Paula Prado esixe a PSOE e BNG que sexan “implacables” pedindo a dimisión de José Tomé trala querela da Fiscalía por presunto acoso sexual

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, esixe “responsabilidades políticas, implacables e sen condicionamentos” a PSOE e BNG tras coñecerse que a Fiscalía de Lugo se querela contra José Tomé por presunto acoso sexual. Do mesmo xeito, os populares reclaman a “dimisión inmediata” de Tomé, tanto da Alcaldía de Monforte coma da súa acta de deputado provincial.

Así o manifestou a número dous dos populares galegos nunha xuntanza con deputadas econcelleiras da comarca, onde estivo acompañada pola portavoz do PP en Monforte e deputada autonómica, Katy Varela, e o portavoz popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide. Neste encontro, Prado sinalou ao PP como “a alternativa para desokupar ao señor Tomé dos seus cargos” tralo Pacto Guarro asinado por socialistas e independentistas, que, lembrou, “están cogobernando grazas ao apoio dun presunto acosador sexual, polo poder e polo sillón, xa que ao BNG lle bastaron 500.000 euros para calar”.

Para Prado, o PSOE “consente, oculta e tenta tapar”; mentres o BNG “cala”, dúas actitudes que para o PPdeG “van en contra da dignidade das mulleres”, preguntándose tamén “onde están as feministas da esquerda”, que ante estes feitos de gravidade “permanecen caladas”. “Esixímoslle a Besteiro e Pontón que deixen de ser cómplices neste asunto de gravidade”, engadiu.

Cualificou ao PSOE como “un estercoleiro moral cheo de corruptos, puteros e acosadores sexuais” e lembrou que a situación de Tomé comezou cunha denuncia anónima no canal interno do PSOE, un mecanismo que para Prado “non serve para nada e segue sen facelo, só para tapar casos e vulnerar os dereitos das mulleres”, xa que os socialistas anunciaron que a denuncia desaparecerá do canal interno coa “escusa” de que xa está na Fiscalía o asunto.

Pola súa banda, a portavoz do PP en Monforte insistiu en que José Tomé “non pode seguir nin un minuto máis no Concello, e menos actuando coa normalidade coa que actúa a tan só uns días do 8M”. Deste xeito, anunciou que os populares non acompañarán ao equipo de goberno municipal na conmemoración do Día da Muller, trala confirmación de Tomé de que acudirá. “Seremos moi firmes, é unha vergoña que o sigan apoiando”, sinalou.

Ademais, as populares lembraron que trala dimisión da concelleira de Igualdade asumirá a súa acta de edil o propio fillo de Tomé, tachando a situación de “escabrosa” neste Concello.

MULLERES QUE GOBERNAN

Pola contra, o PPdeG defende o “feminismo real”, sendo o partido con máis mulleres gobernando en Galicia. Así, Prado anunciou que o próximo venres, en Ribeira, a formación conmemorará o 8M das ‘Mulleres que Gobernan’, un encontro de alcaldesas e exalcaldesas.

“Mulleres que si poden dar leccións de feminismo e de obter postos de responsabilidade polos seus propios méritos. Mulleres que gobernan, porque no PP si nos tomamos en serio a verdadeira igualdade”, apuntou Prado.

Manolo Ruiz denuncia ante Planas que la flota pesquera española “sigue disminuyendo” y “las posibilidades de pesca son cada año menores”

El portavoz de Pesca del PP en el Senado, Manolo Ruiz, denuncia que cada año la flota española “sigue disminuyendo” y los afiliados al mar y el consumo de pescado, también: “Nuestras posibilidades de pesca cada año son menores y cada vez son más los armadores que quieren dejar el mar y solicitan el desguace de su embarcación”.

El senador gallego se pronuncia así, en el Pleno de la Cámara Alta, tras preguntar al ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación, Luis Planas, “cuál es la valoración del ministro sobre la situación actual de la flota pesquera española que opera en aguas comunitarias”.

Reprocha a Planas que no hace “nada para incentivar el relevo generacional”, tras lo que demanda que el sector necesita a alguien que los “defienda y lidere” porque “usted claudicó de esa responsabilidad” y es una “estatua de sal”.

Manuel Ruiz recuerda que Planas “claudicó” ante Hacienda al no rebajar el IVA del pescado, y también lo hizo el consumo “ante la rebaja de las pautas nutricionales aconsejables en la educación”.

Reprocha a Planas que “se escondió ante Teresa Ribera” y ahora repite su actitud, cuando sigue callado, y “no alza la voz” a la pretendida declaración de especie en extinción de la anguila.

“La soberbia del Gobierno de Sánchez le impide escuchar los acuerdos de la Cortes Generales”, lamenta el portavoz de Pesca; tras lo que pregunta al ministro “qué hizo hasta el 10 de enero, desde el cambio del Reglamento de Control, y desde que en el 2024 ya había acuerdos parlamentarios que le pedían simplificarlo.

“Cada diciembre, desde que están en el Gobierno, nuestras posibilidades de pesca bajan”, denuncia Manolo Ruiz, y critica que Planas “va a Bruselas a pecho descubierto, sin estudios científicos o socioeconómicos que avalen nuestra defensa”.

Ruiz Rivas lamenta que el Gobierno asuma como “un éxito” que en el Mediterráneo se pueda faenar igual que en el año 2025; tras lo que denuncia la “pasividad del Ejecutivo”, mientras las flotas del norte de África “campan a sus anchas, nuestros barcos salen al mar 1 de cada 3 días”.

“¿Que han hecho para frenar las autoasignaciones de cuotas de los países ribereños? ¿Han tomado alguna medida para impedir sus importaciones?”, se dirige a Planas, tras lo que le reprocha que “lo único que han hecho es mirar para otro lado”; y añade que, a día de hoy, “no sabemos todavía el reparto definitivo de la caballa.

Le pide que explique las razones para cambiar “a un alto coste económico”, los estudios realizados por el IPD, por Tragsatec: “¿Será un nuevo refugio de familiares y queridas o queridos?”, se dirige a Planas.

“Todos los datos de la pesca caen, menos su ego, que parece subir. Sabemos que usted no va a dimitir ni a cesar a su equipo, pero mientras tanto intenten molestar lo menos posible”, concluye el senador gallego.

O PPdeG insta ao PSdeG e ao BNG a que rompan o “pacto guarro” que permite que José Tomé continúe como alcalde e deputado provincial

O portavoz do Grupo Popular no Parlamento, Alberto Pazos, instou, hoxe, ao PSdeG e ao BNG a que rompan o “pacto guarro” que permite que José Tomé siga como alcalde de Monforte de Lemos e como deputado na Deputación de Lugo.

O voceiro popular pediu que socialistas e independentistas aclaren se van seguir normalizando esta situación e apoiando politicamente a Tomé, unha vez que a Fiscalía presentou unha querela por un presunto delito de acoso sexual e de abuso no exercicio da función pública: “Xa non poden dicir que non hai denuncia no ámbito xudicial”. E é que tal e como apuntou, segundo a propia Fiscalía, hai indicios fundados de criminalidade.

Para Pazos urxe que José Tomé dimita de forma inmediata e que PSdeG e BNG asuman a súa responsabilidade: “Oxalá fosen quen de practicar a mesma coherencia que, con tanta facilidade, lle receitan aos demais”, sinalou.

“Estamos na semana do 8M, podería ser un bo momento para que racharan así con ese pacto guarro, ese pacto da vergoña e ese pacto da miseria”, sentenciou.

AS INICIATIVAS DO PRÓXIMO PLENO
De cara a próxima sesión plenaria, o Grupo Popular presentará unha iniciativa relativa ao desenvolvemento da rede de transporte de enerxía eléctrica, xa que, tal e como indicou Pazos, as urxencias da industria galega seguen sen ser atendidas. Así, instou ao Goberno central a que deixe de discriminar a Galicia e axilice unha resposta ás necesidades dos proxectos que queren implantarse na nosa Comunidade, pero que, por falta de conexión, non o poden facer. Neste senso, incidiu na necesidade de coñecer a distribución territorial da nova potencia que vai estar dispoñible para o seu consumo.

Por outra banda, volveu pedir garantías para o sector primario galego e que se preserven os intereses dos nosos gandeiros e agricultores. Así, outra das cuestións que formularán será relativa ao acordo acadado entre o Goberno de Alfonso Rueda e as organizacións agrarias sobre o tratado UE-Mercosur. Neste punto, Pazos lamentou que o Executivo de Pedro Sánchez continuase sen concretar que accións vai adoptar ante este escenario.

O Grupo Popular interesarase, tamén, pola recuperación das antigas instalacións da ETEA, en Vigo. E instou tanto ao Concello de Vigo como ao Consorcio da Zona Franca a que desbloqueen a sinatura do convenio coa Xunta, para o desenvolvemento do PS-1, isto é, o viario principal que vertebra todo o ámbito da ETEA, así como as conexións das redes de servizos.

Así mesmo, pediu á Administración central que adapte o proxecto da variante oeste de Caldas de Reis ás necesidades da veciñanza. Asemade, o portavoz do Grupo Popular dixo que solicitarán información sobre o programa PARTBIV, da consellería do Mar e impulsado a través do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA).

Para rematar, Alberto Pazos informou da comparecencia, a petición propia, da conselleira de Política Social e Igualdade para dar conta das accións en materia de igualdade e do 8M.

O PPdeG cualifica como “paso decisivo de apoio ao rural ourensán” a declaración de 18 zonas farmacéuticas especiais na provincia de Ourense

Os deputados autonómicos Miguel Ángel Viso e Cristina Campero, acompañados polo alcalde da Peroxa, Manuel Seoane, puxeron en valor, nunha visita a unha farmacia nos Peares, a recente declaración de 29 zonas farmacéuticas especiais aprobada pola Xunta de Galicia, facendo especial fincapé nas correspondentes aos ámbitos sanitarios de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, onde se concentra a maior parte das áreas incluídas nesta medida.

Na visita a “Farmacia Os Peares” (no concello da Peroxa) destacaron que, en total, 18 das 29 zonas farmacéuticas especiais declaradas en Galicia pertencen ao ámbito sanitario de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, o que evidencia a especial atención que o Goberno galego presta á realidade demográfica e territorial da provincia.

“Estamos ante unha decisión clave para garantir a igualdade no acceso aos medicamentos e ao servizo farmacéutico, especialmente nunha provincia como a nosa, marcada pola dispersión e o envellecemento poboacional”, sinalou Miguel Ángel Viso.

Pola súa banda, Cristina Campero subliñou que “estas zonas farmacéuticas especiais permiten adaptar a normativa ás particularidades do rural ourensán, facendo viables economicamente moitas boticas que cumpren unha función social imprescindible”.

A declaración, publicada o 18 de febreiro de 2026 no Diario Oficial de Galicia (DOG), establece que estas zonas presentan características xeográficas, demográficas e sanitarias específicas, como unha densidade de poboación igual ou inferior a 10 habitantes por quilómetro cadrado e a situación económica comprometida das oficinas de farmacia.

Segundo o acordo, 18 destas zonas pertencen ao ámbito sanitario de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e o resto ao de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, entre as que se inclúe A Peroxa, xunto con localidades como A Gudiña, A Mezquita, A Teixeira, A Veiga, Baltar, Calvos de Randín, Carballeda de Valdeorras, Castelo do Val, Chandrexa de Queixa, Larouco, Laza, Manzaneda, Montederramo, O Bolo, Parada do Sil, San Xoán de Río e Vilariño de Conso.

Entre as medidas contempladas inclúense condicións especiais relativas ás distancias e tempos de acceso ao servizo de garda, así como facilidades para a atención a residencias sociosanitarias con menos de 100 residentes. O obxectivo é evitar o peche de farmacias en concellos pequenos e garantir a continuidade dun servizo sanitario esencial.

COMPROMISO COS SERVIZOS PÚBLICOS NO RURAL

Os deputados ourensáns salientaron que esta iniciativa supón “un paso decisivo na defensa do rural” e lembraron que moitos dos municipios incluídos pertencen ás comarcas de Ourense, Verín e Valdeorras, territorios especialmente afectados pola baixa densidade de poboación.

Ademais, para reforzar a medida, a Xunta prevé convocar en 2026 unha liña específica de axudas dotada cun orzamento inicial de 99.600 euros, destinada a apoiar estas boticas rurais e asegurar a prestación farmacéutica nas zonas con maiores dificultades demográficas.

Campero e Viso concluíron reiterando o seu compromiso coa provincia e coa defensa dos servizos públicos no medio rural, destacando que “garantir unha farmacia aberta nun concello pequeno é tamén garantir cohesión social, saúde e futuro para o noso territorio”.

O PPdeG salienta desde Guntín a anticipación da Xunta na defensa do vacún galego e esixe ao Goberno maior coordinación fronte á dermatose nodular bovina

Os deputados populares Enrique Barreiro e Nicole Grueira, acompañados polo alcalde de Guntín, Angel Pérez, realizaron hoxe unha visita a unha granxa deste concello, na provincia de Lugo, e participaron nun encontro con gandeiros onde puxeron en valor a aprobación, na Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes, celebrada esta semana no Parlamento de Galicia, dunha iniciativa na que o PPdeG pedía reforzar a prevención e protección do sector vacún fronte á dermatose nodular contaxiosa bovina, unha enfermidade vírica que xa afectou a distintos puntos de España nos últimos meses.

Os deputados do PPdeG subliñaron a relevancia desta medida para blindar un sector estratéxico para Galicia. “Defender o vacún galego é defender Galicia”, afirmou Barreiro, quen lembrou que esta enfermidade non é unha zoonose e, polo tanto, non afecta ás persoas, pero si pode ter un forte impacto económico nas explotacións.

Grueira destacou que Galicia produce arredor do 42% do leite de España e que o sector lácteo e de carne supón case un 4% do PIB galego, xerando máis de 40.000 empregos directos. “Non falamos só de cifras, falamos de miles de familias que viven do campo e que manteñen vivo o noso rural”, sinalou.

ACTUACIÓN ANTICIPADA DA XUNTA

Os deputados puxeron en valor a actuación anticipada da Consellería de Medio Rural, que reforzou controis, inmobilizou animais procedentes de zonas afectadas e impulsou medidas de prevención. “Mentres outros analizaban, Galicia xa estaba actuando. Iso é responsabilidade”, indicou Barreiro.

A iniciativa aprobada reclama unha maior coordinación do Ministerio na xestión da crise sanitaria para evitar diferenzas de criterio entre comunidades autónomas. “Nunha crise sanitaria non pode haber 17 respostas distintas. O sector precisa claridade e coordinación”, afirmou Grueira.

O texto aprobado na Cámara galega tamén insta a revisar a categorización europea da enfermidade para evitar sacrificios masivos “in situ” cando poidan aplicarse medidas máis proporcionadas. “Rigor sanitario si, pero sen desproporción”, defendeu Barreiro.

Ademais, solicítase impulsar o desenvolvemento dunha vacina marcada que permita diferenciar animais vacinados dos infectados, así como garantir indemnizacións xustas e actualizadas no caso de sacrificios obrigatorios, incluíndo esta enfermidade nas coberturas de seguros agrarios.

Ambos deputados concluíron reiterando o compromiso co rural galego e co sector primario. “Os nosos gandeiros e gandeiras deben saber que non están sós. Galicia vai seguir defendendo o seu campo con responsabilidade, rigor e apoio real”.

Adrián Vázquez reclama en Bruxelas a protección do silicio metálico e o silicio cálcico, “estratéxicos” na industria siderúrxica galega fronte á “forte presión” das importacións

O eurodeputado do PPdeG Adrián Vázquez reclama a protección do silicio metálico e o silicio cálcico, materiais estratéxicos para industrias siderúrxicas galegas e europeas, fronte ao crecemento das importacións doutros países —especialmente China—, que están causando graves prexuízos ao sector nos países da Unión Europea.

Adrián Vázquez rexistrou unha pregunta no Parlamento Europeo sobre a posibilidade de incluír estes dous compostos nas medidas de salvagarda sobre ferroaleacións, que a Comisión Europea aprobou recentemente co obxectivo de protexer a industria siderúrxica da UE fronte ao aumento das importacións.

Na liña da defensa da protección á industria galega, subliña que tanto o silicio metálico como o cálcico son “estratéxicos” para moitos sectores en Galicia, polo que o PPdeG demanda a súa inclusión nestas medidas de protección das ferroaleacións, reforzando así a resiliencia das cadeas de subministración europea fronte ás importacións. Trátase de materiais implicados na fabricación de aceiro e cruciais en industrias como a construción, a automotriz, a aeroespacial ou a militar.

“O silicio metálico e o cálcico quedaron fóra do ámbito das medidas, a pesar da súa relevancia para sectores industriais estratéxicos e para determinados polos produtivos da UE, incluídos algúns en rexións como Galicia”, destaca o eurodeputado.

Neste contexto, pregunta á Comisión Europea pola posibilidade xurídica e económica de ampliar o ámbito das medidas de salvagarda e, así, incluílos. E tamén consulta as condicións de mercado necesarias para revisar o alcance das medidas de salvagarda que están actualmente en vigor, antes a súa expiración en 2028.

“Á luz da forte presión das importacións —en particular procedentes de China— e da significativa caída de prezos observada no mercado da UE, queremos saber se a Comisión ten previsto realizar un seguimento específico da evolución das importacións e do posible prexuízo para os produtores da Unión en relación con estes produtos”, sinala Vázquez.

UNHA INDUSTRIA QUE EMPREGA A 1.800 PERSOAS

A Comisión Europea deu un paso importante para protexer a industria das ferroaleacións da Unión Europea —que emprega a unhas 1.800 persoas na UE— mediante a imposición de medidas de salvagarda definitivas ás importacións de determinadas ferroaleacións. Esta decisión, tomada o pasado mes de novembro de 2025, puxo fin a un procedemento e investigación xudicial de 11 meses de duración.

As medidas definitivas impostas consisten en continxentes arancelarios específicos por país por tipo de ferroaleación, o que limita o volume de importacións para entrar na UE libres de dereitos. Estas medidas estarán en vigor durante un período de tres anos, que expirará o 17 de novembro de 2028.

Paula Prado pon en valor o PPdeG como o “partido do rural” ao incentivar servizos que “fixan poboación e tecen redes sociais” nos concellos pequenos

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, pon en valor a aposta por “crear e manter servizos no rural”, a través de políticas populares encamiñadas a “fixar e incrementar poboación”, así como “tecer redes sociais e puntos de encontro” nos concellos pequenos, como é o caso de Piñor (Ourense), que recentemente abriu un bar municipal no lugar de Arenteiro.

A número dous do PPdeG destacou o “bo facer” de gobernos populares como o de Piñor, co alcalde José Luis González á cabeza, por “investir esforzos en recuperar un servizo que é moito máis ca un negocio, un lugar de reunión e socialización”.

Así, despois dunha visita á nova cafetería, aproveitou para felicitar ao rexedor pola iniciativa, que abriu as portas no pasado mes de decembro, despois dunha rehabilitación, cun emprendedor mozo ao fronte.

Prado tamén sacou músculo do PPdeG como “o partido do rural”, ao centrarse en “preocupacións da xente, como é o caso de”. Para ela, queda demostrado que o PPdeG é “o partido preferido dos galegos, onde se senten máis identificados”.

Ademais, lembrou que, como no caso de Piñor, o PP goberna en Galicia no 60% dos concellos de menos de 5.000 habitantes.

Para o alcalde, “os veciños viñan tempo reclamando que o Concello facilitase a instalación dun local onde socializar, botar a partida ou falar, sen ter que desprazarse quilómetros”. Ademais, subliñou a importancia do establecemento para o municipio tamén pola súa proximidade ao albergue de peregrinos, que acolle a centos de camiñantes que elixen a Vía da Prata, ruta que pasa por este municipio.