2 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de BNG e PSdeG, a través da que se solicita ao Goberno de España, a través do seu Presidente e secretario xeral do PSOE, que retire de maneira inmediata a iniciativa parlamentaria presentada nas Cortes Xerais e non levar a cabo ningunha modificación do Código penal que supoña derrogar o delito de sedición. Así mesmo, demándase cumprir, acatar e respectar a Constitución española, aprobada de xeito maioritario polo pobo galego e no conxunto de España, na que non ten cabida a sedición os referendos ilegais e se recoñece a indisoluble unidade da Nación española.
O Parlamento galego pide á Xunta e ao Goberno central tramitar con axilidade os proxectos eólicos vencellados coa industria galega
2 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o voto favorable do BNG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta e ao Goberno de España a tramitar coa maior axilidade os proxectos eólicos da súa competencia, especialmente aqueles declarados como iniciativas empresariais prioritarias, que conten con permiso de acceso e conexión firme e vixente, e cuxos promotores subscriban un acordo directo de compravenda de enerxía a longo prazo e a prezo competitivo cunha empresa con centro de traballo con actividade industrial en Galicia, vinculando estes proxectos a garantir polo menos o 50 por cento do consumo de enerxía do devandito centro, nomeadamente no caso de planta de Alcoa en San Cibrao.
O PPdeG lamenta que BNG e PSdeG rexeitaran no Parlamento galego unha declaración institucional contra a Lei do solo si é si e en defensa da igualdade real e os dereitos das mulleres
1 de decembro de 2022. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, lamentou hoxe no Pleno do Parlamento galego que BNG e PSdeG rexeitaran unha proposta de declaración institucional a través da que se amosa o desacordo coas consecuencias nefastas que a Lei Orgánica de garantía integral da Liberdade sexual está a producir na redución de penas aos condenados por delitos de natureza sexual, ao tempo que se reafirma o compromiso para seguir traballando a favor da igualdade real e efectiva, en defensa dos dereitos das mulleres e para a erradicación das desigualdades.
O Grupo Popular lamenta que o BNG “queira seguir xerando confusión coas seleccións galegas deportivas, que xa existen e están conseguindo importantes éxitos en todas as modalidades”
1 de decembro de 2022. A portavoz de Deporte do Grupo Popular, Lupe Murillo, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que desde o PPdeG “seguiremos traballando por conseguir máis recursos para os nosos deportistas, as nosas asociacións, federacións e clubs deportivos, intentando cada día que os nosos deportistas sexan os mellores de España e do mundo sendo galegos”.
O Grupo Popular salienta que a Xunta dará un paso máis na formación de desempregados co Campus Virtual e avanzando na Axenda Galega de Capacidades para o Emprego
1 de decembro de 2022. A portavoz de Emprego do Grupo Popular, Noelia Pérez, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta dará un paso máis na formación de desempregados coa introdución de novos recursos, como o Campus Virtual, a ampliación do número de convocatorias libres para a adquisición de competencias claves durante todo o ano e nas catro provincias galegas, o impulso do modelo de formación dual ou avanzando na Axenda Galega de Capacidades para o Emprego, que apostará pola figura das microcredenciais.
O Grupo Popular demanda a BNG e PSdeG “leccións cero” en materia de convenios cos concellos galegos
1 de decembro de 2022. A portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Begoña Freire, demandou hoxe no Pleno do Parlamento a BNG e PSdeG que en materia de convenios cos concellos “leccións cero” á Xunta de Galicia, porque asegurou que “a transparencia destes acordos de cooperación é total e en estrito cumprimento da normativa, coa publicación do acordo no Portal de Transparencia e Goberno Aberto e no Rexistro de Convenios da Xunta”.
O Grupo Popular critica o “discurso frívolo, falto de rigor e alarmista” de BNG e PSdeG sobre a situación da sanidade
1 de decembro de 2022. A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, criticou hoxe no Pleno do Parlamento galego o “discurso frívolo, falto de rigor e alarmista de BNG e PSdeG respecto da situación da sanidade, tentando embarrar e confundir á poboación alporizando e mobilizando con falsidades, e pintando situacións esaxeradas que nada teñen que ver coa realidade”.