O Parlamento galego pide que o itinerario noroeste do Corredor Atlántico se inclúa no órgano xestor da rede ferroviaria europea de mercadorías

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei transaccionada entre o Grupo Popular e o BNG a través da que se solicita ao Goberno de España e ás autoridades europeas que adopten as medidas oportunas diante das autoridades europeas co obxecto de que o itinerario noroeste do Corredor Atlántico, no que figura expresamente Galicia, non sexa excluído do mapa deseñado para a posta en marcha do órgano xestor da futura rede ferroviaria europea de mercadorías.

Continue reading

O Grupo Popular propón a BNG e PSdeG a creación dunha Comisión de estudo sobre a posible modificación do himno de Galicia

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, ofreceu hoxe a BNG e PSdeG a creación no Parlamento de Galicia dunha Comisión non permanente especial de Estudo sobre a posible modificación do himno de Galicia. “A pesar de que polo número de deputados poderíamos constituíla nós de xeito individualmente, consideramos que unha cuestión desta importancia para todos os galegos debe partir da unanimidade de todos os grupos que forman parte deste Parlamento”, manifestou.

Continue reading

O Grupo Popular critica a “manipulación e a mentira feita sigla” de BNG e PSdeG cando falan de orzamentos en materia sanitaria

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou hoxe no Parlamento de Galicia a “manipulación e a mentira feita sigla” de BNG e PSdeG cando falan de orzamentos en materia sanitaria. Neste sentido, cuestiounou “como é posible que acusen de recortar en persoal a quen dedica 134 millóns de euros máis cada ano a contratar persoal? Ou como é posible que acusen de conivencia coa industria farmacéutica a quen reduciu en 54 millóns de euros ao ano o gasto farmacéutico”.

Continue reading

O Grupo Popular defende o traballo dos servizos de inspección da Xunta, comprometidos na mellora dos centros de maiores e discapacidade

A viceportavoz do Grupo Popular, Raquel Arias, defendeu hoxe o traballo dos servizos de inspección da Xunta, “comprometidos na mellora do funcionamento dos centros de maiores e discapacidade”. “Un equipo de inspectores que revisa e avalía a situación dos centros, indica como mellorar e, cando é necesario, impón sancións”, asegurou.

Continue reading