Alfonso Rueda chama á mobilización nas urnas apelando ao orgullo europeo dos galegos e incidindo no moito que se xoga Galicia en Bruxelas

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, fixo hoxe un chamamento á mobilización e a un voto masivo nas eleccións ao Parlamento Europeo asegurando que os galegos se senten orgullosamente europeos e que é moito o que Galicia se xoga en Bruxelas.

No mitin celebrado esta tarde en Ourense, reivindicou ao Partido Popular como a mellor opción para representar os intereses dos galegos en Europa, dado que é o único que se preocupa polos problemas reais da xente, ofrece solucións desde o sentidiño e defende a igualdade e o ben común. Un partido, engadiu, caracterizado pola súa moderación, o seu europeísmo e a súa capacidade para dar cabida a todos.

As opcións alternativas serían un socialismo que hai moito tempo que deixou de preocuparse dos problemas dos cidadáns para centrarse nos do independentismo e un nacionalismo que non só comparte lista co extremismo de Bildu, senón que se ademais se presenta ás eleccións pedindo menos Europa e menos España.

En clave nacional, Rueda ten claro que estas eleccións son tamén unha oportunidade única para que os galegos expresen nas urnas a súa fartura de liortas políticas e a súa demanda de solucións aos seus problemas.

Referiuse así ao que considera continuas cortinas de fume levantadas por Pedro Sánchez para que non se fale de que este xoves aprobará a Lei de Amnistía, que é incapaz de sacar adiante os seus outros proxectos lexislativos e que o seu Goberno está rodeado de sospeitas.

O presidente concluíu a súa intervención animando aos galegos a facer do seu voto unha resposta ante todo isto e a facelo pensando na nosa pesca, no noso rural, nas nosas familias e na nosa mocidade; así como tamén sendo conscientes de que Galicia é a resposta que demandan España e Europa.

LUIS MENOR: “O PP TEN UN PROXECTO DESDE EUROPA PARA OURENSE”

En clave local, o líder dos populares ourensáns, Luis Menor, pediu á militancia que faga un esforzo para contribuír desde Ourense a unha vitoria contundente nas eleccións europeas “como fixemos nas autonómicas cando un de cada dous ourensáns escolleu a papeleta do PP”.

Menor marcouse como reto superar amplamente o 36 % de apoio obtido na provincia nas europeas de 2019. Unha confianza que aspira a lograr “explicando á cidadanía que o Partido Popular de Ourense é un partido de goberno e que tamén sabe conectar con Europa”.

Sobre esta conexión coas políticas europeas referiuse á proposta do PP para un Pacto Europeo da Auga, lembrando que a Deputación de Ourense lidera un proxecto de dixitalización da auga, o proxecto “OU-Intelixente”, dotado con 7,75 millóns de euros procedentes dos fondos Next Generation e que cualificou como “o segundo mellor proxecto valorado de toda España e a mellor iniciativa de toda Galicia para aplicar tecnoloxías que faciliten unha xestión eficiente da auga no 90 % dos concellos da provincia”.

Toda un exemplo, engadiu, de Goberno comprometido cos intereses da provincia e os seus habitantes, “e que cos resultados aos que aspiramos nestas eleccións europeas permitiranos demostrar a todos os partidos da provincia, incluído o desgoberno da cidade,  que o PP ten un proxecto desde Europa para Ourense”.

Millán Mon reivindica como valores europeos los valores del Camino: “Europa nace y se construye peregrinando a Santiago”

El candidato del Partido Popular al Parlamento Europeo Francisco Millán Mon ha reivindicado hoy como valores europeos los valores que encarna el Camino: “Europa nace y se construye peregrinando a Santiago”

“La unión, la reconciliación, la esperanza y la solidaridad son valores que encarnan los peregrinos y que están también en la Unión Europea”, explicó en este sentido incidiendo en la necesidad de seguir defendiendo dichos valores ante el contexto actual y ante los conflictos que se ciernen sobre el continente.

Apostó así por una Europa “comprometida por la paz, que crezca, que cree empleo, crecimiento y prosperidad” como la que defiende el Partido Popular, al que reivindicó como “el mayor grupo de la Eurocámara” y “la fuerza tractora de una Europa con más protagonismo en el mundo”.

De ahí que, en clave electoral, pusiese el foco en la importancia de las elecciones del próximo 9 de junio para Galicia, en la medida que nuestra Comunidad necesita financiación europea, y especialmente para España. “Necesitamos que Europa vigile nuestro Estado de Derecho”, incidió al respecto.

EL COMPROMISO DEL PP CON LAS RUTAS XACOBEAS

Por su parte, el presidente del Partido Popular de la ciudad de Pontevedra, Rafa Domínguez, ha recordado que el Camino Portugués es el que más crece de toda Galicia y el que “más se preocupa” por un turismo sostenible, alejado de las masificaciones de otros territorios.

