O Parlamento galego pide fomentar novas experiencias educativas e de intercambio lingüístico e cultural entre o galego e o portugués

21 de xuño de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o apoio de BNG nin de PSdeG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a fomentar e desenvolver novas experiencias educativas e de intercambio lingüístico e cultural entre o alumnado e profesorado dos centros educativos galegos e portugueses, con especial atención a aqueles centros de concellos galegos limítrofes con outros do norte de Portugal.

Continue reading

O Grupo Popular pedirá no Pleno unha reunión urxente do Comisionado do Corredor Atlántico con Galicia, Asturias e Castela e León; así como unha rectificación do Goberno central respecto da xestión dos fondos europeos

20 de xuño de 2023. O Grupo Popular demandará ao Goberno de España no Pleno da vindeira semana a convocatoria urxente dunha xuntanza do Comisionado do Corredor Atlántico con representantes das comunidades autónomas de Galicia, Asturias e Castela e León, co fin de avanzar nas actuacións e compromisos que se consideraron prioritarios; e unha rectificación na falta de planificación na xestión dos fondos europeos de recuperación, ofrecendo certezas para poder levar a cabo proxectos tractores para Galicia pendentes de financiamento.

Continue reading

O Parlamento de Galicia pide a exclusión do atún do Acordo de Libre Comercio da Unión Europea con Tailandia

20 de xuño de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno de España para que defenda ante a Comisión Europea a exclusión total do atún do Acordo de Libre Comercio con Tailandia e, por tanto, do proceso de liberalización arancelaria; e se establezan de normas sólidas e equitativas que garantan a igualdade de condicións que evite a competencia desleal.

Continue reading