Millán Mon reclama una reforma urgente de la Política Pesquera Común

El eurodiputado popular Francisco Millán Mon intervino hoy en varios puntos del orden del día de la Comisión de Pesca del Parlamento Europeo. Entre ellos, destacó el debate sobre la evaluación de la Política Pesquera Común presentada por el Comisario de Pesca y Océanos, Costas Kadis.

Millán Mon afirmó que, aunque la evaluación ofrece “un diagnóstico acertado” de la situación del sector, con una flota extractiva en declive, una acuicultura estancada y una industria transformadora más próspera, sus conclusiones resultan “un tanto decepcionantes”, pues reflejan una visión “excesivamente autocomplaciente”.

El eurodiputado gallego criticó que, pese a que la evaluación constata problemas como el descenso del volumen de descargas y de su valor económico, una rentabilidad que apenas alcanza el 1%, la pérdida de empleo, el envejecimiento de la flota y las dificultades para garantizar el relevo generacional, la evaluación siga apuntando a la reducción de la capacidad pesquera como una de las principales respuestas. “No encontramos ni un atisbo de autocrítica ni un análisis de los costes que supone para el sector cumplir con una normativa europea compleja aprobada en los últimos 10 años”, señaló.

Asimismo, Millán Mon lamentó que la evaluación atribuya el limitado impacto de la obligación de desembarque principalmente a problemas de implementación por parte de los Estados miembros, sin cuestionar el propio diseño de una medida cuyas dificultades prácticas vienen siendo denunciadas desde hace años por el sector. “Echo en falta una evaluación más equilibrada y más abierta a cuestionar aquellos aspectos de la PPC que claramente no están funcionando como se esperaba”, afirmó.

Millán Mon defendió una reforma urgente de la PPC con los siguientes objetivos: flexibilizar la obligación de desembarque y la aplicación del llamado “Rendimiento Máximo Sostenible”, revisar el concepto de capacidad pesquera para favorecer la descarbonización y el relevo generacional, redefinir el concepto de pesca artesanal en línea con la definición del ICCAT (no basado únicamente en la eslora), incorporar consideraciones socioeconómicas en la fijación de TAC y cuotas y reforzar la dimensión de la seguridad alimentaria.

Finalmente, aprovechó la ocasión para trasladar al Comisario Kadis su preocupación por los problemas que continúa registrando el sistema CATCH cinco meses después de su puesta en marcha y para llamar la atención sobre las consecuencias para la industria conservera europea de la liberalización de las importaciones de conserva de atún incluida en el acuerdo comercial entre la Unión Europea y México. El eurodiputado gallego instó, una vez más, a la Comisión Europea a evitar concesiones en las negociaciones comerciales en curso con países como Filipinas y Tailandia, grandes productores de conservas de atún.

O Parlamento insta ao Goberno central a que aporte información detallada sobre a sociedade pública estatal Casa47

O Parlamento de Galicia aprobou, hoxe, a proposición non de lei do Grupo Popular para que o Executivo de Pedro Sánchez aporte información detallada sobre a sociedade pública estatal Casa47.

Neste punto, o deputado Moisés Rodríguez reclamou “transparencia” sobre os criterios de selección e adxudicación, os requisitos económicos, a duración da protección pública das vivendas ou as condicións de accesos. A iniciativa avoga, tamén, polo control público e a protección permanente de vivenda protexida, impedindo a súa futura desprotección ou a súa privatización encuberta. Para o parlamentario popular, a sociedade pública estatal Casa47 é “marketing político” e unha “nova marca” creada polo Goberno central para intentar tapar a súa mala xestión en materia de vivenda.

Este programa estatal, anunciado en decembro de 2024, ademais de non aportar solucións á cidadanía, amosa un descoñecemento total da realidade. E que tal e como apuntou o deputado do Grupo Popular, a sociedade estatal Casa47 adxudicou a redacción do proxecto de edificación de 13 vivendas en Pedrafita do Cebreiro, cando neste municipio constan cero inscritos no rexistro de demandantes de vivenda da Xunta de Galicia. E afeoulle ao Executivo de Pedro Sánchez que para o 84% das vivendas ofertadas pola entidade estatal Casa47, en réxime de alugueiro, se esixan ingresos superiores aos 2.000€ ao mes, o que para o deputado popular nada ten que ver con “vivenda accesible.

Por outra banda, tras cualificar de insuficientes as políticas de vivenda do Executivo central, destacou que mentres a Xunta si cumpre, o Goberno de Sánchez, non: “O que non necesita Galicia son anuncios baleiros nin programas deseñados para aparentar”. Nesta mesma liña, advertiu de que as vivendas de casa47 nin se están a asignar ás persoas inscritas no rexistro de demandantes nin se cualifican como vivendas de promoción pública nin como alugueiros accesibles.

Así, fronte ao modelo improvisado do Goberno central, Galicia leva anos defendendo una política seria e planificada en materia de vivenda. Neste senso, destacou que o compromiso da Xunta é acadar as 10.000 vivendas públicas en 2030, para as que investirá arredor de 2.000M€ nos vindeiros catro anos.

PLAN ESTATAL DE VIVENDA: UN ANO PERDIDO
Por outra banda, denunciou que o Plan estatal de Vivenda chegue tarde, mal e arrastro e que suporá un ano perdido, xa que a demora na súa aprobación -e aínda está pendente o seu paso polo Consello de Ministros, a súa publicación no BOE, a sinatura dos convenios coas Comunidades e a posterior transferencia de fondos- atrasa a convocatoria por parte das Gobernos autonómicos das liñas de axudas. Asemade, criticoulle que impoña “de forma unilateral” unha “cofinanciación obrigatoria do 40% ás comunidades.

Para rematar, lamentou que o Goberno central siga sen darlle resposta á petición reiterada da Xunta da cesión gratuíta dos solos e inmobles procedentes da Sareb para poder integralos no parque público galego.

O Parlamento aproba defender os intereses do litoral galego en Europa, ante o novo “boicot” do Goberno central e o ataque ao noso autogoberno

O Parlamento de Galicia aprobou, sen votos en contra, a proposición non de lei do Grupo Popular relativa a intensificar a defensa dos intereses de Galicia en Europa, tal e como propón o Goberno galego, ante a pretendida reforma do Regulamento Xeral de Costas polo Goberno central.

Segundo indicou o deputado Gonzalo Trenor, a Comisión Europea non coñece o verdadeiro alcance dos cambios que o Executivo central nin a realidade única do litoral galego porque, segundo denuncia o parlamentario popular, o Goberno de Sánchez nunca defendeu as particularidades da nosa costa. Neste sentido, afeou este novo “boicot” do Goberno central á nosa Comunidade e lamentou que os partidos da oposición galega “o acatan submisamente”.

Considerou “inaceptable” a intención da Administración central de introducir modificacións regulamentarias de gran calado no réxime de Costas sen unha revisión previa da lei que a sustenta e, sobre todo, sen a participación real e efectiva das Comunidades autónomas. “Esta forma de proceder non só vulnera os principios básicos do noso ordenamento xurídico, como a xerarquía normativa e a reserva de lei en materia de dominio público, senón que supón unha evidente quebra da lealdade institucional”, dixo. “Non se pode reformar pola vía regulamentaria –continuou- aspectos esenciais como a duración, a prórroga ou a extinción das concesións, sen diálogo, sen consenso e sen respectar as competencias das comunidades autónomas que, como Galicia, teñen atribuída a xestión do seu litoral”.

A DEFENSA DO AUTOGOBERNO DE GALICIA
Así, apuntou que a proposición non de lei nace da necesidade de “defender con determinación” o autogoberno de Galicia, a seguridade xurídica do seu tecido produtivo e o debido respecto ás Comunidades: “Galicia non pode aceptar decisións impostas desde despachos afastados da realidade costeira, que ignoran as particularidades do noso modelo produtivo e poñen en risco a continuidade de actividades fundamentais”.

Na mesma liña, esixiu unha revisión “ordenada, transparente e consensuada” da lei estatal de costas e da súa normativa de desenvolvemento. E reclamou a convocatoria inmediata dunha conferencia sectorial específica que permita abrir “un verdadeiro proceso de diálogo e negociación”. “Porque –engadiu- sen lealdade institucional, sen diálogo e sen consenso, non hai boa gobernanza nin futuro garantido para o noso litoral”.

Tal e como defendeu Gonzalo Trenor, o litoral galego é “un eixo vertebrador da economía e do modo de vida de Galicia” que sustenta miles de empregos vinculados á pesca, ao marisqueo, á acuicultura, á industria transformadora. De aí a necesidade de estabilidade xurídica e “un uso ordenado” do dominio público marítimo-terrestre, dado que se trata dun sector que supón case o 5% do PIB de Galicia e do cal dependen 40.000 postos de traballo. Esta reforma é, pois, unha “ameaza directa á viabilidade económica de moitas familias e empresas”.