O PPdeG defende que é o único partido que sempre estivo e estará “a favor da xente do mar” fronte á “incoherencia” do PSOE e o “oportunismo” do BNG

O Partido Popular de Galicia defende que é o único partido que sempre estivo e estará “a favor da xente do mar”, defendendo ao sector pesqueiro en todos os ámbitos de decisión e cunha posición “clara e coherente” que contrasta coa “incoherencia” do PSOE e o “oportunismo” do BNG.

“O PP é o Partido da Pesca, xa o din as nosas siglas”, afirmou neste sentido a secretaria xeral Paula Prado esta tarde no marco dun encontro que mantivo con representantes do sector na Confraría de Pescadores de Porto do Son xunto á responsable de Mar no Goberno galego, Marta Villaverde, o eurodeputado Francisco Millán Mon, o alcalde José Luis Oujo e outros membros do partido entre os que se atopaba a responsable nacional de política pesqueira no PP, Rosa Quintana.

A número dous dos populares galegos reivindicou o traballo “sen descanso” do seu partido neste eido, poñendo en valor o “fito importantísimo” acadado hai xusto un ano en Europa co nomeamento dun comisario europeo específico de Pesca “grazas en parte ao que fixo Galicia para conseguilo”.

Lamentou, pola contra, que o PSOE está “tan entretido cos seus asuntos xudiciais que hai tempo que puxo a pesca como última prioridade” e que o BNG “continúa disfrazándose de defensor da pesca pero continúa aliado en Europa co Grupo dos Verdes que apoiou o veto á pesca de arrastre”.

“Nós defendemos ao sector pesqueiro en Bruxelas, en Madrid, no Parlamento e en todos os portos de Galicia. Nós votamos sempre a favor da xente do mar”, concluíu antes de criticar que “quen nunca vota por Galicia é Pedro Sánchez”.

Ao fío da actualidade, Paula Prado ironizou con que “máis que da pesca, Sánchez está atento de que non o pesquen”. Aínda que, segundo apuntou, “están moi cerca de facelo” á vista dos xuízos celebrados esta semana e dos informes da UCO sobre a súa contorna política e familiar.

“Mentres Sánchez xamais pensará na xente do mar de Galicia, nós seguiremos traballando pola pesca de verdade: a que interesa aos galegos e galegas”, reafirmou na súa intervención ante os medios.

OS DESAFÍOS PRESENTES E FUTUROS DO SECTOR

A responsable de Mar no Goberno galego, Marta Villaverde, tamén reiterou o seu apoio ao sector pesqueiro galego ante os desafíos que se lle presentan. Entre eles, citou o novo marco financeiro plurianual, o proceso de revisión da Política Pesqueira Común (PPC) ou, máis a curto prazo, a inminente negociación dos TAC e das coutas para 2026.

Confirmou que Galicia formalizou a súa participación no recurso de casación presentado polo Estado ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) contra a sentenza que avalou o veto da Comisión ao palangre demersal en 87 zonas do Atlántico Nororiental. Esta medida, recordou, afecta ao 25 % da frota galega e, desde a súa posta en marcha, xa xerou un impacto económico de 216 millóns de euros.

A DEFENSA DE GALICIA NO PARLAMENTO EUROPEO

“Alégrome moito de estar hoxe aquí en Porto do Son para falar cunha representación importante do sector pesqueiro galego, escoitar de maneira directa as súas preocupacións e prioridades, para así continuar levándoas a Bruxelas”, celebrou Millán Mon. “O sector sabe que no PP ten un aliado, somos o Partido da Pesca, os seus grandes defensores no Parlamento Europeo”, engadiu.

O eurodeputado galego abordou no encontro cuestións como a “preocupación” ante a proposta para o próximo Marco Financeiro Plurianual “polo recorte do 67% o polo cambio na arquitectura, onde se dilúe a especificidade da pesca”. Tamén destacou a “presión” que se está a facer desde o seu Grupo para excluír o palangre de fondo da prohibición das 87 áreas do Atlántico e para unha pronta reforma da Política Pesqueira Común, así como doutros retos.

A PESCA COMO “PATRIMONIO VIVO” DOS CONCELLOS COSTEIROS

Por último, o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, agradeceu “a oportunidade de realizar este encontro hoxe na nosa vila” e aproveitou a ocasión para “dar o máis sincero agradecemento a todas as persoas que conforman o sector pesqueiro de Porto do Son por facer posible que a nosa costa e o noso mar sigan sendo un motor económico e social para o noso municipio”.