El albergue de peregrinos Virxe Peregrina es, en su opinión, el “ejemplo perfecto” del compromiso del PP con las instalaciones públicas ligadas a las rutas xacobeas: “Los peregrinos que se alojan en este establecimiento de Pontevedra disfrutan, desde el verano pasado, de más plazas de alojamiento, mejor aislamiento término y mejores servicios de iluminación, caldera de agua o calefacción”.

Después de visitar las instalaciones, acompañados por miembros de la Asociación de Amigos del Camino Portugués, el líder de los populares aseguró que el albergue de Otero Pedrayo se ha convertido en “uno de los más confortables y apreciados de todo el Camino de Santiago”.

Domínguez concluyó trasladado su confianza al candidato Francisco Millán Mon para que “siga defendiendo, con su experiencia e ilusión” los intereses del sector turístico y de su ciudad en Europa.

O PPdeG pon aos seus 150 alcaldes e 1.800 concelleiros a disposición dos galegos para que os seus intereses se convertan en intereses europeos

O Partido Popular de Galicia comprométese a que os intereses dos galegos se convertan tamén en intereses europeos a partir do 9 de xuño e para iso, para recoller todas estas reivindicacións, poñen a disposición aos seus 150 alcaldes e 1800 concelleiros: “Queremos que o PPdeG se escoite en Europa”.

Así o manifestou esta mañá a secretaria xeral do partido, Paula Prado, incidindo en que nestas eleccións tanto Ferrol, como o conxunto da comarca de Ferrolterra e o resto de concellos galegos tamén se xogan moito, xa que “as decisións que se toman no Parlamento Europeo afectan directamente ás decisións municipais”.

“Queremos que cando un concello pida fondos europeos, non queden atascados nun ministerio; e que cando requira axudas para a industria ou para o naval, a súa petición sexa atendida”, explicou demandando así mesmo un apartado específico para a nosa Comunidade no que se refire á PAC ou á protección do lobo e que “cando a Galicia costeira fale de pesca, sexa escoitada”.

Para todo isto Galicia conta cos tres candidatos galegos e cos 150 alcaldes do PPdeG que hai un ano lograron a vitoria. “O voto ao Partido Popular é a mellor resposta cando se pregunta por Galicia, fronte a outros partidos que quedan mudos”, engadiu  citando a un BNG que “demoniza a creación de emprego sostible” e un PSOE “cuxa única prioridade é aprobar este mesmo xoves a Lei de Amnistía”.

Na véspera do aniversario das eleccións municipais, Paula Prado quixo poñer en valor as 191 vitorias colleitadas polo PPdeG o pasado 28 de maio e o número de alcaldías que ostentan (150), que equivalen a “case a metade de toda Galicia”.

Unha vitoria que personificou no alcalde José Manuel Rey Varela, do que destacou que ao longo deste ano foi quen de poñer a disposición dos ferroláns “un gran proxecto de cidade e un Goberno estable afastado do enfrontamento”.

REY VARELA: “SE NÓS NON VOTAMOS, OUTROS VAN DECIDIR POR NÓS”

Pola súa banda, o alcalde de Ferrol fixo un chamamento á mobilización o próximo 9 de xuño asegurando que “se nós non votamos, outros van decidir por nós”. Neste sentido, incidiu no moito que se xoga a cidade nestas eleccións europeas en materia de comunicacións e de acceso a fondos europeas.

No que se refire ás comunicacións, Rey Varela ten claro que “os ferroláns non queren máis que ninguén, pero tampouco menos” e recordou que, precisamente grazas ao traballo do Partido Popular en Europa, Ferrol foi incluída na Rede Transeuropea de Transporte. Pero, sen embargo, continúa agardando pola conexión por Alta Velocidade.

“Ferrol aspira a obter os fondos europeos que necesitamos para implementar o noso proxecto de cidade. Por iso, ao igual que xa conseguimos os fondos da Xunta, queremos conseguir os da Deputación, os do Goberno de España e os de Europa”, subliñou o rexedor.

Alfonso Rueda aposta por unha Europa na que o sector pesqueiro galego sexa escoitado e defendido como lle corresponde da man do PP

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, apostou hoxe por facer posible a partir do 9 de xuño que o sector pesqueiro galego sexa escoitado e defendido como lle corresponde no Parlamento Europeo da man do Partido Popular, ao que definiu como “o partido do mar”.

