Miguel Tellado: “O PP aporta a Lugo o mellor que ten, que é Elena Candia”

5 de abril de 2023. O vicesecretario de Organización do PP asegurou hoxe, nun acto cos medio cento de novos afiliados do PP de Lugo ao que tamén asistiu a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, que a súa formación aporta a Lugo “o mellor que ten”, convencido de que Elena Candia “será unha gran alcaldesa que anteporá os intereses dos lucenses por riba de calquera outra cuestión”.

Continue reading

Miguel Tellado: “Os socialistas miran ao PP na busca dun partido que pretende ser alternativa de goberno en España e tamén en Samos”

5 de abril de 2023. O vicesecretario de Organización do PP destacou hoxe, en declaracións aos medios tras unha xuntanza de traballo en Samos con candidatos da comarca de Sarria, que a Deputación de Lugo necesita un cambio “tras anos de sectarismo”, resaltando o importante papel dos populares no partido xudicial de Sarria para logralo: “É necesario un goberno de todos e para todos, que non mire a cor política de cada concello, senón que cubras as necesidades dos veciños”.

Continue reading

O Parlamento galego solicita o impulso das permutas de especial interese agrario

5 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide que a Xunta impulse e promova as permutas de especial interese agrario e que dende a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural se habiliten axudas destinadas a financiar os gastos de xestión, tanto notariais como de rexistro da propiedade, en beneficio dos propietarios implicados.

Continue reading