“Desde este equipo de goberno local entendemos que a pesca non é só unha actividade económica máis, senón que tamén é parte do tecido cultural e do patrimonio vivo deste pobo. É fundamental que a administración local estea ao lado do sector, e en coordinación coas demais administracións, para afrontar xuntos os desafíos que temos por diante”, manifestou.

Gamarra denuncia en A Estrada la “crisis institucional” que vive España con un Gobierno al que sus socios le niegan su apoyo

“Tenemos un Gobierno con una minoría parlamentaria que se cuece en ese puchero que le ha preparado el independentismo”, denuncia la vicesecretaria nacional de Regeneración Institucional del Partido Popular, subrayando que la “grave crisis institucional” que vive España se ha “agudizado más cuando un partido socio del Gobierno le niega su apoyo”.

Durante su intervención en el II Congreso de Legislación Antinarcotráfico celebrado hoy en A Estrada y al que también asistió la secretaria general del PPdeG, Paula Prado, advirtió de que esta legislatura es “un error” y que está “agotada y acabada”, por lo que pide elecciones a Pedro Sánchez para resolver la situación.

Mostró el compromiso del Partido Popular en la lucha contra el narcotráfico y pidió elaborar una “legislación eficiente” para ello, lamentando que el Gobierno sea incapaz de avanzar en esta materia debido a su “minoría parlamentaria”.

Recordó que el PP en el Senado ya ha aprobado iniciativas, que están bloqueadas por el PSOE en el Congreso, como es la reforma para dotar a la Audiencia Nacional de competencia exclusiva en materia de lucha contra el narcotráfico, algo que considera “vital”.

Pidió así dotar de “mayor protección” a las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado con la “tipificación como atentado contra la autoridad” a esas actuaciones de los narcotraficantes que utilizan lanchas contra los agentes de seguridad: “La lucha contra el narcotráfico hoy tiene que ser una prioridad y una cuestión de país”

Abogó por atajar la reincidencia, abriéndose a avanzar en que la misma sea un agravante en determinados delitos y defendiendo además el uso de dispositivos electrónicos para luchar contra la delincuencia: “La clave es que haya un alto consenso de la utilidad, la eficacia de una medida y de su proporcionalidad”

Alfonso Rueda reivindica o legado de estabilidade, fiabilidade e carácter propio que deixou Cacharro e que segue presente na Galicia de hoxe

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe o legado de estabilidade, fiabilidade e carácter que deixou Francisco Cacharro na medida en que segue presente na Galicia de hoxe e constitúe, na súa opinión, a mellor forma de entender a política e a xestión pública.

Fíxoo no acto organizado esta tarde polo PP na provincia de Lugo para conmemorar os dez anos do pasamento do político lucense. Un acto de lembranza que, segundo o líder dos populares galegos, ten que servir tanto para facer chegar aos máis novos o seu legado como para recordar a un político que estivo á altura da cidadanía que confiou nel ocupase o cargo que ocupase.

Del destacou a súa paixón, o seu rigor e o seu compromiso por mellorar e reforzar os servizos públicos. Atributos que foron fundamentais para materializar o proxecto da Facultade de Veterinaria de Lugo, que hoxe é “emblema” do Campus Terra cuxa creación Cacharro defendeu con visión e liderado.

Rueda subliñou que o PPdeG, ao igual que nas primeiras décadas da Democracia, segue a traballar cada día por repetir a confianza que a cidadanía ten no partido co mesmo estilo: afastado da confrontación e do ruído e centrado na eficacia, nos resultados e nos feitos que melloran realmente a vida dos galegos e galegas.

Fronte a unha oposición instalada no “non a todo”, que “non ve máis aló da súa ideoloxía” e un Goberno central que “non goberna porque nin pode nin quere”, o presidente puxo en valor a Galicia que aproba os seus Orzamentos en tempo e forma para responder á realidade e ás necesidades da cidadanía.

“Nun momento no que podemos caer na tentación de interpretar a política como unha competición, Francisco Cacharro era un exemplo de que o que transforma unha sociedade é a constancia diaria e o traballo calado”, concluíu.