Así o manifestou hoxe no acto sectorial O Mar de Galicia, a túa resposta, celebrado en Cangas pola importancia deste sector para Galicia e pola importancia destas eleccións para a xente do mar “que sofre as consecuencias das malas decisións que se toman moi lonxe e, a veces, sen ter a oportunidade de ser escoitados”.

“A xente do mar de Galicia necesita ser defendida en Europa porque na política comunitaria están en xogo a súa vida e o seu negocio”, asegurou o presidente poñendo de manifesto que somos a Comunidade con máis quilómetros costeiros e “con máis vida na costa” de España e avogando por un futuro no que os galegos poidan seguir vivindo “no mar e do mar”.

Unha estreita vinculación dos galegos co mar que, na súa opinión, non entenderon todos aqueles que se opuxeron á Lei do Litoral de Galicia: “Non entendían que Galicia é mar, que levamos centos de anos vivindo do mar adaptándonos, modernizando e tamén conservándoo. E ao final o tempo deunos a razón”.

Rueda incidiu na importancia de que, coa presenza na Eurocámara de representantes de Galicia como o candidato Francisco Millán Mon, se garanta que en Europa se fale “cunha soa voz” na defensa dos intereses da nosa Comunidade e na busca de solucións aos problemas.

Un obxectivo que contrapuxo ao dun BNG que, en lugar de falar dos problemas que interesan á xente do mar, fala de temas como “a autodeterminación dos pobos” e se integra no grupo parlamentario –o dos Verdes– ao que pertence precisamente o Comisario Europeo de Pesca “que tantos problemas está xerando á pesca galega”.

“Todos os votos que vaian ao BNG irán para elixir a un deputado de Bildu e a outro de ERC, por moito que o queiran ocultar. Nós, en cambio, pedimos os voto para que Francisco Milán Mon sexa deputado e poida defender á nosa xente do mar”, engadiu.

“NUNCA ESCOITEI A SÁNCHEZ FALAR DA PESCA OU DO MAR”

O líder dos populares galegos asegurou que nunca escoitou a Pedro Sánchez falar do pesca ou do mar “a pesar de ser o presidente dun país que está rodeado de mar e no que o sector ten tanta importancia pola economía e a vida que xera”. O cal considera indicativo da orde de prioridades que cada gobernante ten.

“Eu non quero ser o presidente dun Goberno incapaz de que aprobar ningunha lei, nin un presidente que se encerre cinco días e paralice o país para dicir o de sempre e o que xa sabíamos: que só pensa en si mesmo e nunca nos problemas reais da xente. Eu quero ser presidente dun Goberno serio, como o de Galicia, para traballar e resolver problemas o primeiro día e non para paralizar”, subliñou.

Cuestións como estas, apuntou, tamén son as que se votan nestas eleccións europeas e, de feito, o presidente ten claro que Pedro Sánchez non dubidará en utilizar os resultados no seu beneficio: “Gañar con pouca diferencia só serviría para que Sánchez poida dicir que ten vía libre e permiso dos españois para facer todos os disparates que está facendo e os que lle quedan por facer”.

Por todo isto pediu máis que nunca o apoio para o Partido Popular: “Somos os únicos que ofrecemos candidatos dispostos a traballar con experiencia, seriedade e compromiso polo futuro de España e de Galicia”.

O MAR DE GALICIA, A TÚA RESPOSTA

Pola súa banda, o candidato Francisco Millán Mon insistiu na importancia destas eleccións para Galicia –“primeira zona pesqueira de Europa”, afirmou – lembrando que “as decisións e a lexislación que determinan o futuro dos nosos pescadores, mariscadores e de toda a cadea mar-industria tómanse basicamente en Bruxelas”.

Ao longo da súa intervención, o político pontevedrés repasou os grandes retos aos que se enfronta o sector pesqueiro e marisqueiro galego, as solucións propostas e os logros alcanzados polo Partido Popular en Bruxelas.

Finalizou pedindo unha alta participación o próximo 9 de xuño e fixo fincapé en que “o PP é igual a Partido da Pesca, o único partido capaz de facer que os intereses pesqueiros galegos se convertan en intereses tamén da Unión Europea e obteñan o respaldo desta”.

O candidato Adrián Vázquez cualifica ao Goberno central como “un tapón entre a UE e Galicia para a chegada dos fondos europeos”

O candidato ao Parlamento Europeo polo Partido Popular, Adrián Vázquez, asegurou hoxe que o Goberno central é “un tapón entre a UE e Galicia para a chegada dos fondos europeos”. O representante popular realizou esta afirmación nun encontro sobre emprendemento celebrado en Ourense, no que tamén participou o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González.

Na súa intervención, Adrián Vázquez expuxo sete puntos nos que será preciso incidir para unha próxima etapa en Europa. Así, en primeiro lugar, afirmou que non ten sentido que o Estado máis descentralizado da UE “faga a xestión máis centralizada e absolutista dos fondos europeos”. Nesta liña esixiu a convocatoria inmediata da Conferencia Sectorial; avogou pola participación activa dos gobernos autonómicos, a FEMP e a iniciativa privada no redeseño dos plans e estratexias, así como das grandes liñas de investimento. Apostou ademais polos PERTEs territorializados e investimentos tendo en conta as características de cada rexión, “que mellor que ninguén coñecen as necesidades do seu tecido produtivo”.

No ámbito fiscal lembrou que o programa do PP inclúe como propostas as baixadas de impostos, os incentivos fiscais, as bonificacións e as deducións “como un modo de executar con rapidez e axilidade os fondos, tendo un impacto directo e inmediato na economía”.

Tamén se mostrou partidario dunha total transparencia na xestión dos fondos para que cheguen á economía real, “cunha análise e avaliación obxectiva da xestión destes fondos”, xunto á tolerancia cero coa corrupción: “Os socialistas non poden seguir danando a imaxe de España ao utilizar fondos europeos en casos de corrupción e comisións ilegais”. Neste sentido aseguro que o PP colaborará co Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e os órganos de control e fiscalización das institucións europeas, “fronte ás trabas e as mentiras do Goberno de Sánchez”.

Para Adrián Vázquez, a prioridade destes fondos “non é engordar o sector público, senón axudar ás pemes e facilitar que as empresas sexan máis competitivas”, por iso tamén instou a unha simplificación dos procesos burocráticos “que se converteron en barreiras para o acceso das pemes ao financiamento”.

“Fronte ao malgasto e a irresponsabilidade do Goberno de Sánchez”, dixo, serán precisas reformas en educación, sanidade, emprego, vivenda, dixitalización, industria e fiscalidade, “que axuden a este país para ser máis competitivo e que faciliten a verdadeira transformación que necesitamos”.

Sánchez, lamentou, xoga co Estado de Dereito “coma se non pasase nada, non se dá conta que a UE dispón de mecanismos para cortar os fondos, e a amnistía tamén é un problema económico”.

JOSÉ GONZÁLEZ: “AS PERSOAS EMPRENDEDORAS CONSTRÚEN GALICIA E O FUTURO”

Pola súa banda, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, destacou o esforzo e constancia das persoas emprendedoras e da xente nova que “contribúen a construír Galicia e o futuro”. Ademais salientou a aposta do Partido Popular por este colectivo e agradeceu a presenza do candidato ás eleccións no Parlamento Europeo, Adrián Vázquez, á vez que recoñeceu a súa experiencia en Bruxelas.

Galicia, lembrou, brinda distintos apoios ás persoas emprendedoras “porque emprender é construír e queremos que Galicia siga medrando”. Entre as axudas citou a cota cero para novas altas, que aínda ten o prazo aberto e que está incluída nos case 30 millóns de euros en axudas para os primeiros gastos de inicio de actividade, e a estratexia na que está a traballar o Goberno galego para estimular a competitividade deste colectivo.

José González referiuse a outras ferramentas de impulso como son: a rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que leva atendido arredor de 1.900 iniciativas en toda Galicia; o Mapa de emprendemento online para facilitar o desenvolvemento de novas iniciativas; ou as guías de utilidade para poñer en marcha e xestionar un negocio.

Todo isto, incidiu, para fomentar a creación de empresas e a xeración de emprego e riqueza que redunde no progreso de Galicia. Nesta dirección seguirá traballando o Partido Popular, “para que o motor emprendedor de Galicia siga a pleno rendemento, da man das novas xeracións” e “porque queremos máis Galicia en Europa”, manifestou.

Alfonso Rueda pide o voto por unha Europa ao estilo de Galicia e unha España na que os galegos gocen do respecto que merecen

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, pide o voto nestas eleccións europeas apelando a unha Europa que se pareza máis ao xeito de funcionar que ten Galicia e non ao desleixo que demostra o Goberno central cara a nosa Comunidade, polo que chama aos galegos a facerse oír en Europa e a facerse respectar en España a través do seu voto.

Na súa intervención no mitin celebrado esta tarde no Pereiro de Aguiar, o líder dos populares galegos reivindicou Galicia como o exemplo a seguir a nivel europeo no que se refire a atención ás familias, ao mar e aos proxectos que crean emprego e xeran riqueza.

Insistiu en que estas eleccións son a ocasión para dicir en toda España o que os galegos pensan da situación política actual, para que a nosa Comunidade recupere a atención que merece e para que os problemas da cidadanía volvan poñerse enriba da mesa. Pero, sobre todo, a mellor oportunidade para que Europa bote a Galicia a man que non lle bota o Goberno central.

