Paula Prado lamenta o “sanchismo educativo” e os recortes dun Goberno central para o que Galicia é “a última prioridade”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, critica a “nula xestión” do Goberno de Pedro Sánchez e os seus socios, con “continuos recortes a Galicia, a súa última prioridade” en ámbitos como a educación, onde culpa ao “sanchismo educativo” dos últimos resultados do informe PISA, que amosan unha caída xeneralizada en España. Con todo, defende que Galicia mantén unha posición por riba da media de España e continúa sendo líder en equidade e igualdade de oportunidades, “grazas ao esforzo do Goberno galego, que aínda que hai tamén marxe de mellora, leva cinco anos avisando de que a LOMLOE socialista é unha lei “improvisada” e que traería enormes prexuízos para o sistema educativo e a mocidade.

Así o manifestou durante a rolda de prensa celebrada hoxe na sede autonómica do PPdeG, onde insistiu na necesidade de que Pedro Sánchez convoque Eleccións Xerais para poñer fin ao seu Goberno, “á deriva e en descomposición”, e darlle aos españois a oportunidade de decidir quen quere que estea a fronte das institucións. Tamén afeou aos socios independentistas do BNG que “non sexan capaces de deixar de apoiar este desgoberno”, posto que “lle preocupan máis os seus intereses partidistas que os dos galegos e galegas”. Lembrou que para os nacionalistas “é máis importante fortalecer alianzas cos herdeiros de ETA, Bildu, que defender o que importa a Galicia”, referíndose a recente reunión entre ambas formacións.

O DOBRE ESFORZO DO GOBERNO GALEGO

Para a número dous dos populares galegos, os recortes de Sánchez implican un “dobre esforzo” para o Goberno de Alfonso Rueda, que lidera unha xestión “seria, rigorosa e transparente” fronte as peticións non atendidas polo Executivo central e polo sanchismo, para o que Galicia “é a última prioridade”. “O Goberno socialista só fai recortar recursos, financiación e melloras a Galicia, mentres que outras comunidades como o País Vasco ou Cataluña saen beneficiadas constantemente”, lamentou.

Entre os recortes de Sánchez, destacou o modelo de financiamento autonómico de Sánchez, co que Galicia pasa a ser a penúltima comunidade peor financiada; o abandono na rede de infraestruturas viarias e os continuos problemas na rede ferroviaria ou as consecuencias da falta de médicos cun Estatuto Marco sanitario que “prexudica ás comunidades”.

Abundando xa na cuestión educativa, insistiu en que a LOMLOE é unha lei equivalente ao “sanchismo educativo”, un “fracaso para o sistema educativo, que non se merece España”. Neste punto, pregúntase se o Goberno quixo “facer trampas” co informe PISA, vendo “curioso” que Cataluña fixera trampas e se detectasen e que Castilla La Mancha suba 10 puntos “de repente”.

Prado lamenta que as consecuencias desta lei socialista “non as pague Sánchez, senón a mocidade”, como resultado da rebaixa da esixencia e o empeoramento do sistema. “Desde Galicia seguiremos defendendo unha educación de calidade na que se premie a cultura do esforzo, porque fronte ao “sanchismo educativo”, en Galicia non todo vale”, defendeu

Entre os problemas que causa esta normativa estatal, Prado cita a falta de recoñecemento ao esforzo académico, a desvalorización da autoridade do profesorado ou o incremento da burocracia no sistema”.

Tamén se referiu a falta de compromiso do Goberno de España con asuntos como a perda do programa de auxiliares de conversa, pola “irresponsabilidade e discrepancias” entre dous ministerios, que obrigaron a Galicia a deixar o programa ante unha multa millonaria e, para solventalo, Galicia asumirá un programa propio para apoiar o ensino plurilingüe. Así mesmo, fixo fincapé na necesidade de deseñar unha nova carreira profesional docente que prestixie a profesión, algo que o Goberno de Sánchez “non quere abordar con rigor”.

Fronte ás “trabas de Sánchez”, a secretaria xeral alaba as “medidas revolucionarias” do ensino galego, con iniciativas como o acordo sindical que está xerando unha mellora estrutural no sistema, recoñecendo tamén que queda “moito por facer xa que as necesidades van mudando co paso do tempo”. “É fundamental recoñecer, aplaudir e poñer en valor o que é o piar da educación: o persoal docente, e o  máis importante: que nenos e nenas, mozos e mozas, reciban a mellor educación en todas as etapas”, concluíu.

Millán Mon reclama una reforma urgente del Reglamento de Aguas Profundas para excluir al palangre de la prohibición de pesca de fondo

El eurodiputado del Partido Popular Francisco Millán Mon ha reclamado hoy una reforma urgente del Reglamento de Aguas Profundas para excluir al palangre de las restricciones a la pesca de fondo en las 87 áreas del Atlántico nororiental. Millán Mon ha realizado estas declaraciones durante la presentación en el Parlamento Europeo del informe técnico del proyecto ISPAMER sobre el impacto del palangre piedra-bola sobre los hábitats marinos del lecho marino.

El eurodiputado gallego recordó que el cierre de las 87 áreas, establecido mediante el Reglamento de Ejecución 2022/1614, es un problema que se arrastra desde hace cuatro años. “Cuando se aprobó este reglamento en 2022, muchos advertimos desde el primer momento de que se trataba de una medida equivocada y desproporcionada”.

Para Millán Mon es equivocada, ya que la normativa “no diferencia entre artes de pesca, entre arrastre y palangre”. Y es “desproporcionada” por la forma en que fueron diseñadas las zonas de prohibición: “Las áreas se diseñaron con brocha gorda, en lugar de con pincel fino, con unas zonas de amortiguamiento (buffer zones) enormes, innecesarias para artes fijas como el palangre”, explicó.

Millán Mon subrayó que el reglamento de 2022 ha tenido un impacto socioeconómico especialmente grave sobre la flota palangrera gallega, que faenaba en esas áreas a profundidades superiores a 400 metros. “Paradójicamente, esta prohibición ha perjudicado, en particular, a un segmento de la flota muy selectivo y con un impacto mínimo sobre el fondo marino”, lamentó.

En este sentido, destacó las conclusiones del informe técnico del proyecto ISPAMER. “Los datos son claros: de cada millón de anzuelos, únicamente 1,6, es decir, menos de 2, afectan a ecosistemas marinos vulnerables. El impacto es de 0,0016 por cada mil anzuelos. Claramente, se trata de un impacto mínimo, para nada significativo”, afirmó.

Millán Mon recordó que el Reglamento de Ejecución 2022/1614 ha sido recurrido ante los tribunales europeos, pero consideró que ya no se puede esperar más. “En mi opinión, y una mayoría en este Parlamento coincide con esto, no podemos esperar más y urge cambiar la normativa”, afirmó.

“Si no queremos que el palangre piedra-bola o semipelágico sea un arte abocado a la desaparición, la Comisión debe poner ya sobre la mesa una propuesta de reforma del Reglamento de Aguas Profundas”, demandó el eurodiputado popular. La supuesta ausencia de evidencias suficientes sobre el impacto de este tipo de palangre en los ecosistemas marinos vulnerables, para Millán Mon, ya no puede servir de justificación para retrasar la reforma.

“En el Parlamento Europeo estamos preparados para la reforma. Llevamos ya cuatro años desde que se aprobó el Reglamento de Ejecución y los pescadores no pueden esperar más”, concluyó Millán Mon.