Pepa Pardo a Bolaños: “Usted consintió el caos de los juzgados en Ceuta. Tardó 29 días para enviar a un juez en una ciudad invadida por 80.000 personas más”

 La senadora del GPP por Pontevedra, Pepa Pardo, critica el papel de

Félix Bolaños en la crisis de Ceuta: “Usted consintió el caos de los

juzgados en Ceuta: Tardó 29 días para enviar a un juez en una ciudad

invadida por 80.000 personas más”.

• En estos términos se expresa la senadora popular al ministro Bolaños

en una pregunta durante la sesión de control al Gobierno en el Pleno

del Senado, en donde se ha interesado sobre cuál es el verdadero

motivo por el que aún no han convocado la Comisión para ultimar el

protocolo de apoyo que habría evitado, como le indica el Consejo

General de Poder Judicial, la demora de refuerzos en Ceuta.

 

• Califica de “auténtica vergüenza” las demoras y mentiras de Bolaños

que incluso se atrevió a salir “triunfalista” en las redes mientras Ceuta

estaba invadida y ya se han contabilizado hasta veintitrés agresiones

sexuales desde que “entraron los invasores”

.

• Igualmente, Pepa Pardo denuncia que mientras el ministro presumía

de ranking de viajes para el verano y estaba de vacaciones, “a los

ceutíes les robaban la libertad”

.

•

“¿Para qué está de ministro de Justicia? ¿Para presumir de su top 5 de

viajes, señor Bolaños? ¿Para eso está?”, insiste la dirigente del PP, al

tiempo que pide al ministro a que llame a las cosas por su nombre: “No

fue un episodio migratorio, fue una invasión”

.

• A renglón seguido, Pardo pregunta qué ha hecho Bolaños para retornar

a los migrantes y por devolver la libertad a los ceutíes. “Y el Nerón de

la Mareta, de vacaciones, con chanclas y a lo loco, mientras los ceutíes

no pueden salir de su casa. Porque dice que es su derecho a

descansar”, subraya, a la vez que pregunta “¿dónde están las

vacaciones de los ceutíes?”

.

BOLAÑOS CALLADITO Y DEFENDIENDO EL RÉGIMEN DE MARRUECOS

• En otro orden, la portavoz de Justicia pone la lupa en los “dos viajes”

que ha recibido el Gobierno. La Audiencia Nacional abre una

investigación penal sobre lo sucedido porque “hubo una actitud guiada

por parte de Marruecos y usted sigue calladito defendiendo al régimen

marroquí”

.

“¿Qué es lo que temen? ¿Qué es lo que saben de ustedes?”

,

pregunta al titular de Justicia.

• Celebra que esta misma mañana la Sala Tercera del Tribunal Supremo

ha paralizado la ley de nietos, que la senadora del PP tacha como “su

asalto al censo electoral”

.

• Para concluir, Pepa Pardo remarca que “Ceuta y España no se negocia,

no se vende, se defiende, señor Bolaños”

O PPdeG acusa a Sánchez de tratar aos menores migrantes como “mercadorías” e di que a resposta ao “ataque” a Ceuta amosa que “renunciou a gobernar”

A portavoz de Política Social do Grupo Parlamentario Popular, Raquel Arias, acusou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de tratar aos menores migrantes non acompañados, dos que centenas seguen en Ceuta desde hai case mes e medio, como se fosen “mercadorías”. “Os menores non son números e moito menos poden ser moeda de cambio política”, subliñou. “Iso non é protexer aos menores, é abandonalos, igual que abandonou ao seu país”, engadiu.

Nesta liña, denunciou que Pedro Sánchez “renunciou a gobernar” ante o “ataque á integridade territorial” que sufriu España na cidade autónoma o 30 e o 31 de xullo. “O único que fai Sánchez é traer problemas a España”, advertiu a deputada popular, quen denunciou que o “único plan” do seu goberno, o cal “carece” de política migratoria, consiste na “defensa a ultranza de Marrocos”. “Manter a Sánchez con respiración asistida -afirmou- está sendo dramático para España, o que se vive en Ceuta é so o último episodio, pero é especialmente grave”.

Durante a súa intervención para presentar unha PNL que reclama incrementar a achega económica que recibe Galicia para acoller menores migrantes non acompañados, que vén de ser reducida polo Goberno central nun 82%, Raquel Arias cualificou de “bochornoso” o que se continúa a vivir en Ceuta, onde “aínda non sabemos cantos menores” continúan; “sen ter explicación da morte dramática de 141 migrantes”, sen saber “o futuro dos migrantes que permanecen” na cidade autónoma; e “sen solucionar a situación sanitaria, política e social xerada”; sumado á “incapacidade dos ceutís para facer a súa vida ordinaria”.

Na resposta á invasión sufrida por Ceuta produciuse a “tormenta perfecta”, ao xuntarse “a incompetencia coa inoperancia, o descontrol coa improvisación e as mentiras coas medidas verdades”. 40 días despois, criticou, o Executivo de Sánchez é incapaz de concretar cantos menores continúan na cidade autónoma, en medio dun baile de cifras entre o presidente do Goberno e os seus ministros; “e se non saben cantos menores hai que protexer, como os van protexer”, incidiu.

Esa mesma incoherencia dáse co destino dos menores non acompañados: “Unha parte do Executivo opina que onde mellor están os menores é coas súas familias e deben volver a Marrocos, pero outra parte considera que diso nada, que teñen que repartirse polas comunidades autónomas”.

Sobre o papel dos partidos da oposición en Galicia, a deputada do Grupo Popular afeou que “non asistiron” ás concentracións do pasado 2 de setembro para apoiar ao pobo ceutí. Sinaladamente, o BNG, que “van de pacifistas”, pero preferiron manter unha xuntanza con EH Bildu, cos “herdeiros de ETA”. “Afortunadamente, vostedes e nós non pensamos o mesmo. Nós temos solidariedade con quen chega, solidariedade con quen acolle, e responsabilidade con quen goberna. A responsabilidade das persoas que están en Ceuta é do Goberno, ao que vostedes apoian e aplauden. Deles é a responsabilidade de que mulleres e nenas leven máis dun mes desamparadas, de que aumentaran os delitos sexuais”, así como de filiar aos menores.

“NON HAI SOLIDARIEDADE SEN RECURSOS”
O PPdeG, como plasma a PNL defendida hoxe, esixiu ao Goberno central que “incremente a achega económica a Galicia para sufragar a atención” dos menores migrantes non acompañados, despois de deixala en apenas 740.000 euros, un 82% menos que o ano anterior; “actúe con lealdade institucional”, “evitando decisións unilaterais que comprometan a capacidade de resposta” das comunidades autónomas, volvendo ao “consenso”; e “garanta unha planificación e unha coordinación efectiva”.

“Reclamamos tamén, un control efectivo das nosas fronteiras, para evitar que se volvan a dar situacións tan bochornosas como a que se se está vivindo en Ceuta. Con imaxes que dan a volta ao mundo e retratan a España como un país fallido”, lamentou Arias. “Acoller dignamente esixe planificar seriamente e dotar de recursos”, lembrou.

“Galicia non recibe leccións de solidariedade, Galicia dá exemplo de solidariedade”, indicou a portavoz de Política Social do Grupo Parlamentario Popular, quen lembrou que a Comunidade xa foi unha das que acolleu máis menores nos anos 2022, 2023 e 2024, ademais de votar recentemente a favor de destinar 25M€ a Ceuta. “Para Galicia, a diferencia do Goberno central, a protección dos menores é unha prioridade”, dixo.