Apelando á maioría acadada nas autonómicas, Rueda recordou que os galegos xa deixaron claro que non queren división, nin extremismos, nin egocentrismos; senón que apostan pola responsabilidade, o sentidiño e o cumprimento da palabra dada. De aí o seu chamamento a volver trasladar esta mensaxe o 9 de xuño coa mesma forza que o 18 de febreiro para que chegue ata o último recuncho.

O presidente asegurou que calquera voto que non vaia para o Partido Popular beneficia a Pedro Sánchez e só servirá para afondar nos incumprimentos do Goberno central con Galicia. De forma análoga, explicou que calquera voto que vaia ao BNG vai directamente a Bildu e a Esquerra, cos que os independentistas galegos comparten candidatura por moito que traten de escondelo.

RUEDA ACUDIRÁ Á CONCENTRACIÓN DESTE DOMINGO EN MADRID

Alfonso Rueda, que este domingo participará na concentración organizada polo Partido Popular en Madrid, invitou aos asistentes ao mitin a facer unha comparación entre o que ocorre en Galicia e o que ocorre en España e votar en consecuencia.

Contrapuxo así a quen busca o entendemento con quen só pretende sobrevivir a base de dividir, a quen cumpre a palabra dada con quen xa non sabe que inventar para escusarse e a quen dá a cara por Galicia con quen se esconde para non dar explicacións.

O voto o próximo 9 de xuño ten que ser, en consecuencia, a resposta por unha Galicia que se reafirme con forza no seu estilo, por unha España que se pareza máis a Galicia e por unha Europa na que os galegos teñamos o protagonismo que nos corresponde.

De aí que o líder dos populares galegos concluíuse a súa intervención pedindo aos galegos que, a través dun voto masivo e unitario ao Partido Popular, respondan para que o fondos europeos saian dos caixóns dos ministerios, para que se atenda á nosa pesca e o noso rural, para que as familias poidan chegar a fin de mes e para que se invista nunha mocidade que quere unha vivenda, estudar, traballar poder formar unha familia no futuro.

MILLÁN MON: “OURENSE SEGUIRÁ TENDO EN MIN UN FIRME DEFENSOR DOS SEUS INTERESES EN BRUXELAS”

Pola súa banda, o candidato Francisco Millán Mon quixo agradecer ao Partido Popular de Ourense a celebración deste primeiro mitin de campaña e sinalou que a provincia pode estar tranquila, xa que seguirá tendo nel un firme defensor dos seus intereses en Bruxelas o próximos cinco anos.

Reiterou que estas eleccións son moi importantes para a Unión Europea, pero tamén para Galicia e para España subliñando aspectos cruciais para o seu benestar como  a agricultura e gandería, industria, infraestruturas, transporte, enerxía, pesca, financiamento ou comercio exterior.

Por último, Millán Mon pediu unha alta participación e trasladou a súa esperanza de que o Partido Popular volva ser a opción preferida polos galegos nas urnas como nas autonómicas deste ano e as xerais de xullo do ano pasado.

“É unha oportunidade para todos os galegos -e tamén para todos os españois- de responder as políticas populistas e profundamente prexudiciais de Sánchez, así como de facer oír as súas voces en Europa. Pido o voto para que haxa unha repartición xusta dos fondos europeos entre as comunidades autónomas e pido o voto tamén para poder seguir loitando por unhas políticas xustas para o noso rural”, concluíu o político pontevedrés.

LUIS MENOR: “DEMOSTREMOS QUE SABEMOS GOBERNAR E FUNCIONAR”

O líder provincial do PP de Ourense, Luis Menor, apelou ao “voto da estabilidade e da certeza que en febreiro nos deu un goberno sólido, forte e de maioría en Galicia”, pedindo de novo aquel apoio como “a resposta que necesita España para enviar unha mensaxe de confianza a Europa”.

Incidindo na loita polo benestar colectivo dentro de Europa, apelou á necesidade dun Partido Popular forte na Eurocámara para “demostrar, como tamén facemos en concellos, deputacións e comunidades autónomas, que sabemos gobernar y funcionar e aí está o exemplo da Galicia que funciona de Alfonso Rueda”.

Hai catro meses, dixo, “demostramos que nesta provincia hai un partido con fame de triunfos” e por iso pediu aos seus que “agora demostremos que aquela marea de confianza non foi casualidade senón froito do traballo e da implicación das mulleres e homes do Partido Popular”.

O PPdeG pide o voto erixíndose como “a mellor resposta a todo o que afecta a Galicia en Europa”

O Partido Popular de Galicia dá inicio á campaña das eleccións ao Parlamento Europeo erixíndose como “a mellor resposta a todo o que afecta a Galicia en Europa” a apelando ao moito que a Comunidade se xoga nestes comicios.