UN LÍDER CON VISIÓN ESTRATÉXICA E INNOVADORA

Pola súa banda, a presidenta do PP da provincia, Elena Candia, incidiu en que recoñecer o legado de Francisco Cacharro “é de responsabilidade como militantes deste partido e de xustiza como lucenses”. Nesta liña asegurou que o partido “ten que saber de onde vén” e que “nin Lugo nin o PP de Lugo serían o mesmo sen o proxecto, traballo e entrega de Paco Cacharro”.

Algúns dos proxectos que impulsou na provincia son o Campus de Lugo, o Hospital Veterinario, a Fundación Rof Codina ou a granxa Gayoso Castro. Tamén se implicou noutros ámbitos relacionados coa formación como son os conservatorios elementais de música. Apostou polo desenvolvemento da provincia impulsado solo industrial a través de SUPLUSA e a rede provincial de estradas. En relación ao turismo impulsou a Ribeira Sacra e puxo en marcha as rutas de catamaráns, creou o Centro de Artesanía e Deseño e apoiou ao sector artesán. Tamén apoiou ao sector primario vinculado ao territorio máis aló dos centros de formación no Campus de Lugo co seu apoio á viticultura ou a ACRUGA. E, en materia de medio ambiente, implicouse nas Reservas da Biosfera. Foi sensible cos servizos sociais impulsando a teleasistencia ou o servizo de preescolar na casa, entre outros proxectos. Apoiou a cultura galega, impulsou ampliación do Museo e apostou polo audiovisual apoiando a televisión local. E, no ámbito do deporte, uniu esforzos para construír o Pazo, a escola de piragüismo en Lugo, impulsou o rally e apostou polo deporte base.

Así, hoxe o partido “responde a unha débeda” e faino desde a Facultade de Veterinaria onde comezaban as clases fai 41 anos e “colocando un punto e seguido co que manter viva a súa aprendizaxe”.

Nese sentido, Candia agradeceu a Xulio Xiz e Antonio Giz, do colectivo Egeria, o seu traballo nesta acción de memoria e á familia de Cacharro, que “con xenerosidade abriu as portas da súa casa e permitiu entrar nos seus recordos, desde o cariño e sen rancores”.

“Sabio, bo e tolerante” son as palabras coas que a presidenta provincial do partido definiu a figura de Paco Cacharro durante a súa intervención, incidindo noutras das súas cualidades como “o liderado e a visión estratéxica e innovadora da acción política” dun “funcionario con espírito antiburocrático”. Fixo tamén referencia ao seu contexto vital, xa que “pertenceu á xeración de 1936, herdeira dun país en ruínas e que soubo reconstruír un mundo arrasado e transformar a triste realidade da súa infancia nunha das sociedades máis libres e prósperas”.

“Sabemos que os milagres non existen, senón o traballo duro e os continuos sacrificios dunha xeración con fe no futuro e na convicción de que a acción humana é un motor de cambio social”, concluíu a este respecto.

UNHA ACCIÓN MÚLTIPLE DE LEMBRANZA

O acto de hoxe enmárcase dentro dunha acción múltiple de lembranza promovida polo PP na provincia de Lugo e que inclúe a publicación do libro ‘Lembrando a Paco Cacharro’, unha exposición e un vídeo con imaxes e sons do homenaxeado, así como a posta en marcha dunha páxina web conmemorativa.

O libro é un compendio de toda a súa traxectoria vital –desde a súa primeira etapa como mestre ata posteriormente ser inspector, concelleiro, senador, conselleiro de Educación e presidente da Deputación de Lugo– e recolle íntegra a conversación que Cacharro mantivo coa xornalista Tonina Gay en 1994 en Televisión Lugo. Ademais de contar tamén con conversas entre a súa familia máis de 30 anos despois.

Un gaiteiro da asociación Bágoas da Terra e a coral Orfeón Lucense foron os encargados de poñer música ao acto celebrado esta tarde na Facultade de Farmacia, que estivo presentado por Xulio Xiz e no que tamén interviñeron Antonio Giz, en representación do colectivo cultural lucense Egeria; Sara Ruiz, licenciada en Veterinaria a piques de rematar o doutorado; e Francisco Cacharro Gosende, fillo do homenaxeado e que falou en nome da familia.

O PPdeG demanda medidas urxentes ás confederacións hidrográficas do Miño-Sil e do Douro para protexer os ríos e as traídas de augas nas zonas afectadas polos incendios en Ourense

Os deputados ourensáns do Grupo Popular demandarán no Parlamento de Galicia que as confederacións hidrográficas do Miño-Sil e do Douro adopten medidas urxentes de protección dos ríos e as traídas de augas nas zonas afectadas polos incendios forestais deste verán en Ourense, ante a chegada das choivas e a creación de escorrentías con cinza e restos vexetais.

Nunha xuntanza que celebraron no Parlamento galego, Miguel Ángel Viso, Miguel Santalices, José Luís Ferro, Víctor Baladrón, Juan Casares, Noelia Pérez, Cristina Campero e Argimiro Marnotes amosaron a súa preocupación pola escasa resposta das confederacións hidrográficas dependentes do Goberno central para prever as escorrentías coa instalación de barreiras anticontaminación, a limpeza de marxes e canles, ou a restauración vexetal das beiras.

TRABALLO PREVENTIVO DA XUNTA

“A Xunta, consciente dos danos que os restos dos incendios forestais poden provocar nos ríos e nas traídas de auga, xa leva tempo mobilizando recursos e traballando nas zonas afectadas polos lumes dentro do seu ámbito de competencia, que é a demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, unha situación que contrasta coa falta de axilidade amosada polas confederacións hidrográficas dependentes do Goberno central e que son as responsables de actuar na provincia de Ourense”, manifestaron.

Deste xeito, os deputados populares urxiron ás demarcacións hidrográficas do Miño-Sil e do Douro para que procedan á limpeza e retirada de materiais das marxes e canles dos ríos, á restauración vexetal das beiras; á realización de accións de control da erosión do solo; á implantación de medidas ante choivas torrenciais; e á supervisión directa das infraestruturas hidráulicas que poidan verse comprometidas polos arrastres.

Ademais, esixen que estas demarcacións hidrográficas reforcen os sistemas de control e vixilancia da calidade da auga, tal e como está a facer a Xunta, ampliando a rede de puntos de seguimento en ríos e regados afectados polos lumes e garantindo a publicación pública e transparente dos datos recollidos en tempo real.

Pepa Pardo defiende en el Senado el Estado de Derecho frente al “manoseo de las leyes y la colonización institucional de Sánchez”

La senadora pontevedresa Pepa Pardo defiende en la Cámara Alta el Estado de Derecho democrático frente “a la colonización de las instituciones y el manoseo de la ley para dotarse de impunidad y perpetuarse en el poder” de Pedro Sánchez y el PSOE en el Gobierno.

Así lo afirma la representante del PPdeG en la defensa de una moción consecuencia de interpelación que será aprobada hoy en el Pleno del Senado.

La portavoz de Justicia del Grupo Parlamentario Popular lanza una dura crítica a los socialistas: “Ya sólo defienden los intereses de Sánchez y del partido sanchista”, afirma.

Señala que el PP no va admitir lecciones de democracia del PSOE, que se sustenta en el Gobierno con los votos “de quienes llevan en sus listas a condenados por delitos de sangre, que se niegan a reconocer el asesinato de 850 españoles y siguen diciendo que mereció la pena”.

“España ya conoce y padecimos el estilo que EH Bildu ha resucitado, como se vio en la brutal paliza a un periodista y cuatro agentes de la Policía en Pamplona”, a quienes la senadora del PP muestra “toda nuestra solidaridad y apoyo”, al tiempo que pregunta: “¿A qué esta esperando el Gobierno para condenar esos actos violentos?”.

La senadora gallega asevera que “el presidente no respeta el Parlamento, ni la soberanía nacional; tampoco el Estado de Derecho; lleva 20 meses huido del control de esta Cámara y tiene la desfachatez de llamar ‘circo’ a la Comisión de Investigación del Senado, a la que debe respetar”.

“Cuando desaparece la ley, aparece la tiranía y sin democracia sólo hay absolutismo”, advierte Pepa Pardo para quien “si respetasen el Estado de derecho no tendríamos un Gobierno en guerra con los jueces; harían caso a la Comisión de Venecia y al informe Greco; no llevarían una campaña de linchamiento contra la prensa; ni hurtarían la capacidad legislativa al Senado, con 33 leyes secuestradas en el Congreso”.

