O Grupo Popular leva de novo ao primeiro Pleno deste período de sesións a proposición de lei para a transferencia da AP-9 á Xunta de Galicia

O Grupo Popular incorporou á orde do día do primeiro Pleno deste novo período de sesións, que se celebrará a vindeira semana, o debate da proposición de Lei, para a súa remisión ao Congreso, de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Xunta de Galicia, unha vez que a iniciativa que xa se estaba a tramitar na Cámara Baixa decaeu pola convocatoria das eleccións xerais. Así mesmo, o Grupo Popular demandará que o Parlamento galego exprese o seu firme compromiso na defensa da Constitución de 1978 e da independencia do Poder Xudicial, así como que a Xunta potencie a investigación no eido da medicina xenómica.

Continue reading