Santiago, 27 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia celebrou no que se leva desta XI lexislatura 480 reunións dos seus órganos, superando as 1.263 horas de traballo en pleno e comisións.
?O traballo cuantitativo se mantén e hai un traballo cualitativo moi importante relacionado coa reactivación económica,sanitaria e social do país, é importante que nun momento de pandemia o @Par_Gal esté funcionando con este número de horas, iniciativas e lexislación, Puy? pic.twitter.com/B6Wi4Dh35T
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) December 27, 2021
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou que a situación de pandemia sanitaria derivou nunha maior actividade das reunións das comisións relacionadas coa recuperación da economía, a aprobación dos orzamentos e todo o relacionados coa sanidade e a atención social.
Acompañado do viceportavoz, Miguel Tellado, Pedro Puy desculpou a ausencia da outra viceportavoz Elena Candia, xa que asistiu ao enterro do concelleiro do PPdeG en Lugo, Manuel López, falecido o pasado sábado. Puy trasladou as condolencias á familia e aos amigos polo pasamento “dunha persoa traballadora e leal con todos os seus amigos e coñecidos”.
?Voltamos a ser o @Par_Gal que máis tempo adica a debates en Pleno 428 horas de debates, mais que o Parlamento de Cataluña, que o Parlamento Vasco ou outros parlamentos, en total 1.263 horas de sesións incluídas as 835 horas de traballo en comisións pic.twitter.com/GHtdQOCvS0
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) December 27, 2021
Centrándose no balance da actividade parlamentaria, o portavoz popular salientou que se levan celebrado nesta XI lexislatura un total de 480 reunións dos seus órganos, destacando as comisións de Economía, Facenda e Orzamentos (102); de Sanidade, Política Social e Emprego (43) e de reactivación económica, social e cultural de Galicia (30).
En total, as comisións sumaron máis de 835 horas de traballo, o que sumado ás 428 horas de duración das 37 sesións plenarias celebradas fan un total de 1.263 horas de actividade parlamentaria nesta lexislatura. Esta cifra de tampo supón “que o Parlamento galego reuniuse en sesión de pleno ou comisión cada día 2 horas e 35 minutos”, ademais de toda a actividade que realizan os deputados e técnicos para a preparación destas sesións.
No que respecta ao apartado lexislativo, Pedro Puy destacou que se levan aprobadas 19 leis nesta lexislatura, das que 12 foron proxectos de lei e 7 proposicións de lei. Neste sentido, lamentou que os grupos da oposición “votaran en contra de todos os proxectos lexislativos remitidos polo Goberno galego, a excepción da reguladora da acción exterior, na que se abstivo o BNG; e a do Plan galego de estatística 2022-2026, na que se abstiveron os dous grupos da oposición”.
“BNG e PSdeG tampouco apoiaron á aprobación das proposicións de lei impulsadas polo Grupo Popular como a reforma da Lei de saúde de Galicia; a de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica; ou a de recuperación da terra agraria”, lembrou o portavoz popular, quen salientou a aprobación por unanimidade das tres proposicións de lei relacionadas coa igualdade de xénero: a de violencia vicaria, a de violencia dixital e a de igualdade no ámbito universitario e da investigación.
CONTROL E IMPULSO AO GOBERNO GALEGO
?️Das iniciativas de impulso aprobadas en Pleno o 39% o foron a iniciativa da oposición e a metade foron aprobadas por unanimidade dos tres grupos,o que da idea da capacidade de chegar a acordos políticos no @Par_Gal,en Comisión o 66% destas iniciativas de impulso foron aprobadas pic.twitter.com/3fdlyAw0IN
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) December 27, 2021
Sobre a actividade de control e impulso ao Goberno galego, Puy explicou que os membros do Goberno galego realizaron en Pleno 385 comparecencias, respostas a preguntas ou interpelacións; ao tempo que se fixeron 229 mocións ou proposicións non de lei. A media de puntos na orde do día de cada sesión plenaria superou as 16, cunha porcentaxe do 75 por cento a cargo da oposición.
?️O 37% de iniciativas no Pleno son de impulso e o 63% de control “e de todas, o 75% son a iniciativa da oposición”, lonxe de dicir que a oposición non ten capacidade de control e da capacidade de iniciativa que tiña a oposición no período previo a @FeijooGalicia sinala Puy pic.twitter.com/I1d5wydojA
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) December 27, 2021
Ata o de agora, aprobáronse 83 proposicións non de lei en Pleno, das que case o 40 por cento foron a iniciativa da oposición e a metade saíron adiante por unanimidade. Estas cifras increméntanse en comisión ata superar o 66 por cento das proposicións non de lei aprobadas por unanimidade e o 45 por cento as aprobadas a iniciativa da oposición.
?A Cámara cumpre o seu cometido de control, en Comisión 7 de cada 10 preguntas foron formuladas pola oposición e se sumamos plenos e comisións todos os días sae unha presenza de dous membros do Goberno da @Xunta para ser sometidos a control do @Par_Gal pic.twitter.com/w3RDUcnMSE
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) December 27, 2021
No apartado de control ao Goberno galego, Pedro Puy subliñou que, sumando as presenzas en pleno e comisión, resulta unha media de case dúas comparecencias ou respostas de responsables da Xunta cada día desta XI Lexislatura.
Consulta o informe sobre a actividade na XI lexislatura aquí