Skip to content

O PPdeG avoga polo consenso para continuar desenvolvendo a Lei de igualdade de trato e non discriminación das persoas LGTBI

Santiago, 11 de xullo de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo avogou hoxe no Parlamento por manter “o consenso que conseguimos coa Lei pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais de Galicia, e continuar desenvolvendo esta norma para seguir avanzando todos xuntos na mesma dirección”. Neste sentido, apuntou que as proposicións de lei defendidas pola oposición sobre a identidade de xénero “non contan co consenso de todas os colectivos, pois algunhas das entidades transexuais non se senten identificadas e se desmarcan totalmente desta proposta”.

Rodríguez-Vispo iniciou a súa intervención no Pleno “deixando patente o compromiso expreso do PPdeG na defensa da igualdade de dereitos de todas as persoas, calquera que sexa a súa orientación ou identidade sexual, e o noso rexeitamento e explícita condena de calquera forma de discriminación, acoso ou trato desigual que veña motivado polas preferencias sexuais de cadaquén”.

 

“Ambas cuestións, a defensa da liberdade e a igualdade das persoas, e o noso compromiso con todas elas, quedou plasmado na Lei 2/2014 do 14 de abril pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia, que se aprobou neste Parlamento acadando un gran consenso entre as forzas políticas e convertendo a Galicia na primeira comunidade autónoma que lexislou sobre esta materia una lei que defende a igualdade e non discriminación do colectivo de transexuais en Galicia”, sinalou.

 

LOGRO COLECTIVO

A deputada popular destacou que esta lei “foi un logro colectivo das asociacións, plataformas e fundacións LGBTI galegas, das institucións que participaron na súa elaboración e da sociedade no seu conxunto”, polo que afirmou que “en Galicia xa dispoñemos dunha lei para desenvolver plans de acción e estratexias para cumprir os dereitos das persoas trans”.

 

Marta Rodríguez-Vispo manifestou que logo dunha análise do texto legal que propoñen os grupos da oposición sobre a identidade de xénero “revélase que incorpora propostas que xa se están a desenvolver”. En concreto, citou o protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero, “que se fixo dialogando coas asociacións e contou directamente coa colaboración das partes directamente implicadas, como foi neste caso a Asociacións de familias con menores trans (Arelas)”.

 

“Respecto dos plans e contidos educativos que propoñen no texto lexislativo, a Consellería de Educación xa incluíu estes criterios no deseño curricular de primaria e secundaria, ao tempo que se favoreceu a visibilización das persoas trans no propio calendario escolar”, concretou.

 

Así mesmo, a deputada popular asegurou que o Goberno galego “pretendeu concienciar e sensibilizar a toda a sociedade, especialmente aos rapaces e rapazas, en conceptos como a pluralidade, a diferenza e o respecto á diversidade sexual, tendo presente que as nenas e os nenos galegos son o futuro e ensinarlles a ver con normalidade as persoas trans garantirá que a sociedade galega actúe con normalidade e sexa máis integradora nos próximos anos”.

 

UNIDADE PIONEIRA

Entre as medidas adoptadas no ámbito sanitario, Marta Rodríguez-Vispo recordou que o Consello da Xunta xa aprobou a pasada semana a creación dunha unidade pioneira de apoio e acompañamento a persoas transexuais, co obxectivo de despatoloxizar a transexualidade e introducir unha política sanitaria no trato destas persoas, cunha mirada transpositiva que garanta o respecto á identidade de xénero e o acceso ao sistema sanitario de acordo co nome sentido”.

 

“Trátase dunha unidade de uso facultativo e non obrigatorio por parte dos usuarios, xa que cada persoa transexual pode ser atendida polo seu pediatra ou médico de atención primaria no seu centro médico ou hospital de referencia, atendendo ao criterio dunha atención de máxima proximidade”, apuntou.

 

Por último, Rodríguez-Vispo destacou que en 2016 se asinaron os primeiros convenios de colaboración con catro asociacións de persoas LGBTI para o fomento de actividades de promoción e defensa dos seus dereitos e intereses. “Tanto desde este grupo parlamentario como desde o Goberno galego queremos falar con todas as entidades, pero se algunha destas asociacións se quere arrogar a representatividade de todas, en iso non estamos de acordo”, indicou.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies