Santiago, 26 de outubro de 2020.- O Grupo Popular vén de rexistrar a súa proposta de plan de traballo para a Comisión non permanente especial de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19, que inclúe a solicitude de 47 comparecentes e máis de 90 informes ou documentos de distintas entidades públicas e privadas.
?O @ppdegalicia está a confeccionar unha lista de comparecentes equilibrada e factible para a Comisión de Reconstrucción,co equilibrio nos distintos ámbitos, económico,social,sanitario,educativo,cultural, da igualdade e con petición de informes aos distintos colectivos pic.twitter.com/91Gs1VWIkq
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) October 26, 2020
“O obxectivo é que pronto teñamos unha visión xenérica das grandes liñas de recomendación para que a Xunta, que sigue traballando e avanzando en solucións para paliar os efectos da pandemia, poida ter novos inputs e pulos a raíz desta comisión parlamentaria”, manifestou o portavoz popular, Pedro Puy.
“Tendo en conta todas as circunstancias e a necesidade de contar rapidamente coa opinión do máximo número de expertos e representantes da sociedade civil, desde o Grupo Popular presentamos unha lista de comparecentes equilibrada e factible, xunto cun listado de documentación complementaria, procurando o equilibrio entre as propostas nos ámbitos económico, social, sanitario, educativo, cultural ou da igualdade entre homes e mulleres”, sinalou.
Respecto da Conferencia de Presidentes celebrada esta mañá sobre o reparto dos fondos europeos para a recuperación económica e social da Covid-19, Pedro Puy destacou que a Xunta presentou máis de 100 proxectos, que suporán unha mobilización de máis de 9.400 millóns de euros.
Neste sentido, demandou que estes proxectos “sexan avaliados por concorrencia competitiva e sen arbitrariedade, deben ser viables e que garantan a súa proxección de futuro, e todo iso tendo en conta que os fondos deben permitir unha recuperación equilibrada entre as rexións europeas, para o que deben ter en conta aspectos como a demografía, a renda per cápita ou a dispersión da poboación”.
▶️Pedro Puy sinala compartir a necesidade expresada por @FeijooGalicia de que os proxectos para captar os fondos europeos deben ser avaliados con certa concurrencia competitiva, que garantan proxección futura, e teñan en conta a recuperación equilibrada entre as rexións europeas pic.twitter.com/hy7EbuXuDu
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) October 26, 2020
SEN MODIFICACIÓN DA LEI DE SAÚDE PÚBLICA
A preguntas sobre a declaración do Estado de Alarma, o portavoz popular lamentou que “chegamos a este punto porque non se fixo o que se quedara en facer”, en referencia á modificación da Lei de Saúde Pública anunciada en varias ocasións tanto polo presidente Pedro Sánchez como pola vicepresidenta do Goberno central.
?️O Goberno declara o estado de alarma simplemente porque non se fixo o que se quedara en facer nos últimos meses, Pedro Puy sinala que había unha alternativa que era a tramitación de reformas legais que permitisen actuar ás CCAA @ppdegalicia pic.twitter.com/DITVwbAfiq
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) October 26, 2020
Deste xeito, Puy sinalou que esta modificación da lei orgánica “é a opción máis axeitada para loitar contra as consecuencias sanitarias da pandemia”, polo que avogou por levar adiante este procedemento porque “a pandemia non vai rematar nun período curto de tempo”.