Rubén Lorenzo garante que todos os alumnos do centro Aspaber en Carballo terán unha praza educativa o vindeiro curso 2023-2024

30 de marzo de 2023. O deputado do Grupo Popular e candidato do PP á Alcaldía de Carballo, Rubén Lorenzo, asegurou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta garante unha praza educativa a todos os alumnos do centro de educación especial de Aspaber, logo de que os xestores deste centro privado-concertado decidiran unilateralmente o cese desta actividade educativa o vindeiro curso 2023-2024.

Continue reading

Paula Prado pide a Miñones que “exerza a súa galeguidade” permitindo a Galicia poder formar máis médicos de familia

29 de marzo de 2023. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, pediu hoxe a José Miñones que “exerza a súa galeguidade” no seu novo cargo de Ministro de Sanidade e “saque do caixón” a demanda de Galicia para poder formar máis médicos de familia e así paliar o déficit de profesionais que sofren tanto a Sanidade pública galega como o resto de comunidades autónomas.

Continue reading

O Parlamento galego pide á Unión Europea un continxente arancelario de lombos de atún de 55.000 toneladas para o período 2024-2026

28 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio de BNG nin de PSdeG, a través da que se solicita ao Goberno de España que defenda ante as institucións comunitarias o establecemento dun continxente arancelario autónomo de lombos de atún de 55.000 toneladas ao 0% do arancel para o próximo período 2024-2026.

Continue reading

Pedro Puy critica que BNG e PSdeG estean a favor do novo imposto ás grandes fortunas, que menoscaba as competencias tributarias de Galicia

27 de marzo de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe a posición que están a manter tanto o BNG como o PSdeG a favor do novo imposto ás grandes fortunas do Goberno central, cando “o certo é que se está adoptando unha decisión que vai claramente en menoscabo das competencias tributarias autonómicas sobre os tributos cedidos, que se alonxa do que é a defensa da autonomía e da proposta dos expertos sobre a reforma fiscal”.

Continue reading