Na tradicional pegada de carteis celebrada esta noite en Pontevedra, a secretaria xeral do partido, Paula Prado, fixo un chamamento a acudir “masivamente” ás urnas o próximo 9 de xuño e pediu o voto para “impulsar un reparto xusto dos fondos europeos, defender a plenitude do Estado de Dereito fronte aqueles que queren corrompelo, loitar por unhas políticas xustas para o rural e dar voz á nosa pesca e á nosa agricultura facendo fronte ao ecoloxismo de pancarta”.

“Nestas dúas semanas estaremos preto da xente, na rúa, respondendo ás dúbidas dos galegos e galegas, aos seus problemas e aos seus retos de futuro”, explicou facendo unha contraposición entre o proxecto dos populares e un BNG que “elixiu compartir lista co independentismo” e un PSOE que “segue recollendo derrotas no Congreso froito das súas nefastas amizades”.

Acompañada polo presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, e o líder local do partido, Rafa Domínguez, a número dous dos populares galegos augurou un gran resultado: “Gañamos as municipais, gañamos as xerais, gañamos as autonómicas e imos gañar as europeas”.

O PP VOLVERÁ SER A OPCIÓN PREFERIDA POLOS GALEGOS

Na pegada de carteis tamén participaron os candidatos Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez. O primeiro deles, natural de Pontevedra, subliñou que Galicia xógase en Bruxelas aspectos cruciais para o seu benestar como garantir un futuro próspero para a cadea mar-industria, seguir apostando polo seu sector primario e axustar a PAC ás necesidades da agricultura e a gandería, atraer investimentos para sectores como o das comunicacións e a mobilidade ou a mellora das infraestruturas.

O político pontevedrés pediu unha alta participación o próximo 9 de xuño e espera que o Partido Popular volva ser a opción preferida polos galegos e españois nas urnas, como foi nas autonómicas deste ano e as xerais de xullo do ano pasado.

 “É unha oportunidade para todos os galegos e todos os españois de responder ás políticas populistas e profundamente prexudiciais de Sánchez, así como de facer oír as súas voces en Europa”, concluíu Millán Mon.

UNHA OPORTUNIDADE PARA DEFINIR O FUTURO DE EUROPA E GALICIA

Pola súa banda, Adrián Vázquez manifestou o seu entusiasmo e o seu firme compromiso co proxecto europeo, resaltando a oportunidade que representa esta campaña para o futuro tanto de Galicia como de Europa.

“É un privilexio sumarme a esta contenda electoral, que vexo como decisiva para asegurar o benestar e desenvolvemento da nosa rexión e do continente”, declarou con convicción e subliñando a necesidade de contar cunha representación sólida do Partido Popular no Parlamento Europeo para defender de maneira efectiva os intereses dos galegos e galegas.

Vázquez concluíu o seu discurso expresando a súa gratitude ao PPdeG polo seu apoio nesta campaña electoral e reafirmando as súas ganas de percorrer e reconectar cos cidadáns nas distintas localidades das catro provincias galegas nas próximas semanas.

LUIS LÓPEZ: “O PROGRESO DA NOSA PROVINCIA PASA POR EUROPA”

O presidente provincial do PP de Pontevedra Pontevedra, Luis López, deu comezo a súa intervención agradecendo ao PPdeG por elixir Pontevedra para comezar unha nova e tamén importante campaña electoral: “O progreso da nosa provincia e de toda Galicia pasa, si ou si, polo que se decide en Europa e iso é o que está en xogo o vindeiro 9 de xuño”.

Destacou a importancia da representación do Partido Popular en Europa, porque alí se deciden desde as axudas da PAC ata as novas liñas ferroviarias que unen Galicia con Portugal e coa Cornixa Atlántica, pasando tamén polos apoios que se xestionan para os concellos.

“Para axudar a seguir polo bo camiño no que vai a provincia contamos con dous grandes guías, os dous pontevedreses, que son os nosos candidatos. Contamos con Paco Millán, que ten a experiencia imprescindible para defender os nosos intereses en Bruxelas e con Adrián Vázquez, outro baluarte da política con maiúsculas que, con raíces no Deza, sabe ben o que precisa esta provincia”, rematou López.

“OS GALEGOS APOSTAMOS POLA SENDA DA RESPONSABILIDADE”

Rafa Domínguez reivindicou a importancia dos comicios electorais do 9 de xuño para “trasladar a Europa unha mensaxe clara de que os galegos e o resto de españois queremos camiñar pola senda da responsabilidade, fuxindo da bronca e a confrontación do Goberno central”.

