O PP propón eliminar os obstáculos que frean a traxectoria profesional e persoal das mulleres

O vicesecretario de Educación e Igualdade do PP, Jaime de los Santos, participou este domingo no “Café con futuro”, un acto organizado por Novas Xeracións de Vigo no que se deron cita o cabeza de lista por Pontevedra ao Congreso, Julio García Comesaña, e a presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, ademais das candidatas viguesas ao Congreso e ao Senado Irene Garrido, Mónica Domínguez e Montse Otero.

No acto, que tivo lugar no café Vitruvia, De los Santos subliñou que a igualdade está no foco da Reconstrución Nacional que propón Alberto Núñez Feijóo, con especial fincapé nas medidas para eliminar os obstáculos que frean a traxectoria profesional e persoal das mulleres, para traballar nos problemas reais que seguen limitando a libertade a as oportunidades e a revisión ou supresión de normas que xeraron inseguridade xurídica como a Ley Trans ou a libre autodeterminación rexistral do sexo. No acto, o dirixente popular tamén abordou as medidas para a mocidade no acceso á vivenda ou medidas fiscais como a supresión do pago do IRPF no primeiro ano laboral e unha redución significativa nos tres seguintes.