O PPdeG esixe que se retire o borrador dunha norma que obriga a usar dispositivos acústicos de disuasión para evitar capturas de marsopas

Os senadores do PPdeG esixen á Secretaría Xeral de Pesca do Goberno central que se retire o borrador de resolución dunha norma coa que se pretende obrigar á flota artesanal ao uso de dispositivos acústicos de disuasión (pingers) para evitar capturas accidentais da marsopa común, uns instrumentos que “non teñen constatada unha eficacia efectiva”.

O popular coruñés, Manuel Ruíz, lamenta a “falta de diálogo entre administracións e sector” sobre esta normativa, que poría en perigo a pesca de flota artesanal que faene con artes de enmalle. Esta práctica é moi habitual dentro das rías galgas, como é o caso da desembocadura do Miño ata ao Cabo Prior, así como nas augas do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Así mismo, incide en que o uso destes dispositivos “poderían crear unha contaminación acústica ao ser usados por miles de embarcacións”, o que provocaría uns efectos descoñecidos nos hábitats e que “podería cambiar comportamentos e movementos nas especies, como así recoñece o propio Instituto Español de Oceanografía”.

O senador Manuel Ruíz, que pide respecto ás competencias autonómicas, apunta que a “única especie en perigo nas nosas rías é o mariñeiro”, recordando que a visión de delfíns e outras clase de cetáceos é “diaria e calquera medida de sustentabilidade non debe esquecer nunca os prexuízos que poidan acabar derivando na desaparición deste sector tan importante para os galegos”.

Por iso, os populares galegos no Senado critican que, unha vez máis, se queira aprobar unha norma desde “os despachos en Madrid sen escoitar ao sector e descoñecendo ou obviando as campañas experimentais con pingers que se están levando a cabo con observadores a bordo en pequenas embarcacións que empregan o arte de enmalle”. “O máis razoable”, conclúen, “é esperar á finalización das mesmas previstas para 2029”.