Recordando a vitoria nas eleccións municipais e a contribución do partido local á primeira maioría absoluta do presidente Alfonso Rueda desde a súa cidade, asegurou que vencer nas europeas “coa mesma solvencia” sería “o broche de ouro perfecto a un ano político fantástico para a familia popular”.

O Parlamento galego apoia a implantación da iniciativa empresarial de Altri en Palas de Rei, sempre que cumpra a máis estrita normativa medioambiental, técnica e sectorial

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei a través da que manifesta o seu apoio á implantación da iniciativa empresarial de Altri en Palas de Rei, sempre que se garanta o cumprimento da máis estrita normativa medioambiental, técnica e sectorial, por canto supón unha oportunidade para xerar riqueza e emprego cualificado na Comunidade galega, fomentar o asentamento de poboación no rural, pechar o ciclo produtivo e de valor da madeira, favorecer aos propietarios de montes, e xerar sinerxías con dous sectores clave da economía galega como son o téxtil e o forestal. Así mesmo, ínstase ao Goberno central a concretar liñas de apoio no marco dos fondos europeos Next Generation para o desenvolvemento deste proxecto coa maior celeridade posible, ao tempo que lle esixe que inclúa na Planificación da rede de transporte de enerxía eléctrica 2021-2026 a construción dunha subestación eléctrica para a subministración desta planta.

A viceportavoz do Grupo Popular, Cristina Sanz, lamentou que, “entre tanta desinformación, medias verdades, mentiras e fotos falsas que se están espallando sobre este proxecto, a verdade é que estamos perdendo a gran oportunidade de falar do verdadeiramente importante: o cumprimento das normas vixentes”. “Das normas europeas, españolas e galegas, as máis respectuosas co medio ambiente de todo o mundo e que determinarán se o proxecto de Altri cumpre ou non para a súa implantación”, indicou.

“Nós apoiaremos todas as iniciativas que, cun estrito cumprimento da normativa, permitan captar novos investimentos industriais e xeren novos postos de traballo, cualificados e de calidade, en Galicia”, asegurou a viceportavoz popular.

DEIXEN DE MENTIR

Neste sentido, Cristina Sanz pediu ao BNG que “deixe de mentir” e cualificou aos nacionalistas galegos como “o partido do non: non aos parques eólicos, non á eólica mariña, non á minaría, non ao turismo e non á implantación de calquera proxecto industrial en Galicia”. “Teñen vertido moitas mentiras, ben directamente ou ben mediante as súas plataformas afíns, que o único que perseguen é confundir aos cidadáns e intentar que Galicia non sexa un lugar atractivo no que investir”, lamentou.

Respecto do proxecto de Altri en Palas de Rei, a viceportavoz popular lembrou que será a primeira fábrica de lyocell de España e a segunda de Europa, e converterase nun referente mundial, xa que será a primeira fábrica do mundo que integrará todo o ciclo produtivo de transformación da madeira ata a elaboración dun tecido de alta calidade totalmente biodegradable.

O proxecto suporá un investimento próximo aos 1.000 millóns de euros e terá capacidade para xerar ata 4.000 empregos durante a súa construción e 2.500 postos de traballo, cualificados e de calidade, durante o seu funcionamento. Ademais, xerará sinerxias con outros sectores clave da economía galega, como é o caso do téxtil ou do forestal, ata o punto de que permitirá pechar en Galicia o ciclo produtivo e de valor da madeira.

O PPdeG aposta por máis axudas ao rural galego e menos burocracia e sectarismo ecolóxico en Europa

O Partido Popular de Galicia eríxese como defensor do rural galego e como “o único partido cos pés no territorio” de cara ás eleccións europeas, nas que propoñen para o sector agrogandeiro “máis axudas, menos burocracia e menos sectarismo ecolóxico”.

O candidato Adrián Vázquez asegurou hoxe que “só cunha delegación forte do Partido Popular en Europa será posible negociar máis fondos para a PAC, eliminar cargas burocráticas e impoñer cláusulas de reciprocidade que sitúen aos nosos agricultores e gandeiros en igualdade de condiciones cos seus competidores”.

Pola contra, lamentou que a esquerda estea impulsando na Eurocámara políticas que van en contra do sector primario galego. E máis concretamente referiuse á candidata socialista, definíndoa como “ministra de intransixencia ecolóxica” e alertando de que “deixar nas súas mans a defensa do rural galego sería como poñer ao lobo ao coidado das ovellas”.

PAULA PRADO: “O QUE SE DECIDE EN EUROPA REPERCUTE EN GALICIA”

O candidato ás eleccións europeas visitou hoxe a feira tradicional de Curtis acompañado pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o alcalde Javier Caínzos. Xunto a eles tamén outros rexedores (Aranga, Irixoa, Vilarmaior, Boimorto, Vilasantar, Abegondo, Coirós, Oza-Cesuras, Friol, Outeiro de Rei, Ordes e Frades) e representantes do partido na comarca.

