galegos e afirmou que os comicios do próximo ano serán a constatación de que “mentres haxa mulleres que cren nas políticas serias, o éxito sempre chega”.
Paula Prado: “Vilalba ten que apostar en 2023 polo goberno serio, rigoroso e solvente que ofrece Sandra Vázquez”
A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, mostrouse hoxe convencida de que Vilalba en 2023 “ten que apostar por un goberno con seriedade, rigorosidade e solvencia como é un goberno do PP”, para así “darlle voz a esa maioría de veciños que queren un concello que se preocupe polos seus problemas e deixe a política de confrontación”.
O Parlamento galego pide que se incentive a contratación de seguros agrarios, especificamente para as explotacións vitivinícolas
16 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta incentive a contratación de seguros agrarios, impulsando especificamente a contratación dos mesmos en todas as explotacións vitivinícolas que estean asociadas ás denominacións de orixe, coa finalidade de estar cubertos ante calquera eventualidade ou fenómeno meteorolóxico extraordinario. Así mesmo, pídese o fomento da promoción do sector vitivinícola, concretamente dos viños galegos con denominación de orixe, en países da Unión Europea e fora da mesma.
O Parlamento galego demanda o impulso de medidas a prol da planificación, seguimento e control da produción do castiñeiro
16 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a impulsar e poñer en marcha medidas a prol da planificación, seguimento e control da produción do castiñeiro.
O Parlamento insta á Xunta a coordinar unha programación ao redor da figura de Carlos Oroza con motivo do centenario do seu nacemento
16 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a coordinar unha programación ao redor da figura de Carlos Oroza no ano do centenario do seu nacemento que axude a divulgar a vida e a obra deste poeta entre a poboación de Galicia.
Paula Prado: “Melide necesita e merece un cambio para deixar de ser noticia por escándalos, corruptelas e clientelismos”
A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, asegurou esta tarde que “os veciños de Melide non merecen seguir na senda de clientelismo, corruptelas e escándalos permanentes aos que os somete o Goberno local” e por iso avoga por un goberno do Partido Popular a partir do 28 de maio. Para que deste xeito “Melide volva ser noticia pola boa xestión, polos investimentos e pola creación de emprego”.
O Congreso insta ao Goberno central, a iniciativa do PP, a conxelar as peaxes da AP-9 e a AP-53 para 2023
A proposición non de lei presentada polos populares galegos para solicitar a conxelación para o ano 2023 das peaxes das autopistas estatais AP-9 e AP-53 foi aprobada hoxe na Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do Congreso coa abstención de PSOE, Unidas Podemos e o Grupo Plural, do que forma parte o BNG.
O Parlamento galego demanda unha alianza estratéxica para impulsar a cadea de valor da industria galega en torno ao hidróxeno renovable
14 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a promover, en liña coa Alianza Europea por un Hidróxeno Limpo, unha alianza estratéxica para impulsar toda a cadea de valor da industria galega en torno ao hidróxeno renovable.