Alberto Nadal denuncia que la política energética de Sánchez está lastrando la competitividad de la industria gallega

El vicesecretario de Economía y Desarrollo Sostenible del Partido Popular, Alberto Nadal, ha denunciado hoy que los ocho años de Gobierno de Pedro Sánchez han supuesto un importante retroceso para la industria española y gallega.

Durante una visita a una empresa de la provincia de A Coruña, Nadal, acompañado por el candidato de los populares al Senado, José Manuel Rey Varela, ha advertido de que el peso del sector industrial continúa cayendo y de que sectores estratégicos, como el de la automoción, están sufriendo las consecuencias de las decisiones del Ejecutivo. “La industria es fundamental para cualquier economía y no podemos permitir que siga perdiendo capacidad, inversiones y competitividad”, apuntó.

En esta línea, Nadal ha señalado que uno de los principales problemas es la política energética del Gobierno, especialmente la falta de inversiones en la red eléctrica. “Muchos proyectos industriales están abandonando España porque no tienen acceso a la red eléctrica que necesitan para desarrollar su actividad o ampliar sus instalaciones”, denunció.

El popular considera que esta situación es especialmente preocupante para Galicia y que, a su juicio, evidencia la falta de planificación del Ejecutivo. Nadal también ha criticado que se esté sustituyendo energía renovable barata por generación mediante gas, mucho más cara, lo que incrementa los costes de producción y perjudica directamente a las empresas.

PLAN DE INVERSIONES

Ante esta situación, el dirigente popular ha reclamado un plan de choque de inversiones en la red eléctrica que garantice el suministro, facilite el acceso a nuevas instalaciones y permita desarrollar los proyectos industriales pendientes. “No podemos permitir que empresas que quieren invertir, crecer y crear empleo tengan que marcharse a otros países porque el Gobierno no ha hecho los deberes en materia energética”, subrayó

Además, Alberto Nadal ha defendido tres medidas urgentes para proteger a las industrias electrointensivas: eliminar definitivamente el impuesto del 7 % sobre la generación eléctrica, garantizar que no tengan que asumir el 80 % de los peajes eléctricos y destinar al menos el 25 % de los derechos de emisión de CO₂ a apoyar a las industrias intensivas en consumo energético.

“Necesitamos que nuestras empresas puedan competir en igualdad de condiciones con las del resto de Europa. La industria necesita energía competitiva, inversiones y un Gobierno que esté de su lado, no que se convierta en un obstáculo para su futuro”, concluyó.

Alfonso Rueda amosa o seu apoio aos traballadores que sufriron os piquetes da folga do 11N e reivindica o “dereito a traballar”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, achegouse esta mañá a un dos comercios afectados polos piquetes que se viviron o pasado 11N coa convocatoria da folga xeral. Concretamente, foi a unha panadaría de Santiago de Compostela na que as afectadas, Marisa e Isabel, lle relataron o acontecido o pasado mércores.

O líder dos populares galegos, que amosou o seu apoio aos responsables deste comercio e a todos aqueles que sufriron a violencia dos participantes na folga, reivindicou que é “tan importante o dereito a folga como o dereito a traballar”. Condenou estes altercados e lamentando que “haxa partidos que apoien a aqueles que participan na folga e non respectan aos que deciden voluntariamente non participar”.

O Parlamento aproba a Lei de educación dixital de Galicia: “Unha norma equilibrada, garantista e baseada na evidencia científica”

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Lei de educación dixital de Galicia, unha norma “equilibrada, garantista e baseada na evidencia científica”, que busca “aproveitar as oportunidades que ofrece a transformación dixital” sen descoidar a protección dos nenos e dos mozos galegos.

“Unha lei que combina innovación con prudencia, oportunidades con garantías e transformación tecnolóxica con responsabilidade educativa”, subliñou o deputado do Grupo Parlamentario Popular Julio García Comesaña. “A tecnoloxía –apuntou- debe estar ao servizo da educación e nunca a educación ao servizo da tecnoloxía”.

“A transformación dixital ofrece oportunidades extraordinarias, pero tamén presenta riscos que ningún responsable público debería ignorar, como o ciberacoso, o acceso a contidos inadecuados, os riscos para a privacidade ou a desinformación”, sinalou. Por iso, fixo fincapé en que a Lei de educación dixital de Galicia non pretende regular unicamente os dispositivos ou plataformas que se utilizan hoxe en día, senón “establecer dereitos, deberes, garantías e mecanismos de protección” que orienten a educación dixital da nosa Comunidade durante os próximos anos.

