O PPdeG urxe ao Goberno unha solución que garanta a continuidade do programa de auxiliares de conversa nun marco seguro e estable

O PPdeG urxe ao Goberno central a adoptar unha solución que garanta a continuidade do programa auxiliares de conversa nun marco xurídico e laboral seguro, estable e común para todas as Comunidades.

Neste senso, a portavoz de Educación do Grupo Popular, Cecilia Vázquez, referiuse ás discrepancias internas dentro do Executivo de Pedro Sánchez e que están a supoñer unha ameaza para o desenvolvemento dunha iniciativa clave para a ensinanza de linguas estranxeiras. Tal e como indicou, mentres o ministerio de Traballo considera que os auxiliares de conversa deben formalizar a súa relación mediante contratos laborais e cotizar no réxime da Seguridade Social; o de Educación, Formación Profesional e Deportes, pola contra, define a participación neste programa como unha experiencia de intercambio cultural e non como unha relación laboral ordinaria nin como un desempeño docente.

GALICIA, A COMUNIDADE CON MELLOR NIVEL DE INGLÉS

O programa de auxiliares de conversa leva funcionando con éxito na nosa Comunidade desde hai máis de 15 anos e é un eixo estratéxico do modelo de ensino plurilingüe que contribuíu a situar a Galicia como a comunidade con mellor nivel de inglés de España. Este curso, o sistema educativo galego recibiu peto de 700 auxiliares de conversa que prestan apoio a 791 centros.

Por iso, a parlamentaria popular considerou prioritario clarificar o marco xurídico e laboral do programa, xa que as recentes actuacións do ministerio de Traballo están a poñer en risco a continuidade desta iniciativa e xa provocou que algunhas Comunidades fosen obxecto de expedientes sancionadores, derivando en sancións económicas.

 Lamentou que o Goberno non asuma as súas obrigas e que, a día de hoxe, non se coñeza ningún avance ao respecto. Para Cecilia Vázquez, é urxente que o Goberno central elimine “as ambigüidades”, polo que exixe a coordinación entre ambos os dous ministerios que evite interpretacións dispares por parte da inspección de traballo.

Durante a súa intervención na Comisión 4ª de Educación, aproveitou para aclarar que a Xunta non dispón de competencias directas sobre o seu funcionamento nin sobre a normativa laboral aplicable, senón que é o ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes quen o coordina e quen, ademais, marca os criterios e regras. Para rematar, advertiu de que a desaparición deste “ferramenta estratéxica” se deberá á “falta de coordinación e de resposta” do Goberno central. 

O PPdeG urxe ao Goberno central a posta en marcha do IVE fanquiciado que aliviaría a carga fiscal de máis de 100.000 autónomos en Galicia

O PPdeG urxe ao Goberno central a que “de maneira urxente e antes de que remate o ano” poña en marcha o réxime especial de franquicia do IVE para as pequenas empresas e persoas autónomas, previsto na Directiva europea 2020/285 e que debía estar vixente desde o 1 de xaneiro de 2025.

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou, hoxe, a negativa do Goberno de Pedro Sánchez a aplicar esta medida, orientada a reducir os custes administrativos e a aliviar a carga burocrática e financeira. Tal e como explicou, esta demora supón máis burocracia, máis custes e menos competitividade para os pequenos negocios, ademais dunha importante desvantaxe competitiva fronte a outros Estados membros que xa aplican a franquía.

A través dunha proposición non de lei, os populares avogan pola súa aplicación urxente, xa que deste xeito, en Galicia, se aliviaría de forma considerable a carga fiscal de máis de 100.000 autónomos que teñen un volume de negocio anual por debaixo dos 85.000 euros. O IVE franquiciado permite simplificar a facturación e evitar as liquidacións periódicas do IVE, co consecuente aforro de tempo e custes. España é un dos poucos países que non o está a aplicar. Segundo se coñeceu a semana pasada, Bruxelas levou a España ao TJUE por non traspoñer esta Directiva.

 

UN NOVO ATAQUE DE SÁNCHEZ Á COSTA GALEGA

A través dunha proposición non de lei e dunha pregunta urxente, o Grupo Popular abordará o novo ataque do Goberno de Pedro Sánchez á costa galega, coa reforma do Regulamento Xeral de Costas. Neste punto, Pazos pediu que “cese neste intento continuado e incomprensible de boicotear o litoral galego”.

O voceiro popular dixo que a reforma introduce cambios relevantes no réxime das concesións do dominio público marítimo-terrestre, limitando a súa duración, e poñendo en risco a continuidade de instalacións vinculadas ao complexo mar-industria e outras, tamén, de carácter social. Os populares exixen a convocatoria da Conferencia Sectorial para que a Administración estatal dea debida conta do que quere facer e que suspenda o prazo de alegacións á reforma do regulamento.

 ATRASO DO PLAN ESTATAL DE VIVENDA

No apartado de preguntas ao goberno, o Grupo Popular presentará, ademais da relativa ao Regulamento Xeral de Costas, outras dúas: unha relativa ao atraso da aprobación do Plan Estatal de Vivenda 2026-2030 e outra sobre as axudas destinadas a proxectos para a restauración da biodiversidade e ecosistemas mariños, e para a rexeneración da produtividade dos bancos marisqueiros.

 Para rematar, Pazos avanzou que, na próxima sesión plenaria, se debaterá o Proxecto de Lei de modificación da Lei de Saúde de Galicia, pola que se establecen medidas de prevención e protección integral contra a violencia no sistema sanitario galego. E que o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional comparecerá, a petición propia, para informar sobre a modernización do modelo de FP de Galicia.

Rueda destaca a importancia de “gañar máis concellos e alcaldías” na Coruña nas próximas eleccións municipais, co PP como “única alternativa” e garantía de “xestión e estabilidade”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, saca músculo da “xestión e estabilidade” que ofrece o Partido Popular, que define como “a única alternativa” posible de goberno, poñendo o foco nas eleccións municipais de 2027. Así, na Xunta Directiva Provincial do PP da Coruña, resaltou a importancia de gañar máis concellos e obter máis alcaldías, demostrando o proxecto dos populares a nivel local.

Así o manifestou Rueda durante a reunión -que encabezou xunto ao presidente do partido na provincia, Diego Calvo, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado–,onde aproveitou para poñer en valor a vitoria de Alfonso Mañueco nas eleccións autonómicas celebradas onte en Castela e León, onde o PP foi o partido máis votado, o que máis creceu e que ademais aumentou a súa distancia co PSOE.

O líder dos populares galegos lembrou á militancia da Coruña que España está inmersa neste ciclo electoral autonómico no que os españois están a darlle a maioría ao PP, con comicios en Estremadura, Aragón, onte mesmo Castela e León e proximamente Andalucía. Por este motivo, puxo o foco no futuro, co ciclo electoral das municipais, advertindo que en Galicia se parte dunha maioría absoluta que “hai que seguir gañándose día a día”.

EDUCACIÓN GRATIS, ESFORZO EN VIVENDA E SANIDADE PIONEIRA

O presidente do PPdeG animou aos populares a esforzarse sobre o terreo e a poñer en valor a xestión de “sentidiño e eficacia” levada a cabo en Galicia. Desta forma, destacou proxectos do Goberno galego como a educación gratuíta desde a gardería á universidade, o esforzo histórico en vivenda para chegar ás 10.000 vivendas públicas en 2030 ou a sanidade pioneira con proxectos como un centro de protonterapia.

Rueda contrapuxo todas estas iniciativas populares coa xestión de Sánchez e os seus socios independentistas, que conforman “un Goberno en barrena”, facendo referencia aos casos de corrupción e ás “cortinas de fume” como a plataforma de HODIO, a regularización de inmigrantes ou o bono transporte.

Foi crítico co papel de “recadeiro” de Sánchez do PSdeG e co nacionalismo “parapetado” tras pancartas para obstaculizar avances en Galicia, mentres que o PPdeG si defende a Galicia en Madrid e Bruxelas.

DIEGO CALVO:  “O OBXECTIVO É GAÑAR CON CLARIDADE”

Do mesmo xeito, Diego Calvo fixo referencia á importancia do ciclo político actual, poñendo en valor a organización e o traballo dos populares de cara ás próximas eleccións municipais, que augurou que “gañaremos con claridade” na provincia de A Coruña.

Puxo en valor o reforzo de equipos e estruturas, así como a importancia de escoitar á xente, “estando presentes en cada municipio”, co obxectivo de “afrontar con garantías ese reto electoral”.

Remarcou o papel dos congresos locais que se están celebrando por toda a provincia, como os de Culleredo e Mazaricos, felicitando aos presidentes locais destes municipios pola responsabilidade asumida para liderar o proxecto dos populares. “Sabemos que non é unha tarefa sinxela, pero tamén sabemos que cando o Partido Popular ten bos equipos nos municipios, os resultados chegan”, manifestou.

Tamén anunciou a próxima celebración dun congreso en Padrón e o reforzo de equipos en toda a provincia.

O PPdeG pon Lalín como referente de desenvolvemento económico e industrial para todos os concellos de Galicia

O PPdeG puxo en valor, hoxe, o desenvolvemento económico e industrial da comarca do Deza, especialmente, de Lalín. “É referente para todos os concellos en todos os ámbitos do rural galego”, dixo Alberto Pazos.

Neste punto, o Portavoz do Grupo Popular no Parlamento incidiu no pulo do Goberno galego ao proxecto de ampliación da cuarta fase do Parque Empresarial de Lalín 2000. Na actualidade, este polígono, que conta con preto de 540.000 metros cadrados, xa non ten solo dispoñible para o asentamento de máis empresas, así é que, tal e como informou, con esta ampliación se incrementará a súa superficie en preto dun 60%.

Tal e como indicou Pazos, trátase dun proxecto estratéxico para o Deza, que contribuirá ao seu desenvolvemento económico, facilitando o asentamento de novas iniciativas empresariais e permitindo, no caso de que o precisaren, a ampliación das xa existentes. Deste xeito, este polígono afianzarase aínda máis como un polo de dinamización económica e industrial, no que, a día de hoxe, conta con preto de 100 empresas e máis de 1.200 traballadores.

Os parlamentarios populares elixiron Lalín para celebrar a reunión semanal de grupo, continuando, así, coa rolda de visitas que realizan polo territorio.

LALÍN, LECCIÓN DE XESTIÓN E BO FACER
Acompañado do alcalde, José Crespo, o portavoz popular salientou a “lección de xestión e bo facer” deste concello, grazas a que hai planificación e moito traballo: “José Crespo é un referente para este partido, e para calquera outro, que queira apostar polo futuro do rural en Galicia”. “Conseguiuse –engadiu- que non apareza nas noticias pola perda de peso, senón por todo o contrario, porque aquí hai proxecto”.

Alcaldesas e concelleiras do PPdeG participan en Cabo Verde na creación dunha rede que promove o liderado municipal das mulleres

As alcaldesas populares de Oímbra e Ponteareas, Ana Villarino e Nava Castro; así como as concelleiras de Arteixo e Malpica de Bergantiños, Inés Ramos e Noelia Freijeiro, participan en Cabo Verde na creación da Rede de Mulheres Autarcas Caboverdianas, integrada por máis de 200 representantes municipais do arquipélago africano.

As populares forman parte dos municipios socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que estes días intercambian experiencias no país lusófono coas súas homólogas africanas. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 120 concellos e as catro deputacións de Galicia, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento.

As representantes do Partido Popular interviñeron no II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, que naceu co obxectivo de promover a igualdade e fortalecer o seu liderado a nivel municipal, onde destacaron o papel protagonista que teñen no PPdeG, o partido galego con máis mulleres alcaldesas, así como nas diferentes cámaras (Parlamento, Congreso e Senado).

As populares galegas tamén ofreceron a súa visión no panel ‘Mulleres na política local: barreiras, oportunidades e leccións aprendidas en Cabo Verde, Mozambique e Galicia’, que abordou o fomento da participación efectiva das mulleres no poder local.

O PPdeG destaca o incremento de 4,6 M€ que a Xunta destinará ao Servizo de Axuda no Fogar na comarca do Salnés nos vindeiros 3 anos

O PPdeG destaca o incremento de 4,6 M€ que o Goberno galego destinará ao Servizo de Axuda no Fogar dos 9 concellos do Salnés –Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa-, nos 3 vindeiros anos.

Así llo trasladou o portavoz do Grupo Popular no Parlamento, Alberto Pazos, aos alcaldes e portavoces da comarca, tras o anuncio por parte da administración autonómica de aumentar de forma progresiva o prezo por hora, pasando dos 12 euros actuais aos 18 euros, en 2028. Pazos explicou que a Xunta pasará a destinar 15,7M€ nos concellos nestes tres anos, en vez dos 11,6M€, previstos cos actuais12€/h.

Durante unha xuntanza, na que estivo acompañado do deputado Raúl Santamaría, Alberto Pazos puxo en valor o esforzo inversor da Xunta e informou de que as administracións locais, desde finais de marzo e cun prazo dun mes, poderán solicitar este incremento do financiamento do SAF; que terá, ademais, efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro.

UN 41% DE INCREMENTO MEDIOS NOS CONCELLOS DO SALNÉS
Froito do acordo entre Xunta e Fegamp, en 2026, o prezo da hora será de 16 euros; en 2027, de 17 euros; e, en 2028, de 18 euros. Isto suporá que, para o período 2026-2028, a suba media do orzamento destinado ao SAF de todos os concellos do Salnés é do 41%.

Deste xeito, en 2026, en cifras aproximadas, Cambados recibirá uns 620.000€; O Grove, 780.000€; A Illa de Arousa, 280.000€; Meaño, 270.000€; Meis, 334.000€; Ribadumia, 750.000€; Sanxenxo, 615.000€; Vilagarcía de Arousa, 840.000€; e Vilanova de Arousa, 450.000€.

O PPdeG urxe ao Goberno central a posta en marcha do IVE fanquiciado que aliviaría a carga fiscal de máis de 20.000 autónomos da provincia de Lugo

O PPdeG urxe ao Goberno central a inmediata posta en marcha do réxime especial de franquicia do IVE, previsto na Directiva europea 2020/285 e que debía estar vixente desde o 1 de xaneiro de 2025.

Os deputados autonómicos, Cristina Sanz e José Manuel Mato, acompañados da presidenta provincial do PPdeG, Elena Candia, mantiveron unha xuntanza, en Lugo, con membros dos colectivos Lugo Monumental e Mulleres Líderes de Galicia; co fin de recoller as súas demandas e inquedanzas e abordar, tamén, as consecuencias que está a ter a negativa do Executivo de Pedro Sánchez de aplicar esta medida. E segundo se coñeceu esta mesma semana, Bruxelas levou a España ao TJUE por non traspoñer esta Directiva.

Tal e como explicou Cristina Sanz, esta demora supón máis burocracia, máis custes e menos competitividade para os pequenos negocios, ademais dunha importante desvantaxe competitiva fronte a outros Estados membros que xa aplican a franquía. De aí que avoguen pola súa aplicación urxente, xa que deste xesto se aliviaría de forma considerable a carga fiscal de máis de 20.000 autónomos na provincia –arredor duns 100.000 en Galicia-, que teñen un volume de negocio anual por debaixo dos 85.000 euros.

Neste punto, os parlamentarios populares aproveitaron o encontro para trasladarlles a iniciativa que o Grupo Popular presentou no Parlamento de Galicia e na que se insta ao Goberno a que deixe de afogar aos traballadores por conta propia, xa que lles impide optar por un réxime que simplifica a facturación e evita as liquidacións periódicas do IVE, co consecuente aforro de tempo e custes. “Ata cando vai seguir con esta asfixia inxusta e inxustificable?, lamentou Cristina Sanz, quen sinalou que esta medida está orientada a reducir os custes administrativos e a aliviar a carga burocrática e financeira.

O APOIO DA XUNTA A AUTÓNOMOS E PEMES

Asemade, fixeron fincapé na sensibilidade que o Goberno galego está a ter co colectivo dos autónomos e pemes. Neste punto, José Manuel Mato puxo en valor as diferentes accións que en apoio deste colectivo desenvolve na nosa Comunidade, enmarcadas na Axenda de Impulso ao Emprego Autónomo, a cal conta cun orzamento total de 360 M€ ata 2027. E salientou a ampliación a dous anos da cobertura da cotra cero no programa de promoción do emprego autónomo para aquelas persoas que inicien unha actividade vinculada á agricultura, gandaría ou silvicultura; o reforzo do Bono Remuda, destinado a facilitar a transmisión de negocios; ou accións destinadas a favorecer o retorno ao autoemprego.

Alberto Pazos lamenta que a estratexia de confrontación do BNG antepoña os intereses partidistas ao respecto ás institucións

O portavoz do Grupo Parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, lamentou, hoxe, que a estratexia de confrontación do BNG antepoña os intereses partidistas ao respecto ás institucións.

Así, criticou que os independentistas persistan na súa proposta á adxunto ao cargo da Valedora do Pobo, sen ter garantido, previamente, o apoio da Cámara para a súa aprobación. Tal e como sinalou, “por primeira vez na historia do Parlamento de Galicia”, rexistrouse o nome dun candidato para ocupar un órgano estatutario de maneira unilateral e se rexeita por falta de previo consenso.

“Non é certo que este grupo teña rachado ningún consenso, porque non se pode rachar o que nunca existiu”, incidiu Pazos, quen recordou que o acordo era que ambos os dous partidos propuxeran perfís marcadamente institucionais e independentes. Neste punto, fixo fincapé en que o currículo da persoa proposta polos nacionalistas é incompatible coas “esixencias de imparcialidade, de transparencia e de obxectividade”, imprescindibles para preservar unha institución como a da Valedoría do Pobo. É por iso que o Grupo Popular rexeitou, na Comisión de Peticións, a proposta do BNG.

Dixo que o PPdeG, que tomou a decisión de fortalecer as institucións, designando perfís absolutamente imparciais, “non vai permitir que sexan colonizadas por activistas afíns a forzas minoritarias”. Nesta liña, o parlamentario popular avogou por volver á senda do consenso e acadar un acordo baseado na elección de persoas de marcado carácter institucional, de probada obxectividade e de absoluta imparcialidade: “Seguiremos coa man tendida para retomar o proceso da completa renovación da Valedoría”.

UNHA COMISIÓN PARA UN FINANCIAMENTO XUSTO
Por outra banda, o portavoz popular informou da constitución da Comisión non permanente especial de estudo para abordar a proposta de Galicia diante da reforma do sistema de financiamento, na que o PPdeG propuxo como presidente a Julio García Comesana e como vicepresidenta a Paula Prado.

Neste senso, incidiu en que o obxectivo é contar cun documento que responda ás necesidades reais de Galicia e que, á súa vez, sirva de apoio ao Goberno galego nas negociacións multilaterais, que tanto se teñen reclamado, para corrixir o infrafinanciamento da nosa Comunidade. E que, tal e como recordou, vén causado por “un sistema inxusto e ineficiente”.

“O consenso, que se intuía ao longo da pasada lexislatura, agora semella roto, debido ao cambio de postura, tanto do BNG como do PSdeG”, lamentou Pazos. Así, criticou que os independentistas aposten por un concerto galego, a pesar de estar desaconsellado pola maioría dos técnicos por consideralo prexudicial para Galicia; e que os socialistas, por antepoñer os intereses de Pedro Sánchez, renuncien a un financiamento xusto para Galicia.

Paula Prado defende ás mulleres “líderes e valentes” do PPdeG, como a presidenta dos populares en Culleredo, fronte o “falso feminismo” da esquerda

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, defendeu hoxe a alternativa da nova presidenta do PP de Culleredo, Izaskun García, como a próxima alcaldesa que merece este concello, actualmente gobernado polo PSOE grazas á abstención do BNG, xerando una situación de “incapacidade e perda de oportunidades á veciñanza”. Por este motivo, Prado reivindica a García como a mellor candidata a alcaldía desta localidade. “No PP cremos en mulleres líderes e valentes coma ela, fronte ás leccións de falso feminismo da esquerda”, sinala.

Así o manifestou a número dous dos populares galegos durante unha visita a varios proxectos emprendedores de Culleredo, trala recente elección de García como presidenta do PP desta localidade, xusto ás portas do 8M. Lembrou que o PPdeG é o partido con máis alcaldesas de toda Galicia -31- e nas eleccións municipais de 2027, augurou que Izaskun se sumará a esta lista.

Paula Prado, acompañada pola presidenta do PP de Culleredo e por membros do seu equipo, visitaron a escola infantil Piratas de la ría, dirixida por dúas mulleres, así como as instalacións da construtora Grupo Liñagar, empresa referente que quixo medrar en Culleredo pero, tal e como lembrou a líder do PP local, non puido cumprir os seus plans de crecemento “por falta de xestión municipal”, provocando “perda de emprego e de oportunidades”.

Prado puxo en valor o proxecto de Izaskun García e o seu equipo como “única alternativa viable” neste concello, fronte a partidos como o PSOE e o BNG que “presumen de feminismo e igualdade”, cando, en realidade, son “cómplices” por exemplo do “Pacto Guarro” que mantén a José Tomé na alcaldía de Monforte de Lemos e como deputado provincial en Lugo, “incluso tras coñecer que a Fiscalía se querela contra el por presunto acoso sexual”.

APOIO AO EMPRENDEMENTO

Pola súa banda, García agradeceu ao PPdeG o “apoio ao liderado feminino, ao emprendemento e a un proxecto claro de futuro para Culleredo”. Na visita realizada á escola infantil dirixida por mulleres emprendedoras, reivindicou a estas mulleres como “o mellor exemplo de liderado feminino real, creación de emprego e aposta pola conciliación”. “Desde a política temos que estar á beira de proxectos como este e facilitar que poidan crecer aquí”, engadiu.

Tamén abordou a necesidade de aprobar un Plan Xeral que permita resolver os problemas de vivenda, atraer empresas e xerar oportunidades para quen quere vivir e traballar en Culleredo, apostando por unha nova etapa de crecemento e decisións para o municipio, baixo o lema “Contigo, Culleredo decide”.

“Decide crecer e decide non resignarse. Porque Culleredo non pode conformarse con ‘ir tirando’, necesita proxecto, planificación e ambición. Necesita un Concello que dea seguridade e axude, non que poña trabas”, engadiu.

O BNG MANIPULA OUTRA VEZ A LINGUA GALEGA

Por outra banda, a secretaria xeral do PPdeG fixo referencia á manifestación convocada pola plataforma ‘Queremos Galego’ este sábado. “É unha manifestación máis do BNG, eses que se agochan tralas pancartas pero que, seguindo as ordes da UPG, son os verdadeiros artífices de intentar xerar algarada”, criticou.

Para os populares, o independentismo galego “manipula a lingua galega” e o único que conseguen “é facer dano ao noso idioma”. Así, tamén afeou ao PSOE que “en vez de axudar, fai seguidismo destes comportamentos”.

“Galicia non merece isto. O idioma galego hai que querelo, pero a protección do idioma non está na algarada nin na conflitividade”, defendeu Prado, animando ao BNG a defender o Pacto da Lingua promovido polo Goberno galego.

El PPdeG demanda en Bruselas una simplificación de las ventas de vino para que las cinco denominaciones de origen gallegas sean “imparables” en el mercado europeo

El eurodiputado del PPdeG Adrián Vázquez demandó en la Comisión Europea una simplificación de las ventas de vino dentro del mercado único, poniendo en valor las cinco denominaciones de origen vinícolas como “símbolo de identidad” de Galicia.

“Los gallegos nos sentimos orgullosos de nuestras cinco D.O. y sabemos que, si les proporcionamos el marco adecuado para competir en igualdad de condiciones, son imparables en el mercado europeo”, señaló.

Así lo defendió durante la sesión plenaria de Estrasburgo, donde la eurodiputada popular Esther Herranz impulsó esta demanda, ante la “necesidad” de reforzar la integración del mercado único y facilitar las ventas directas entre empresas y consumidores del sector.

Los populares criticaron los “obstáculos administrativos injustificados” para las empresas vinícolas, demandando un mercado europeo “verdaderamente integrado” para que favorezca la competitividad del sector. Así, citan como ejemplo las bodegas que, a causa de estas barreras administrativas, ven cómo la venta online de vino entre países productores y consumidores “se hace más difícil”.

UN MODELO DE VENTANILLA ÚNICA

Conscientes de la importancia del mercado europeo para las empresas vitícolas españolas, los populares solicitaron a la Comisión Europea medidas concretas para profundizar la integración del mercado único, revisar barreras administrativas e instaurar un modelo de ventanilla única para el pago de los impuestos especiales.

El PPdeG espera que la Comisión Europea responda en los próximos meses, proporcionando un marco “más claro” sobre sus planes para eliminar barreras y mejorar la integración transnacional en el mercado interior del sector del vino.