Unha demostración de forza que a número dous dos populares galegos quixo evidenciar para defender que o Partido Popular é o partido máis apegado á xente, aos seus problemas e ás súas necesidades: “Somos a resposta que os galegos merecen para os seus problemas tamén en Europa”.

Explicou así que os populares son os únicos que poden dar resposta no Parlamento Europeo ás políticas de despoboamento ou á negociación dunhas boas condicións para a PAC. Tamén, e de xeito especial, á defensa do equilibrio entre a actividade agrogandeira e a protección do lobo “fronte ao ecoloxismo dun BNG que prima a protección da especie a costa de danar o noso agro”.

Por todo isto, pediu aos galegos que sexan conscientes de que “as políticas que se deciden en Europa repercutan en Galicia” e volvan confiar no Partido Popular nunha campaña que esta medianoite os populares galegos iniciarán en Pontevedra.

O PPdeG presenta a súa campaña para as eleccións europeas apelando directamente a cada galego: “Somos a túa resposta”

O Partido Popular de Galicia presentou hoxe as liñas mestras da súa campaña para as eleccións europeas e fíxoo poñendo o foco na importancia das decisións que se toman no Parlamento Europeo para o dia a día dos galegos, a quen se dirixe directamente o seu lema: “Somos a túa resposta”.

“O noso obxectivo é responder ás dúbidas dos galegos e galegas, responder aos seus problemas e responder aos seus retos de futuro. Tamén responderemos a aqueles partidos, como o BNG, que elixiron compartir lista co independentismo e cos herdeiros de ETA; ou como o PSOE, cuxa prioridade é seguir socavando os principios básicos do Estado de Dereito”, explicou a secretaria xeral Paula Prado antes de reunirse co Comité de Campaña do partido.

Anunciou que o PPdeG dará inicio á súa campaña na noite de mañá coa tradicional pegada de carteis en Pontevedra e que, a partir de aí, tratará de estar “en cada recuncho” tanto con actos sectoriais como con mitins. Unha axenda na que o presidente Alfonso Rueda volverá estar presente nas catro provincias e nas sete cidades e na que os candidatos Francisco Millán Mon, Adrián Vázquez e Pablo Gómez Cedrón “terán cada un o seu propio percorrido polo territorio”.

A número dous dos populares galegos adiantou así mesmo a presenza na tradicional Romaría do Pino –que se celebrará o sábado 1 de xuño– do presidente nacional do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo; ao que agradeceu por adiantado a súa visita “fronte a outros presidentes que parece que non pisarán Galicia durante a campaña”.

DOUS ANOS DE ÉXITOS CON ALFONSO RUEDA Á FRONTE DO PARTIDO

Os temas que segundo os populares “ocupan e preocupan” aos galegos –como a economía, o rural, a pesca, a seguridade e o Estado de Dereito– serán o que tratarán de abordar ao longo dos próximos quince días nos que o seu principal obxectivo será “poñer o colofón a un ciclo electoral de éxitos cun novo triunfo”.

Así se refería Paula Prado ao feito de que hoxe mesmo cúmprense dous anos desde que Alfonso Rueda asumira o liderado do PPdeG e que, desde entón, o partido obtivo tres grandes éxitos electorais en forma de maiorías nas eleccións municipais, xerais e autonómicas. Un tempo no que “a maquinaria do partido funcionou a pleno rendemento, nos 313 concellos, con ducias de actos dentro e fóra das campañas”.

“Non nos conformamos e queremos máis: o 9 de xuño temos un novo reto, as eleccións europeas, que afrontamos coa mesma ilusión e, sobre todo, coa mesma confianza nos galegos”, concluíu.

UNHAS ELECCIÓNS CLAVE PARA ESPAÑA E PARA GALICIA

Na reunión do Comité de Campaña tamén participaron os tres candidatos galegos Francisco Millán Mon, Adrián Vázquez e Pablo Gómez Cedrón, que incidiron na importancia destes comicios non só para Europa, senón tamén para España e especialmente para Galicia.

“A Galicia que votou masivamente ao PPdeG e de Alfonso Rueda o pasado 18 de febreiro ten que ir votar o próximo 9 de xuño e renovar o seu compromiso co partido que máis se parece a Galicia”, subliñou neste sentido Millán Mon.

Unha mensaxe na que tamén incidiu Adrián Vázquez ao asegurar que “votar pola política centrada, moderada, e responsable que encarna o Partido Popular é a mellor resposta a Pedro Sánchez e aos seus constantes ataques a Galicia”.