Skip to content

Feijóo: “A Galicia que imaxinou o Presidente Albor era a Galicia de hoxe: próspera, inclusiva e con sentidiño”

07, setembro, 2018. O presidente Alberto Núñez Feijóo destacou hoxe, na homenaxe que os populares galegos renderon a Xerardo Fenández Albor polo seu 101 aniversario, que “a Galicia que imaxinou o Presidente Albor era a Galicia na que vivimos hoxe: unha terra próspera, unha terra inclusiva, unha terra que practicara o autogoberno coa receita do sentidiño que el tanto preconizou”. E foi ese “sentidiño” nos primeiros pasos da autonomía de Galicia o que nos converteu no que somos hoxe: “unha comunidade que reivindica o seu sen complexos, pero con respecto e lealdade”.

Durante o acto, que tivo lugar no parque de San Domingos de Bonaval, lugar onde Albor tomou posesión como presidente da Xunta por primeira vez, Feijóo agradeceu a “xenerosidade” dos familiares por compartir con todos os galegos “a biografía dun home excepcional”. “Hoxe, no pensamento e no sentimento da maioría dos galegos hai un pouco de Xerardo Fernández Albor”, engadiu.

 

O líder dos populares galegos recordou que dous dos atributos dos partidos fortes son a capacidade e a calidade dos seus equipos humanos e o coñecemento e o respecto á Historia das súas siglas, polo que persoas como Fernández Albor son as que fan a historia do noso partido, por defender o proxecto, engrandecer o ideario político e por traernos ata onde estamos. Dixo tamén del que exerceu o seu cargo coa “humildade, a prudencia e a afabilidade que sempre o caracterizou”.

 

Recordou que, tal día como hoxe de 1978, Albor facía 61 anos e a Constitución Española, que afrontaba as fases finais da súa tramitación parlamentaria, abría unhas posibilidades inéditas de autogoberno para Galicia: “Albor ben podía ter presenciado estes acontecementos como espectador, pero un home da súa talle preferiu asumir un papel protagonista na gran transformación que Galicia tiña por diante”. “Chegou –engadiu- a unha Xunta na que todo estaba por facer e deixounos os cimentos sobre os que se constrúe a totalidade do edificio do autogoberno constitucional e estatutario de Galicia”.

 

Afastado de ideoloxías excluíntes, foi o presidente que defendeu que Castelao debía repousar en Galicia; quen apadriñou unha Lei de Normalización que se apoiou “nese amor común que os galegos sentimos pola nosa lingua, para que esta non fose xamais instrumento de ruptura, senón de unidade”; e quen tamén tivo un papel clave no deseño da radio e da televisión autonómica ao servizo da difusión da nosa lingua e cultura. Durante a súa etapa de goberno, naceron tamén institucións tan importantes como o Consello da Cultura Galega, o Valedor do Pobo, a Lei de símbolos e a Lei que regula as eleccións ao Parlamento de Galicia. 

 

AS TRES LECCIÓNS DO PRESIDENTE ALBOR

O presidente do PPdeG salientou tres das leccións que nos ensinou un dos “líderes máis grandes da nosa historia”. Neste senso, indicou que o obxectivo de calquera político debe ser abrir espazos de consenso e tecer novos lazos entre os cidadáns e así foi como Fernández Albor deseñou un galeguismo inclusivo, no que coubésemos todos os galegos e no que non quedase fóra ninguén. “Sobre os piares do galeguismo de Albor e Fraga, que pon Galicia por riba de calquera ideoloxía, é sobre o que constrúe o Partido Popular de Galicia o seu edificio político”.

 

A segunda das leccións consiste en saber encaixar os golpes e aprender deles, algo do que Albor tamén deu exemplo: “Lonxe de supoñer un punto e final para a súa carreira política, o acontecido en 1987 valeulle para poñer toda a súa experiencia, o seu talento e o seu talante para seguir percorrendo o camiño do servizo público”. E, por último, que Galicia ten moito que dicir na construción dunha Europa mellor: “Somos europeos porque somos galegos, somos españois porque somos galegos e sermos galegos significa precisamente asumir con orgullo esta tripla identidade”.

 

“Os libros dirán que a luz do Presidente Albor se apagou para sempre aquela madrugada do 12 de xullo deste 2018. Nós diremos que non é así, pois o faro da súa vida, da súa obra e do seu pensamento seguirá iluminando o noso rumbo para sempre”, finalizou Feijóo.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies