O Grupo Popular asegura que “Galicia ten hoxe a rede de apoio máis ampla aos autónomos”

10 de febreiro de 2023. O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro asegurou hoxe no Parlamento galego que “Galicia ten hoxe a rede de apoio máis ampla para os autónomos”: ao programa Impacto autónomo, dotado con 35 millóns de euros, súmase o programa de axudas á contratación indefinida e formación de persoas asalariadas (1,3 millóns de euros), o programa Sempre Autónomo (12 millóns de euros) para apoiar o emprendemento, o Bono Autónomo para traballadores por conta propia (8 millóns de euros) e os 12 polos de emprendemento e apoio ao emprego autónomo.

Continue reading

O Parlamento demanda ao Goberno central que na súa próxima Presidencia da UE o reparto de TAC e cotas pesqueiras se faga de xeito plurianual

10 de febreiro de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que, durante a Presidencia de España da Unión Europea no segundo semestre de 2023, a próxima repartición de totais admisibles de capturas (TAC) e de cotas se realice de xeito plurianual.

Continue reading

Marta Fernández-Tapias denuncia que o Goberno central “maltrata” a Vigo en materia ferroviaria e reprocha ao PSOE local que “defenda ao seu partido antes que aos vigueses”

10 de febreiro de 2023. A candidata do Partido Popular á alcaldía de Vigo, Marta Fernández-Tapias, reprocha aos socialistas vigueses que mentres o Goberno central maltrata á cidade en materia ferroviaria, elijen sempre defender ao seu partido antes que aos veciños: “Son máis sanchistas que Sánchez”.

Continue reading

O Parlamento galego pide ao Ministerio unha nova normativa que regule ao profesorado técnico de FP para que se integren no corpo de mestres de ensino secundario

9 de febreiro de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do PSdeG, a través da que se solicita ao Ministerio de Educación e Formación Profesional que non faga discriminacións dentro do corpo do profesorado técnico de FP e elabore unha nova normativa para regular que estes mestres se integren no corpo de profesores de ensino secundario, con independencia de que teñan ou non titulo universitario.

Continue reading