21 de febreiro de 2023. A deputada do Grupo Popular Begoña Freire demandou hoxe no Pleno do Parlamento galego que o Goberno de España transfira todos os fondos que, en materia de vivenda, pertencen lexitimamente á Comunidade galega, “porque son dos galegos e das galegas; porque o Goberno de Pedro Sánchez non os sabe xestionar e non podemos perder esa oportunidade de dispoñer de todos os recursos de Europa; e porque queremos asegurarnos de que non se fan adxudicacións directas a outras comunidades autónomas ou cidades por parte do Ministerio, retraendo fondos que corresponderían a Galicia”.
O Grupo Popular considera que “será necesario un cambio de goberno en Viveiro para que a alcaldesa deixe de bloquear a variante”
21 de febreiro de 2023. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia que “será necesario un cambio de goberno en Viveiro para que a alcaldesa deixe de bloquear a variante e a Xunta poida construíla”.
O Grupo Popular asegura que a sanidade galega garante a práctica da interrupción voluntaria do embarazo ata as 22 semanas nun centro público
21 de febreiro de 2023. A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que a sanidade galega “garante a práctica de interrupción voluntaria do embarazo ata as 22 semanas de xestación nun centro público dentro da área sanitaria da muller” e criticou que os socialistas galegos “pretendan que esta actuación se poida levar a cabo en espazos como residencias da terceira idade ou que se neguen subvencións públicas ás asociacións que axudan ás mulleres embarazadas sen recursos”.
O Grupo Popular salienta que a Xunta incrementará desde este ano as axudas á agricultura ecolóxica un 187 por cento
21 de febreiro de 2023. O deputado do Grupo Popular José Antonio Armada salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que as axudas da Xunta para agricultura ecolóxica ascenderán a 9 millóns de euros anuais a partir deste ano e ata 2027, o que supón un incremento do 183 por cento respecto a 2022. “Tomamos esta iniciativa de xeito consensuado coas organizacións profesionais agrarias, dando prioridade ás pequenas e medianas explotacións”, apuntou.
O Grupo Popular lamenta que “asistimos a unha reedición da triloxía sanitaria favorita da esquerda galega: confusión, bulo e insulto”
21 de febreiro de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “asistimos a unha reedición da triloxía sanitaria favorita da esquerda galega: confusión, bulo e insulto”. “Fronte a este mátrix apocalíptico da oposición, hai un partido que acadou que Galicia xestionase a sanidade, un partido que puxo o sistema sanitario galego no primeiro nivel e un partido que mellor garante o futuro da sanidade pública galega: ese partido foi, é e será o Partido Popular de Galicia”, salientou.
O Grupo Popular pide ao BNG que “deixen de dicirlle non ao sector eólico, que vai ser crave no desenvolvemento de Galicia”
21 de febreiro de 2023. A viceportavoz do Grupo Popular, Marta Nóvoa, pediu hoxe no Pleno do Parlamento galego que desde o BNG “deixen de dicirlle non ao sector eólico, que vai ser crave no desenvolvemento de Galicia, sempre contando co cumprimento de todas as garantías medioambientais, técnicas e xurídicas”.