O Grupo Popular salienta que a Xunta destine en 2026 máis de 700 millóns de euros para o impulso do rural galego

A portavoz de Xuventude do Grupo Popular, Nicole Grueira, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta destinará o vindeiro ano máis de 700 millóns de euros ao impulso do rural, duplicando os recursos para acompañar novos proxectos, modernizar explotacións e consolidar un rural competitivo. “Ter orzamentos é fundamental para xestionar, apoiar, acompañar á xente nova e, simplemente, estar”, indicou.

Nicole Grueira destacou que máis de 5.000 mozos e mozas galegos incorporáronse desde 2009 á actividade agrogandeira gracias ao apoio da Xunta, dos que 320 o fixeron só no ano 2024, beneficiándose de 370 plans de mellora.

“De cara ao vindeiro ano, os orzamentos da Xunta volverán apostar con 24 millóns de euros pola remuda xeneracional, blindando as axudas á modernización das explotacións con axudas para novos agricultores e para cedentes de explotacións”, indicou.

Así mesmo, o presuposto da Xunta reforza todos os apoios ao emprendemento rural, como o programa de titorización de mozos; ao tempo que se destinan máis de 16 millóns de euros para reestruturación parcelaria, 4 millóns máis que en 2025. “Por primeira vez, o Goberno galego disporá de 5 millóns de euros para promover servizos básicos en asentamentos rurais para mellorar a vida das persoas que aposten por asentarse nas nosas aldeas”, afirmou Nicole Grueira.

“Mentres aquí temos máis de 700 millóns de euros sobre a mesa, PSOE e BNG non son capaces de aprobar unha soa cifra para garantir o relevo xeracional no rural”, sinalou a portavoz popular, quen criticou que “si son capaces de poñerse de acordo e votar conxuntamente para illar a máis de 130.000 galegos que viven no rural, eliminándolles 22 paradas de autobús en concellos rurais; para condicionar o futuro industrial de toda a provincia de Lugo, soamente por negarlle a conexión a unha empresa concreta; e para castigar aos autónomos, que manteñen vivo o noso rural”.

O Grupo Popular avoga por aumentar o número de prazas públicas no mestrado universitario en profesorado

A portavoz de Educación do Grupo Popular, Cecilia Vázquez, demandou hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia que a Xunta solicite, en diálogo coas tres universidades galegas, o aumento do número de prazas públicas no mestrado universitario en profesorado, ao tempo que reforza a colaboración coa UNED para incrementar a oferta de prazas a distancia do máster de profesorado que actualmente oferta esta institución en Galicia.

Cecilia Vázquez explicou que o Mestrado en Profesorado é unha titulación habilitante e requisito indispensable para acceder ao corpo docente de secundaria, FP, bacharelato e escolas oficiais de idiomas, “polo que garantir unha oferta suficiente e de calidade é un obxectivo esencial da política educativa galega”.

“Estamos diante dun desaxuste común en toda España, o que está provocanto tanto o incremento das matrículas en universidades privadas como a escaseza de perfís profesionais moi específicos, mentres noutras áreas hai exceso de titulados”, sinalou a portavoz popular.

MESES TRABALLANDO

Na actualidade, Galicia conta con máis de 800 prazas no mestrado de profesorado “e desde o Goberno galego xa levan meses traballando, tanto coas universidades galegas como coa UNED, para incrementar a oferta e mellorar a formación do futuro profesorado”.

Porén, Cecilia Vázquez tamén considerou necesario que o Goberno central axuste a oferta das facultades á demanda real do sistema, tanto agora como nos próximos anos; e mellore a formación e as competencias do profesorado, revistando tamén os temarios de oposicións que levan anos desactualizados e desconectados da realidade dos centros educativos.

O Parlamento galego pide que o Goberno de España derrogue a obriga de que os concellos repercutan todo o custo da xestión do lixo nos cidadáns

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que reforme a Lei 7/2022 e derrogue a obriga de establecer unha taxa que repercuta o 100 por cento do custo da xestión dos residuos urbanos nos cidadáns, creando un sistema flexible de financiamento deste servizo que permita aos concellos cubrilo con cargo aos seus orzamentos ou mediante modelos mixtos, ao tempo que poidan xeneralizar bonificacións sociais para familias vulnerables, pensionistas ou autónomos con baixos ingresos. Deste xeito, pídese a creación dun Plan Nacional de Infraestruturas para a Economía circular, cofinanciado con fondos europeos, que permita mellorar os sistemas locais de recollida e tratamento de residuos sen trasladar todo o custo ao cidadán.