OS PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS DA NORMA
Durante a súa intervención, ademais de destacar o “modelo de educación híbrida”, salientou os principios fundamentais que inspiraron a norma. Así, referiuse á protección dos menores, á equidade, á accesibilidade, ao respecto á privacidade, á fundamentación científica, á supervisión humana, á participación das familias e ao papel “insubstituíble” do profesorado: “Falamos dunha lei que establece garantías para afrontar con responsabilidade os desafíos do futuro, como a Intelixencia Artificial”.

Neste senso, remarcou como “unha das grandes fortalezas desta lei” a fundamentación científica: “Isto significa que as decisións non deben responder a modas, intereses comerciais ou simples preferencias ideolóxicas, senón ao coñecemento científico e á avaliación dos resultados”. Puxo en valor, tamén, as garantías de inclusión, de accesibilidade universal e de redución da fenda dixital; e dixo que a norma presta especial atención á identidade cultural e lingüística de Galicia, promovendo a presenza da nosa lingua nos recursos e contornos dixitais.

Con respecto ao principio de gradualidade, explicou que a norma adapta a utilización das tecnoloxías á idade, á madurez e ás necesidades do alumnado; e que establece, expresamente para a educación primaria, que o uso dos medios dixitais debe limitarse ás actividades nas que acheguen un especial beneficio pedagóxico.

Así mesmo, recalcou o papel do profesorado e das familias, “porque non hai transformación educativa posible sen contar con quen ten que desenvolvela diariamente”. E é que, tal e como apuntou, o profesorado debe dispoñer de formación, orientación e ferramentas adecuadas; e as familias deben ter información, participación e capacidade de acompañar os seus fillos neste proceso. A lei incorpora, igualmente, garantías específicas de transparencia, protección de datos e control humano.

UNHA LEI CONSTRUÍDA COA PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA
García Comesaña aproveitou, tamén, para facer fincapé no proceso de participación da norma, con preto de 900 achegas e opinións, e o intenso traballo con representantes de diferentes ámbitos da comunidade educativa –sindicatos, familias, universidades, asociacións profesionais, especialistas de diferentes disciplinas e o Consello Escolar de Galicia-. “Estamos ante unha lei elaborada cun amplo proceso de consulta, análise e participación social”, dixo.

O informe da ponencia recolle a aceptación directa de dúas emendas do BNG e de catro do Grupo Socialista, ás que se engade unha do Grupo Popular. E recolle, tamén, diferentes transaccións que se incorporaron ao texto.

Para rematar, lembrou que Galicia leva anos traballando na incorporación da tecnoloxía ao sistema educativo con programas como Abalar e E-Dixgal, coa planificación estratéxica da educación dixital, coa formación do profesorado e co desenvolvemento de novas ferramentas: “Agora damos un paso máis e pasamos dos programas e das estratexias a unha regulación estable dos dereitos, dos principios e das garantías”.
A FALSA PREOCUPACIÓN DO PSdeG POLA VIOLENCIA
Por outra banda, a deputada popular Raquel Arias afeou a proposición de lei do Grupo Parlamentario Socialista contra o acoso e a violencia dixital de Galicia, xa que, segundo apuntou, é “unha proposta absolutamente extemporánea”, por presentarse “no mesmo momento en que xa está aprobada en comisión a ponencia da Lei de medidas integrais contra o acoso e a violencia dixital de Galicia, a primeira que se fai en España e en Europa”.

O proxecto presentado polo Goberno galego entrou no Parlamento de Galicia a mediados de xullo deste ano e a proposición socialista está asinada en setembro. Unha proposición, incidiu, que “calca” o proxecto da Xunta no título, nos obxectivos e tamén nas medidas.

“Esta iniciativa é, en realidade, unha proposta pantalla do PSdeG para tratar de tapar as vergonzas do Goberno de Pedro Sánchez”, dixo Raquel Arias, quen recordou que o Executivo central “non foi quen de aprobar nin unha soa lei que realmente beneficiase ás mulleres”. Asemade, criticoulle aos socialistas galegos a súa falsa preocupación pola violencia dixital, coincidindo en campaña electoral, cando nas emendas aos Orzamentos para 2027 retiran 900.000 euros do Pacto de Estado para a Violencia de Xénero e, tamén, 800.000 euros para accións de promoción da igualdade e a prevención.