Santiago, 21 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe os orzamentos da Xunta para 2022, unhas contas “expansivas, sociais e axeitadas á incerteza da situación actual, dirixidas a fomentar o investimento das empresas e das familias, e favorecer a recuperación social e económica”, manifestou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy.
?Aprobar os #orzamentos2022 en sí mesmo é unha boa noticia, son uns bos orzamentos, expansivos, sociais e axeitados a incerteza da situación, para seguir crecendo como antes da pandemia en PIB per cápita e benestar, sinala Pedro Puy @ppdegalicia pic.twitter.com/mclbXJEVXZ
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) December 21, 2021
Na súa intervención, Puy sinalou que “as liñas xerais dos orzamentos son as correctas: son expansivos tanto polo lado do ingreso como do gasto, cun endebedamento contido; e, ao longo do procedemento de aprobación, fomos eficientes para que as novas circunstancias derivadas da pandemia da Covid-19 tivesen acollida”.
?️Poucas veces este debate orzamentario tivo lugar nun escenario tan complexo, tan suxeito a cambios, tan asimétrico, nun momento que esixe moita responsabilidade porque nos estamos xogando vidas, e as do futuro, comeza Pedro Puy no debate dos #orzamentos2022 no @Par_Gal pic.twitter.com/8DRxov1IsD
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) December 21, 2021
RECORTE NO PAGO DE XUROS
Pedro Puy salientou que son os orzamentos “máis altos da historia de Galicia, que destinan máis de 8.600 millóns de euros a políticas sociais, unha cifra que supera o total dos presupostos da Xunta do ano 2013”. “O único recorte que levan estes orzamentos é o pago dos xuros da débeda”, asegurou.
Sobre esta cuestión, o viceportavoz popular, Miguel Tellado, incidiu que, respecto ao 2021, “o gasto social se incrementa en 610 millóns de euros: hai 269 millóns máis para sanidade, 179 para educación, 126 para políticas sociais e 37 para emprego”.
Respecto das emendas presentadas polos grupos da oposición aos orzamentos, tanto Pedro Puy como Miguel Tellado criticaron que “presentan as mesmas emendas ano tras ano”, En concreto, no caso do BNG repetiu 31 das 35 emendas, e no PSdeG foron 60 de 69 emendas. “Da igual que os problemas e as necesidades da sociedade galega cambien, porque a oposición volve co mesmo de sempre todos os anos”, dixo Tellado.
LEI DE ACOMPAÑAMENTO
Así mesmo, o Pleno do Parlamento galego aprobou a Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos da Xunta, a través da que se fai unha rebaixa xeneralizada do importo sobre a renda, priorizando o esforzo nas rendas medias e baixas; amplíanse as deducións por acollemento familiar; créase a nova categoría de facultativo especialista de atención primaria; e introdúcense medidas de compensación ante a alteración extraordinaria de prezos dos materiais nos contratos de obra pública.
A viceportavoz popular, Paula Prado, lamentou que “intentamos durante a tramitación deste proxecto de lei unha última transacción no ámbito eólico co fin de facilitar o acceso a enerxía barata e verde para as empresas electrointensivas, coa introducción na lei do modelo de iniciativas empresariais prioritarias no sector eólico aquelas que supoñan, ademais de xeración de emprego, un investimento mínimo dun millón de euros onde o destino final da enerxía eléctrica producida sexa o abastecemento da industria galega”. Porén, a oposición negouse a impulsar que se fixeran parques eólicos vinculados a empresas electrointensivas”.