A deputada popular Loli Hermelo afirmou que o obxectivo desta iniciativa “é defender a Galicia e aos galegos ante decisións que, tomadas lonxe, teñen consecuencias directas nas novas vilas, nas nosas parroquias e na economía das familias galegas”. “Unha proposta para modificar esta lei estatal inxusta, antisocial e centralista, que impón a obriga de repercutir o 100 por cento do custo da xestión dos residuos urbanos directamente nos cidadáns”, anotou.

“Obrigan a cada concello a crear un sistema de recadación específico e confiscatorio cos custes engadidos, e todo ilo que o paguen os galegos”, criticou a deputada popular, quen salientou que esta lei “é especialmente nociva para os concellos rurais, que soportan unha recollida do lixo máis cara debido á dispersión da súa poboación”.

Loli Hermelo lamentou que “España adoptou esta medida de xeito voluntario porque así o decidiu Pedro Sánchez, negando aos concellos a posibilidade de cofinanciar o servizo de recollida do lixo nin establecer bonificacións para os colectivos vulnerables”.

Así mesmo, explicou que esta lei “está mal deseñada, porque non se fixo unha avaliación real do impacto económico nos municipios, nin tampouco se prevén fondos de compensación” e acusou a PSOE e BNG de apoiar “un ecoloxismo de hipocrisía, porque non se destina un só recurso na lei á educación ambiental nin á reciclaxe industrial”.

O Parlamento de Galicia solicita ao PSOE que retire as emendas presentadas no Congreso ao proxecto de Lei de transferencia da AP-9 porque desvirtúa o acordo unánime aprobado na Cámara galega

O Parlamento de Galicia acordou hoxe, a proposta do Grupo Popular, solicitar ao Grupo Socialista no Congreso que retire as emendas presentadas no Congreso á proposición de lei de transferencia á Comunidade galega da titularidade e competencias da AP-9 porque desvirtúan esta iniciativa lexislativa aprobada por unanimidade na Cámara galega. Así mesmo, pídese ao Goberno central que elabore e faga público un estudo que avalíe o custe do rescate desta autoestrada, da implantación da súa gratuidade e de aplicar as bonificacións vixentes ata o final da concesión.

O portavoz popular de Infraestruturas, Roberto Rodríguez, criticou “o boicot do Goberno de Pedro Sánchez e dos seus socios a Galicia á tramitación da transferencia a Galicia da titularidade e as competencias da autoestrada que nos vertebra social e economicamente, acordada por unanimidade neste Parlamento galego e tomada en consideración hai xa 500 días”.

INSULTO E TRAIZÓN A GALICIA

“Se os socialistas lle furtaron a Galicia o debate desta proposición de lei coas 60 prórrogas ao trámite de emendas no Congreso, agora o que se lle pretende furtar é a súa vontade lexítima e unanimemente expresada a través da primeira institución que representa o pobo galego: o seu Parlamento”, afirmou Roberto Rodríguez, quen criticou que “as emendas presentadas polo PSOE opoñéndose á transferencia da titularidade da AP-9 non son só un castigo, son tamén un insulto e unha traizón a Galicia dos socialistas”.

Respecto da postura adoptada polos socialistas galegos, sinalou que con estas emendas “quedaron espidos ante os galegos e só lles queda elixir entre quedarse coas mentiras de Sánchez do pasado ou abrazar as mentiras de Sánchez do futuro, pero en calquera caso Galicia xa ten acreditado que son uns mentireiros”. “Mentiron e menten sempre, en todo o momento, e así o certificou o propio ministro Puente a semana pasada cando asegurou que non vai haber transferencia da AP-9 a Galicia; non vai haber rescate, salvo que o diga un xuíz; e non vai haber gratuidade, senón peaxes menos gravosos”, lamentou. Pola contra, lembrou que “no resto do Estado rescate e gratuidade de 8 autoestradas e en Galicia só peaxes menos gravosos”.

Roberto Rodríguez concretou que a través desta iniciativa do Parlamento galego reclamamos “a transferencia a Galicia da titularidade e as competencias sobre o réxime xurídico da concesión, así como as funcións e os servizos ata o de agora exercidos pola Administración xeral do Estado nos termos acordados unanimemente nesta Cámara, e para iso é imprescindible que o Goberno de Pedro Sánchez retire as emendas presentadas á lei de transferencia”.

INDEMNIZACIÓN QUE MEDRA DÍA A DÍA

“E tamén instamos ao Goberno a que xustifique por que o rescate non é unha opción”, dixo o portavoz popular, quen apuntou que “o rescate si é unha opción e o baseamos no informe elaborado pola Xunta e remitido hai meses ao Goberno central no que se estimaba o custo medio do mesmo en 2.356 millóns de euros, cantidade equivalente ao gasto público destinado ás bonificacións ata a fin da concesión, unha cifra que segue medrando día tras día”.

Para rematar, Roberto Rodríguez manifestou que “o Goberno de Pedro Sánchez non pode desbotar sen máis a oportunidade de, tralo ditame da Unión Europea, rescatar a AP-9 sen sequera avaliala para prorrogar a situación actual, que tan só beneficia á concesionaria que ano tras ano aumenta os seus ingresos mentres os galegos pagamos máis ca nunca polos peaxes máis caros de España e de Europa”.

O Grupo Popular salienta que o 96% dos beneficios fiscais da Xunta favorecen ás rendas medias e baixas, así como aos colectivos vulnerables

A viceportavoz do Grupo Popular, Cristina Sanz, salientou hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia que o 96 por cento dos beneficios fiscais da Xunta favorecen ás rendas medias e baixas, así como aos colectivos vulnerables. Así mesmo, volveu rexeitar a quita da débeda proposta polo Goberno central, porque “a comunidades con menos capacidade financeira, pero que sempre actuaron de xeito responsable na xestión dos seus recursos e non gastaron o que non tiñan, como é o caso de Galicia, se lles está obrigando a pagar o que comunidades máis ricas gastaron de xeito irresponsable”.

Cristina Sanz concretou que os orzamentos da Xunta para 2026 recollen que os galegos beneficiaranse o vindeiro ano de cerca de 800 millóns de euros en beneficios fiscais, dos que 326 corresponden ao imposto de sucesións e doazóns, 79 millóns ao imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, 47 millóns ás rebaixas no IRPF, e 300 millóns en rebaixas de taxas e prezos dedicadas á gratuidade da universidade, das escolas infantís e dos comedores escolares.

MODELO FISCAL PROPIO

“Por tanto, de todos os beneficios fiscais que establece a Xunta, só un deles favorecerá ás rendas altas: a bonificación no imposto sobre o patrimonio, que só representa o 4 por cento de todos os beneficios fiscais”, apuntou. Neste sentido, dixo que “defendemos que se manteña esta bonificación para evitar a deslocalización dos patrimonios asentados en Galicia e evitar que estas persoas se trasladen a territorios cunha fiscalidade máis liviana ou totalmente inexistente”.

A portavoz popular asegurou “comprender que a PSdeG e BNG non lles guste o modelo fiscal galego propio, responsable e sostible, porque é radicalmente distinto ao modelo fiscal de Pedro Sánchez, que tan só ten unha característica: ser un inferno fiscal para as clases medias, as pequenas e medianas empresas, e os autónomos”. “Desde que Pedro Sánchez chegou á Moncloa subiu preto de cen veces os impostos e as cotizacións sociais, e de cara ao futuro o Fondo Monetario Internacional xa alerta de que os españois pagaremos 6.500 millóns de euros máis en impostos o vindeiro ano”, dixo.

Respecto da quita da débeda ás comunidades autónomas, Cristina Sanz reiterou que “non imos apoiar unha condonación que prexudica aos galegos, porque a débeda non desaparece, senón que cambia de mans, se mutualiza e se redistribúe”. Ademais, negou que esta quita da débeda xere unha maior capacidade de gasto e, referíndose ao propio artigo 10 do anteproxecto, afirmou que “os recursos liberados, incluído o aforro en xuros, non poderán dedicarse ao financiamento das políticas públicas, perpetuando o déficit de financiamento que temos todas as comunidades autónomas para asumir os custos duns servizos públicos cada vez máis onerosos”.