Skip to content

Tellado asegura que en Galicia si é posible manter a estabilidade para que continúen os avances

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, e a vicesecretaria de acción electoral, Luisa Piñeiro, ofreceron hoxe unha rolda de prensa para presentar as liñas xerais da campaña das vindeiras eleccións autonómicas.

Nela presentouse o lema de campaña, que será “En Galicia si”. Tellado explicou que con el quérese salientar que o voto á candidatura de Feijóo é o único capaz de evitar os bloqueos, vetos e liñas vermellas que predominan na política nacional: “En Galicia si queremos ter un goberno forte, porque sabemos que a estabilidade política é un factor fundamental para ter resultados positivos para o noso país”, resumiu Tellado.

 

Deste xeito, o número dous dos populares galegos exemplificou que en Galicia si levamos once trimestres consecutivos de crecemento porque en si temos un goberno unido cun Plan Estratéxico definido ou que na nosa comunidade si se están reformando a metade dos centros de ensino público este verán porque si houbo fondos adicionais por cumprir cos obxectivos de déficit.

 

Así mesmo, salientou que en Galicia tamén se puido baixar o IRPF e suprimir o imposto de sucesións ao 99% dos contribuíntes porque “en Galicia si hai un goberno solvente que foi capaz de ser o que menos incrementou a débeda nestes anos”, ademais de que aquí si temos as taxas universitarias máis baixas do Estado e transporte interurbano gratuíto para a mocidade “porque en Galicia si que crecemos con bases sólidas como os récords de exportacións ou de turistas”.

“Mentres en España segue o ‘no es no’, nós dicimos que ‘En Galicia si’”, concluíu o secretario xeral do PPdeG, poñendo en valor que a cidadanía galega coñece as vantaxes e os resultados de ter contado cun goberno estable durante estes anos.

“En Galicia si temos na man asegurarnos un goberno responsable e evitar caer nas mans de políticos irresponsables como ocorre no ámbito nacional”, destacou Tellado.

O secretario xeral do PPdeG expuxo tamén o logotipo que acompañará a este lema, un ‘Feijóo’ co mapa de Galicia substituíndo á primeira o do apelido do candidato. “Un Feijóo co acento en Galicia”, sinalou Tellado, remarcando que “contra o que algúns prognosticaban e mesmo desexaban” Feijóo puxo Galicia primeiro e “segue en Galicia para evitar que caia nunha crise política” despois de sacala da crise económica.

O número dous dos populares galegos puxo en valor a un Feijóo “que leva Galicia dentro” e que “demostra que en Galicia si foi posible mellorar e cree que en Galicia si é posible seguir avanzando”.

UNHA CAMPAÑA “POSITIVA” QUE SÓ PODE FACER O PPDEG
A vicesecretaria de acción electoral do PPdeG, Luisa Piñeiro, explicou que o PPdeG levará a cabo unha campaña con dúas características fundamentais “positiva e a pé de rúa”.

 

Piñeiro referiuse ao éxito acadado cunha mensaxe positiva nas últimas eleccións xerais e á boa acollida dos actos de rúa desenvolvidos nesa mesma campaña e tamén nos últimos meses polo propio candidato a través do ‘Faladoiro’.

 

“Revalidar o goberno de Galicia non vai ser doado pero é posible se conseguimos unha alta porcentaxe de participación entre as persoas que maioritariamente queren para Galicia un goberno estable e non un lío ingobernable”, destacou Piñeiro, para o que comprometeu unha campaña activa e intensa.

Así, formulou unha axenda que terá o seu primeiro fito o sábado 10 no tradicional mitin da praza de touros de Pontevedra e que dende entón se comporá dunha mestura de mítines con actos sectoriais, encontros con colectivos e xantares e paseos de contacto directo coa rúa.

En canto á mensaxe, a vicesecretaria salientou que “somos os únicos que podemos saír en positivo” ao ser a única forza que conta cun balance, xa que PSOE e BNG “aínda se avergoñan” do seu paso pola Xunta e as Mareas “defraudaron” coa súa xestión nas cidades.

Neste sentido, anunciou que contar con todos os conselleiros nas listas facilitará divulgar este balance e facer unha campaña “a varios niveis” complementando os actos do candidato cos dos conselleiros, dos distintos cabezas de lista, do secretario xeral e do voceiro parlamentario.

Respecto aos rivais, Piñeiro sinalou que, ao carecer de balance e dun programa realista, “só poden saír a criticar e a descualificar, como xa están facendo”.

Nesta liña, Tellado indicou que “nós non saímos a contra, entre outras cousas porque non saberíamos en contra de quen”, xa que enfronte só atopamos “un lío de partidos que non se entenden nin dentro deles, nin entre eles nin moito menos entenden Galicia”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies