Santiago, 8 de outubro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se esixe ao Goberno de España que cumpra co cofinanciamento do 50 por cento da Lei de dependencia para que a participación da Xunta de Galicia e do Goberno central sexa equitativa.
?️Financiamento Lei de Dependencia en Galicia:
?Xunta: 76% 291M€
?Goberno do estado: 24% 92M€
O que impide incorporar o 100% das persoas e aumentar a cuantía das prestacións , @pazos_alberto defendeu iniciativa @ppdegalicia para que o Estado cumpra co 50% do cofinanciamento pic.twitter.com/UJvOoupK3b— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) October 8, 2020
“A realidade é que mentres non se alcance o nivel de financiamento previsto polo Goberno de España, a Lei de dependencia non poderá despregar todos os seus efectos”, sinalou o deputado popular Alberto Pazos.
Así mesmo, o Grupo Popular aceptou incorporar a esta proposición non de lei parte dunha emenda presentada polo BNG, e que solicita ao Goberno central que pague a contía adebedada a Galicia desde a entrada en vigor da Lei de dependencia, ao tempo que insta á Xunta de Galiza a adoptar as medidas necesarias para reducir a listaxe de agarda e o tempo de tramitación dos expedientes relativos á Lei de dependencia até cumprir cos prazos máximos establecidos na lexislación vixente.
Na súa intervención na Comisión 5ª, Pazos afirmou que “desde a chegada de Feijóo á Presidencia da Xunta, o compromiso do Goberno galego coa dependencia ten sido incuestionable e, sen dúbida, conforma un dos eixos centrais da política social do PPdeG, o que motivou a súa inclusión na Axenda Galicia como demanda prioritaria ao Goberno de España”.
GALICIA MULTIPLICOU POR CATRO O ORZAMENTO
En concreto, subliñou que nestes últimos dez anos en Galicia cuadriplicouse o orzamento e o número de persoas con dependencia atendidas, superando o obxectivo de 60.000 dependentes atendidos dous anos antes do previsto inicialmente.
Porén, o deputado popular lamentou que “a gran eiva da Lei de dependencia desde a súa aprobación en 2006 é a falta de compromiso do Goberno de España para aportar o 50 por cento do financiamento comprometido na propia normativa”. Pazos sinalou que “na actualidade a Xunta está a investir o triplo que o Goberno central na atención á dependencia” e apuntou que esta falta de aportación por parte do Goberno de España “impide o cumprimento de dous obxectivos esenciais: incorporar á totalidade das persoas con dependencia e aumentar a contía das prestacións”.
PLAN DE CHOQUE SEN DOTACIÓN ECONÓMICA
Alberto Pazos lembrou que o Goberno central anunciou hai escasas datas un plan de choque en dependencia, “incorrendo novamente no pecado orixinal da Lei de dependencia: crear expectativas sen dotar de orzamentos”.
Deste xeito, incidiu que “constatouse así que o Goberno de España enganou unha vez máis ao BNG incumprindo outro dos compromisos subscritos no pacto de investidura de Pedro Sánchez”, polo que o deputado popular cuestionou “se Pedro Sánchez é o que está enganando ao BNG ou é o propio BNG o que está enganando aos galegos”.