Skip to content

O PPdeG lamenta que BNG e PSdeG rexeitaran no Parlamento galego unha declaración institucional contra a Lei do solo si é si e en defensa da igualdade real e os dereitos das mulleres

1 de decembro de 2022. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, lamentou hoxe no Pleno do Parlamento galego que BNG e PSdeG rexeitaran unha proposta de declaración institucional a través da que se amosa o desacordo coas consecuencias nefastas que a Lei Orgánica de garantía integral da Liberdade sexual está a producir na redución de penas aos condenados por delitos de natureza sexual, ao tempo que se reafirma o compromiso para seguir traballando a favor da igualdade real e efectiva, en defensa dos dereitos das mulleres e para a erradicación das desigualdades.

Paula Prado comezou a súa intervención lamentando “o novo caso coñecido hoxe dun condenado por agresión sexual en Vigo que quedou en liberdade ao aplicar a Audiencia Provincial de Pontevedra a Lei do sólo si é si”. “Queremos trasladar desde o Parlamento galego o noso agarimo para esta nova vítima que sinte que o sistema non a ten defendido, nin antes nin despois”, manifestou.

CONDENA DAS AFIRMACIÓNS DA MINISTRA

Así mesmo, lamentou que as voceiras de Igualdade de BNG e PSdeG que interviñeron hoxe no Pleno do Parlamento galego “rexeitaran condenar as gravísimas acusacións realizadas onte pola ministra de Igualdade contra os membros do PP, afirmando que promovemos a cultura da violación”. “Tiveron unha magnífica oportunidade de demostrar que non practican o feminismo selectivo, porque creemos de xustiza que se condenen esas graves acusacións da ministra”, sinalou.

O texto da declaración institucional proposta polo Grupo Popular e rexeitada por BNG e PSdeG é o seguinte:

“Declaración institucional en relación ás consecuencias da entrada en vigor da  Ley Orgánica 10/2022 de garantía integral de la libertad sexual

O pasado 7 de outubro entrou en vigor a Ley Orgánica 10/2022 de garantía integral de la libertad sexual, denominada coloquialmente a lei do “solo sí es sí”. A nova tipificación dos delitos sexuais que introduce a nova regulación penal supuxo unha revisión á baixa das condenas que establecen as sentenzas dalgúns condenados por este tipo de delitos sexuais, tendo en conta que a aplicación da norma máis favorable constitúe un principio básico do Dereito Penal, derivado do artigo 9.3 da Constitución Española e do artigo 2.2 do Código Penal.

O Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), en febreiro do ano 2021, xa advertiu do que ocorrería no seu informe sobre a lei e sinalou que o cadro penolóxico previsto para os delitos de agresións sexuais supoñía unha redución do límite máximo dalgunhas penas; e concluía que a redución dos límites máximos das penas comportaría a revisión daquelas condenas nas que se tiveran imposto as penas máximas conforme á lexislación vixente.

O Ministerio de Igualdade e o Consello de Ministros non atenderon as advertencias das consecuencias indesexables da denominada lei do solo sí es sí e desde a súa entrada en vigor, e despois de máis de cen sentencias revisadas polos xuíces en España, xa teñen transcendido cando menos 39 casos nos que se ten rebaixado a pena dos agresores. Tres delas en Galicia, con consecuencias demoledoras, como son os casos de Cambre e Ourense, cunha redución da pena en dous anos e outra que rematou coa posta en liberdade dun individuo que intentou violar a unha moza en Xinzo de Limia no 2016. Hoxe hai un violador máis na rúas de Galicia e unha vítima que observa con estupor como unha lei que pretendía protexer ás mulleres se convirte nun salvoconduto para saír de prisión do seu agresor sexual.

É por isto que o Parlamento de Galicia acorda manifestar:

1.- O Parlamento de Galicia reafírmase na súa defensa de separación de poderes e no respecto á independencia do poder xudicial, piar fundamental do Estado de dereito consagrado na vixente Constitución de 1978, e recollendo o sentir maioritario da sociedade galega mostra o seu desacordo coas consecuencias nefastas que a L.O. 10/2022 de garantía integral de la libertad sexual está a producir na redución de penas aos condenados por delitos de natureza sexual.

2.- O Parlamento de Galicia traslada o seu apoio e solidariedade ás vítimas destes delitos contra a liberdade sexual que están sufrindo polas consecuencias nefastas da denominada lei do solo sí es sí.

3.- O Parlamento de Galicia mostra a súa comprensión coa decepción e a indignación das mulleres e de toda a cidadanía polas infames consecuencias desta lei.

4.- O Parlamento de Galicia reafirma o seu compromiso para seguir traballando a favor da igualdade real e efectiva, en defensa dos dereitos das mulleres, e para a erradicación das desigualdades e de calquera forma de violencia de que se exerza contra elas.

Noticias recomendadas

O PPdeG denuncia o plan de Pedro Sánchez para desmantelar á Garda Civil no rural e a falta de efectivos: “Cada día faltan 1.000 axentes en Galicia”
O Partido Popular de Galicia denuncia o plan que está poñendo en marcha o Goberno central para desmantelar os cuarteis da Garda Civil no rural –mediante a redución de horarios
O Grupo Popular solicitará o debate para a súa aprobación no vindeiro Pleno da nova Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan recursos naturais
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, avanzou hoxe que “solicitaremos a inclusión no vindeiro Pleno do debate para a súa aprobación da nova Lei de promoción dos beneficios sociais
O Grupo Popular avanza a “inminente” posta en funcionamento do Observatorio Turístico de Galicia
O deputado do Grupo Popular Borja Verea avanzou hoxe no Parlamento de Galicia a “inminente” posta en funcionamento do Observatorio Turístico de Galicia, que dará continuidade ao traballo que xa
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies