O PPdeG pide unha base permanente da UME en Galicia e situada en Ourense, “por razóns técnicas, operativas e territoriais”

O Partido Popular de Galicia, a través dos deputados galegos do Grupo Parlamentario Popular no Congreso impulsan unha Proposición non de lei, para o seu debate na Comisión de Defensa, na que reclaman de forma urxente ao Goberno de España unha base permanente da Unidade Militar de Emerxencias (UME) en Galicia, e que estaría situada na provincia de Ourense, en concreto no Centro integral de Loita contra o Lume no concello de Toén.

A iniciativa parlamentaria do PP sinala que a base da UME máis próxima a territorio galego atópase na actualidade en León, o que implica que “os tempos de resposta que non son os óptimos en situacións onde a rapidez é clave para salvar vidas e protexer a contorna natural”, afirma a deputada ourensá Ana Vázquez.

Galicia presenta un perfil de risco elevado en materia de protección civil debido á súa gran masa forestal, as condicións meteorolóxicas extremas e a dispersión da súa poboación, “polo que carecer dunha base propia supón unha desvantaxe loxística e de prevención evidente”.

A Proposición non de lei fai fincapé nas razóns técnicas, operativas e territoriais que xustifican que Ourense sexa o lugar elixido para albergar de forma permanente unha base da UME, apuntando que, alén de ter unha situación estratéxica no interior galego e boas comunicacións co resto de provincias, é historicamente unha das zonas máis castigadas polos incendios forestais en Galicia.

Ao tratarse dun territorio moi montañoso e con retos demográficos, as tarefas de emerxencia actuais vense dificultadas, “polo que dispoñer dunha base reduciría drasticamente os tempos de despregamento nas zonas rurais máis vulnerables”, subliña a deputada ourensá.

A PNL do PP tamén recolle que a provincia de Ourense arrastra un déficit histórico en canto a investimentos e infraestruturas dependentes do Estado, así como ser unha das provincias afectadas polo despoboamento. Unha base permanente da UME, incide Ana Vázquez, “non só axudaría a reforzar a seguridade dos seus habitantes, senón que tamén actuaría como motor económico coa creación de emprego directo e a dinamización de servizos públicos no rural”.

INICIATIVA NO PARLAMENTO DE GALICIA

A iniciativa dos deputados no Congreso súmase a aprobación no Parlamento de Galicia, o pasado 23 de xuño, dunha proposición na que se insta o Goberno central a crear, no concello de Toén, unha base permanente da Unidade Militar de Emerxencias.

O grupo parlamentario popular na Cámara galega defendeu que esta base da UME constituiría “un reforzo estratéxico de primeira orde” para a capacidade de resposta ante emerxencias para Galicia”, optimizando a capacidade de resposta fronte a emerxencias de distinta natureza: incendios forestais, inundacións, temporais, nevadas ou outras situacións de risco para a poboación.

Na iniciativa salientouse a oportunidade da localización en Toén, onde se atopa o Centro integral de loita contra o lume, de titularidade autonómica, polo que a nova sede da UME favorecería sinerxías entre efectivos.

Tellado pide a Sánchez que asuma la realidad y convoque elecciones: “La situación que vive España es una tragedia nacional, inasumible”

El secretario general del PP, Miguel Tellado, considera“una tragedia nacional” la situación que vive España y pide a Sánchez que “asuma la realidad de los hechos, sus propias responsabilidades” y que entienda que hay “un mandato parlamentario claro que es convocar elecciones y devolverles la palabra a los ciudadanos

·      Recuerda que el Congreso y el Senado le han pedido a Sánchez que se someta a una moción de confianza y devuelva la voz a los ciudadanos. “Sánchez pretendegobernar de espaldas a la ciudadanía y pretende gobernar de espaldas también al Poder Legislativo de nuestro país. Es una situación inasumible. Esta legislatura está finiquitada, está acabada”, enfatiza

·      Afirma que solo esta semana al gobierno de Sánchez lehan imputado a 30 personas más y, hoy, este gobierno tiene “más imputados que diputados, 126 imputados frente a los 121 diputados que sostienen a Sánchez en el Congreso

·      “Es una tragedia nacional lo que está ocurriendo enEspaña, tenemos al frente del gobierno de España al líder de una organización criminal, lo dice la AudienciaNacional, el Tribunal Supremo y distintos juzgados”, argumenta

·      Exige a la ministra de Defensa que cese al DAO de la Guardia Civil imputado y considera que MercedesGonzález debería haber dimitido cuando la imputaron, al igual que Marlaska por mentir. “La imputación de ladirectora general de la Guardia Civil es algo sin precedentes, inaceptable y completamente inasumible”, añade

·      Lamenta el “deshonor” que para la Guardia Civil representa que la directora general esté imputada “nada más y nada menos que por haber colaborado con una trama que lo que pretendía era socavar el funcionamiento de la UCO que investigaba determinados delitos cometidos por el propio gobierno de España”

·      Destaca que “ha quedado acreditado de forma fehaciente que Marlaska ha mentido”. “Mintió antelos medios de comunicación, mintió en sede parlamentaria y eso es inasumible en una democracia moderna, en una democracia madura”, subraya

·      Apunta que la presidenta de la SEPI no puede seguir niun minuto más en su cargo porque, imputada, “esinasumible que sobre ella pesen sospechas de graves casos de corrupción”. “La presidenta de la Sociedad Estatal de Participaciones Industriales maneja un volumen de 20.000 millones de euros en participaciones en empresas con participación pública”, advierte

·      Recuerda que toda la cúpula de la SEPI está imputada, y ya es el tercer presidente imputado. “Parece que en el PSOE se ha convertido en un clásico que los responsables de determinados cargos sean imputados y que los anteriores también”, en referenciatambién a los secretarios de Organización Ábalos y Cerdán.

Rubén Lorenzo: “O novo centro integral de saúde consolidará a Carballo como referente sanitario da comarca de Bergantiños”

“O novo centro integral de saúde de Carballo vai supor un salto cualitativo na atención e consolidar o municipio como referente sanitario da comarca de Bergantiños”, sinalou o deputado do Grupo Parlamentario Popular e portavoz local, Rubén Lorenzo.

 

Durante unha visita aos terreos que albergarán a futura infraestrutura sanitaria, á que asistiu, tamén, a parlamentaria Carmen Pomar, puxeron en valor o compromiso do Goberno galego con “este proxecto estratéxico”, para o que se destinará un investimento de 12M€, reforzando de forma notable a capacidade asistencial de toda a comarca. Segundo trasladou a deputada popular, o futuro CIS permitirá albergar servizos de gran demanda como o de diálise, evitando o desprazamento dos pacientes varias veces por semana ata a cidade da Coruña. Así mesmo, incorporará unha área integral da muller e de saúde mental, e a integración da unidade de condutas aditivas que, na actualidade, atende a 500 pacientes.

 

Rubén Lorenzo recordou que foi “o PP de Carballo o primeiro e o único en defender a creación dun CIS no municipio”. Así, referiuse á moción, presentada no 2011, na que se pedía a transformación do centro de saúde nun CIS para dar servizo aos 60.000 veciños da comarca. E afeou a postura de nacionalistas e socialistas que, en lugar de apoiar a solución máis eficaz, preferiron avogar por un segundo centro de saúde. “O sinsentido do BNG e do PSdeG chegou a solicitar a división da atención sanitaria en dous edificios distintos, separados por un quilómetro de distancia”, indicou.

 

A proposta do PPdeG, que agora se materializa grazas ao compromiso firme do Goberno de Alfonso Rueda, busca optimizar recursos, ampliar servizos e reforzar a atención sanitaria sen duplicar estruturas nin atrasar investimentos. “Este investimento de 12M€ é unha mostra clara de que o Goberno galego cumpre con Carballo, con Bergantiños e con toda a provincia da Coruña, ao apostar por servizos públicos modernos, próximos e de calidade”, apuntou Carmen Pomar, quen informou de que o comezo das obras está previsto para o vindeiro ano.

 

Para rematar, Rubén Lorenzo reiterou que o PP de Carballo “seguirá traballando para que o municipio ocupe o lugar que lle corresponde como capital comarcal en servizos públicos”.