O PPdeG comprométese a aproveitar desde os concellos as grandes oportunidades que ofrece Europa e a defender as necesidades de cada territorio

31 de xaneiro de 2023. O Partido Popular de Galicia comprométese a que, tanto desde os programas electorais como desde os concellos, seguirá defendendo a importancia de formar parte da Unión Europea e aproveitar as grandes oportunidades que Europa ofrece “para crecer e seguir sumando” e, ao mesmo tempo, defender as prioridades e necesidades de cada territorio.

Continue reading

Paula Prado reclama a Ana Pontón unha rectificación ás descualificacións aos responsables sanitarios ou o cese inmediato da voceira de Sanidade do BNG

27 de xaneiro de 2023. A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia considera que as palabras pronunciadas onte pola deputada nacionalista Montse Prado no Parlamento son “unhas descualificacións gravísimas e inaceptables para unha responsable política”, así como “unha falta de respecto non só á Sanidade Pública da nosa Comunidade, senón tamén aos galegos e galegas que se benefician dela”.

Continue reading

O Grupo Popular solicita á deputada do BNG Montse Prado que retire o calificativo de “panda de psicópatas” ao “goberno” da sanidade en Galicia

26 de xaneiro de 2023. Diante das afirmacións realizadas esta mañá na Comisión 5ª pola deputada do BNG Montse Prado, na que manifestou que, “na vez de goberno, os galegos e galegas teñen unha panda de psicópatas, que non lles importa nada o sufrimento da xente”, e logo de que rexeitara enerxicamente no momento a solicitude da Presidenta da Comisión de que retirara esta expresión, o Grupo Parlamentario Popular solicita a inmediata rectificación desta afirmación por parte da deputada nacionalista, xa que está a desprezar o importante traballo que están a realizar tanto os responsables da Sanidade da Xunta, como todos os profesionais que traballan na sanidade en Galicia.

Continue reading

O Parlamento galego require ao Goberno central que concrete o cronograma para a chegada do AVE a todas as cidades galegas e dote inmediatamente dos trens AVRIL a Galicia

25 de xaneiro de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se require ao Goberno de España que concrete o cronograma para a chegada do AVE ao conxunto das cidades galegas; garanta os tempos de viaxe do AVE comprometidos dotando inmediatamente á rede ferroviaria da Comunidade dos trens AVRIL; e especifique o número e tipo de trens AVRIL asignados a Galicia e a data concreta en que eses trens de rodaxe desprazable estarán circulando nesta Comunidade autónoma.

Continue reading

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que estenda a rebaixa do IVE aprobada para os alimentos básicos á carne, ó peixe e ás conservas

25 de xaneiro de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do PSdeG, a través da que se solicita ao Goberno central que aplique a rebaixa do IVE dos alimentos básicos e se consideren produtos de primeira necesidade á carne, o pescado e ás conservas, co fin último de estimular a demanda interna e mellorar as previsións de crecemento da economía de ámbolos dous sectores, evitando o prexuízo derivado da iniciativa recentemente aprobada polo Goberno de España.

 

A deputada popular Teresa Egerique lembrou que o Goberno de España “decidía comezar o 2023 cunha redución do IVE aos produtos alimentarios básicos, excluíndo alimentos de primeira necesidade como a carne e o pescado”. “Estamos a falar dunha medida que, ademais de chegar tarde e erixirse como unha iniciativa puramente electoralista, resultou, desde o primeiro momento, totalmente discriminatoria co sector primario”, apuntou.

 

FALTA DE EMPATÍA DO GOBERNO CENTRAL

 

“Non é posible que, como ocorreu coas desafortunadas declaracións do ministro Garzón, se continúe discriminando ao sector gandeiro español por parte do Goberno de España, sobre todo se temos en conta a forte aposta deste tipo de produción alimentaria de calidade a prol do medio ambiente, do benestar animal ou da recuperación da terra agraria”, sinalou a deputada popular.

 

Teresa Egerique lamentou “a falta de empatía do Goberno de Pedro Sánchez co sector produtor de carne, publicando a finais do pasado ano todo un paquete de novidades normativas que incidirán directamente na súa conta de gastos, tendo en conta a suba de custos de produción, pero deixando a carne fóra da rebaixa do IVE para alimentos de primeira necesidade”.

 

Respecto da rebaixa do IVE a peixes, mariscos e conservas procedentes do mar, Egerique lamentou que o Goberno de Pedro Sánchez “tampouco tivo en conta o impacto que neste sector está provocando o incremento de prezos da cesta da compra, e que se traduce nunha progresiva diminución do consumo destes alimentos por parte de moitas familias”.

 

“A rebaixa do IVE contribuiría a apoiar a un sector que está a sufrir o impacto da crise de prezos e o impacto das decisións moi cuestionables da Unión Europea, sen que o Goberno central fora quen de frealas, como é o caso do veto á pesca de fondo, entre outras”, manifestou.

 

ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA

 

A deputada popular considerou “necesario, dadas as circunstancias actuais e a inflación rexistrada en España, aliviar a situación económica das familias, especialmente daquelas con baixos ingresos”, polo que avogou por “unha redución inclusiva de todos os alimentos que non só sexan considerados de primeira necesidade, senón que, ademais, contribúan á alimentación equilibrada dos cidadáns, como é o caso da carne e o peixe”.

 

Para rematar, explicou que a exclusión da rebaixa do IVE da carne, o peixe e as conservas, “ademais de ser un agravio comparativo con respecto a outros alimentos básicos, esta situación de discriminación tamén se produce con respecto a outros países da contorna europea, onde os produtos pesqueiros están gravados, non ao 10 por cento como en España, senón ao 6 ou o 5 por cento, ou incluso excluídos do IVE”.

O PPdeG asegura que todos os acordos e resolucións do Goberno galego sobre o concurso eólico de 2010 compren estritamente coa legalidade

24 de xaneiro de 2023. A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, asegurou hoxe no Parlamento galego que “todos os acordos e resolucións adoptados polo Goberno galego en desenvolvemento e execución do concurso eólico de 2010 compren estritamente coa legalidade, e así o avalan todos os informes emitidos pola Asesoría Xurídica da Xunta”.

Continue reading

O Grupo Popular salienta que Galicia é pioneira no impulso dun modelo de coidado aos maiores: máis eficiente, máis próximo e máis humano

24 de xaneiro de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “Galicia está a ser pioneira no impulso dun modelo de coidado aos nosos maiores: máis eficiente, máis próximo e máis humano”. “A todos nos gustaría que os avances foran máis rápidos, pero non basta con desexalo senón que precisamos do esforzo e colaboración de todos para conseguilo”, apuntou.

Continue reading