O MODELO DE GALICIA, “REFERENCIA” EN ESPAÑA
“En Galicia, afortunadamente, si se traballa con planificación, apostando por un modelo que xa é unha referencia”, cun “dos sistemas de protección de menores máis inclusivos e integradores de España”. Nos últimos catro anos aumentáronse en dúas ocasións as axudas mensuais ás familias acolledoras, cun investimento de preto de 1 millón de euros o ano pasado; está implementado o acollemento en familia allea, en convenio con Cruz Vermella, nas catro provincias; o acollemento en familia extensa, en convenio con Aldeas Infantiles, destinado a parentes directos; e o acollemento especializado con dedicación exclusiva: un programa piloto pioneiro en España, cunha proxección de investimento de máis de 3 millóns de euros ata mediados de 2029, para atender a menores con necesidades especiais.

Segundo datos do propio Goberno central, Galicia é a segunda comunidade con mellor ratio de acollemento familiar, un 56% sobre o total de medidas de protección, 9 puntos por riba da media española. E na comparativa autonómica, supera amplamente a comunidades como Cataluña (39%) ou o País Vasco (28%).

O PPdeG insta ao Goberno a que retire o Estatuto Marco: “Impón unha reforma sen diálogo e abre unha confrontación cos profesionais médicos”

O PPdeG instou, hoxe, ao Goberno central a que retire a proposta do Estatuto Marco do persoal estatutario do servizos de saúde e reinicie a reforma desde o principio, contando cos profesionais e coas administracións autonómicas. “O Goberno de España aínda pode rectificar, escoitar, negociar e incorporar as modificacións necesarias”, apuntou.

A portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Popular, Encarna Amigo, afeou que o Executivo de Pedro Sánchez aprobase no Consejo de Ministros un proxecto, sabendo da enorme contestación dos profesionais médicos e da posibilidade dunha folga indefinida. “Impón unha reforma sen diálogo e abre unha confrontación sen precedentes cos profesionais médicos”, sinalou para, a continuación, lamentar que o Goberno trate como “adversarios” a quen, precisamente, sostén todos os días a nosa sanidade pública.

A través dunha proposición non de lei, o Grupo Popular avoga por un Estatuto Marco renovado, moderno e garantista, que recoñeza as especificidades dos profesionais sanitarios, respecte as competencias autonómicas e veña acompañado dos recursos necesarios: “Queremos unha norma que una o Sistema Nacional de Saúde, non unha que prolongue o conflito”.

Neste punto, recordou que a reforma proposta polo Goberno central non convence aos profesionais sanitarios, os cales levan meses mobilizándose, nin ás Comunidades, que son as que teñen as competencias e terán que aplicar finalmente a norma. E fixo mención ás consecuencias das distintas xornadas de folgas, as cales, tal e como informou, afectaron a preto de 300.000 actos asistencias en Galicia –5.919 cirurxías, 160.527 consultas hospitalarias, 93.111 consultas de atención primaria e máis de 18.313 probas-.

O DIÁLOGO, O ACORDO E OS FEITOS DO GOBERNO GALEGO
A deputada popular puxo en valor o “enorme esforzo” que Galicia está a facer para recuperar a actividade asistencial e reducir as esperar. E fixo fincapé en que, fronte á “imposición, confrontación e discursos” do Executivo central, o Goberno de Alfonso Rueda escolleu “diálogo, acordo e feitos”.

Para rematar, criticou a postura de BNG e PSdeG: “Para vostedes, os verbos escoitar, negociar e dialogar non está no seu ideario. Están máis cómodos co verbo impoñer”.

Ceuta non pode ser a fronteira esquecida de España

J.M. Barreiro

Ceuta é España e isto non admite matices, nin silencios, nin ambigüidades. Por iso, a entrada masiva de decenas de miles de persoas este verán non pode despacharse como un episodio máis da política migratoria. Foi unha invasión nunha fronteira española e puxo a proba a capacidade do Estado para protexer os seus cidadáns. E a conclusión é clara: cando a fronteira falla, falla o Estado.

Continue reading