Skip to content

Feijóo fixa como prioridade o apoio ás familias e unha Estratexia contra a soidade non desexada

O candidato á Presidencia do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou a política social dos populares galegos e comprometeu máis apoio ás familias. Así o indicou na Xunta Directiva provincial do PP de Ourense, na que presentou o proxecto político da súa candidatura ao 17º Congreso autonómico, un conclave que estará baseado nas propostas e nas ideas.

 

Alí, sinalou que o seu partido non vive do pasado, senón da xestión do presente e da construción de proxectos de futuro para cada territorio, aseverando que entre o máis importante que queda por construír está o sistema de servizos públicos para atender á nosa sociedade, xa que son sempre unha obra inacabada.

 

Sobre isto, puxo en valor os importantes recursos postos en marcha para paliar os efectos da pandemia, como os anticipos dos cartos ás persoas que aínda non cobraran os ERTE, a aprobación da maior orde de axudas da nosa historia para entidades de inclusión social ou a posta en funcionamento da Tarxeta Básica.

 

Así mesmo, explicou que os populares sempre trasladan a súa acción política ao fomento dunha sociedade cohesionada, co obxectivo de que ningún galego se sinta esquecido polos demais. Este é o cerne dunha política social que mereza ese nome: acompañar ao que sofre, para que deixe de facelo; e axudar a quen o necesita, dando as ferramentas para que esa axuda deixe de ser necesaria.

 

De feito, incidiu en que un dos grandes proxectos de futuro é a Estratexia contra a soidade non desexada e lembrou que contamos cunha rede magnífica de servizos postais, pequeno comercio e entidades sociais que chega a cada recuncho de Galicia, podendo ser útiles a moitas persoas e tamén para que a Administración poida chegar a todas elas. “Trátase de aproveitar a nosa idea de Comunidade e poñela ao servizo da nosa política social”, engadiu.

 

Ademais, recalcou que apoiar aos que sofren as consecuencias económicas da pandemia tamén é darlle ferramentas útiles para saír desa situación. Por iso, seguirán apostando por un sistema de axudas que favorezan a inserción laboral, traballando para que a Risga sexa un apoio nun momento de dificultade e defendendo xestionar o Ingreso Mínimo Vital desde Galicia, para resolver as deficiencias que o Goberno non solucionou.

 

APOIO A TODAS AS FAMILIAS

Igualmente, Feijóo afirmou que no PPdeG saben que a familia ten que ser a medida da súa acción política, polo que continuarán apoiando a todos os tipos: ás numerosas, tanto con axudas económicas como con máis beneficios fiscais; ás reconstituídas, ás que tamén queren facilitar a mediación nos procesos de custodia compartida; ou ás monoparentais, para as que aprobarán o Primeiro Plan de Apoio da nosa historia.

 

Consciente de que o Reto Demográfico é un dos maiores desafíos, manifestou que seguirán ao carón de aqueles que queiran ser pais con máis medidas de apoio á natalidade, como a ampliación da Tarxeta Benvida; con máis conciliación, mellorando recursos xa existentes como as escolas infantís, as ludotecas ou as Casas Niño; ou co compromiso adquirido de ampliar a gratuidade das Escolas Infantís de 0 a 3 anos para todos os nenos -non só para os segundos fillos e sucesivos, como ata agora-, unha medida para cuxo financiamento se pedirá a implicación do Executivo central.

 

Segundo subliñou, todo isto tamén implica, en moitas ocasións, axudar ao coidado dos nosos maiores. Nese senso, destacou medidas como o novo modelo de residencias no que están a traballar e que rexerá a atención do futuro; o reforzo do Sistema de Axuda no Fogar, que foi clave nestes meses; ou as Casas do Maior, que se multiplicarán por catro neste 2021 e coas que se pretende chegar a todas as parroquias as necesiten.   

 

De igual modo, precisou que seguirán mellorando o sistema de Atención á Dependencia porque, para os populares, non é suficiente con ter multiplicado por máis de catro os beneficiarios desde 2009 nin con que Galicia faga o esforzo de sufragar o 76% do custe do sistema -debería ser a medias co Goberno central-. Neste sentido, remarcou que seguirán traballando para axilizar as valoracións, para simplificar os trámites administrativos e para continuar esixindo un reparto xusto do financiamento do sistema.

 

UN PARTIDO QUE PENSA EN GALICIA

Tras resaltar que as súas son propostas reais “para unha Galicia real”, o candidato insistiu en que a razón de ser do PPdeG é a de defender os intereses do galegos, resolver os seus problemas e deseñar a Comunidade do futuro.

 

Pola contra, admitiu que isto non o poden dicir os que pensan na nosa Autonomía baixo a bandeira do nacionalismo, querendo copiar o modelo dos independentistas vascos e cataláns. Feijóo recoñeceu que isto pode beneficiar a uns cantos políticos que levan anos vivindo comodamente nun escano do Parlamento, pero que non interesa nada aos galegos de a pé.

 

Do mesmo xeito, asegurou que tampouco pensan na Comunidade aqueles cuxo único proxecto é dar por bo o que di Pedro Sánchez e os seus ministros. Ante isto, lamentou que o PSdeG aplauda cando o presidente do Goberno discrimina a Galicia en todos e cada un dos repartos de fondos dos últimos meses; cando ataca a nosa industria forestal, naval, marítima, ou do automóbil; cando ten paradas infraestruturas e competencias clave para a nosa terra; e cando di que a nosa Lei de Pandemia non é válida e que hai que suspendela, malia que os socialistas das Illas Baleares cópiana e aplícana.

Noticias recomendadas

O PPdeG considera que o novo pronunciamento de Europa sobre Altri deixa en evidencia ao BNG e á esquerda: “Seis veces preguntaron e seis veces dixéronlles que non hai incumprimento”
Os eurodeputados do Partido Popular de Galicia, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, celebran o novo pronunciamento da Comisión Europea sobre o a futura biofábrica de fibras téxtiles de Altri
O PPdeG animará aos concellos a sumarse ao Pacto pola lingua e así “construír un acordo social para trazar o mellor futuro para o galego”
O Partido Popular de Galicia presentará a través dos seus grupos municipais unha moción para que os concellos se animen a formar parte do Pacto pola lingua e que así
O PPdeG elixe o lema ‘Non é cousa de cores’ para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O Partido Popular de Galicia elixe o lema Non é cousa de cores para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o próximo 25 de novembro, poñendo o
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies