Santiago, 18 de xaneiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España unha liña de actuación específica destinada a paliar o impacto da suba do prezo da enerxía eléctrica nas empresas da industria do mar, ao tempo que se pide á Xunta que manteña as axudas destinadas a empresas de transformación e acuicultura para proxectos de mellora da eficiencia enerxética.
? O Parlamento galego asume por unanimidade a iniciativa do @ppdegalicia na que se demanda ao Goberno central medidas para paliar o impacto da suba da luz na industria do mar pic.twitter.com/W3iGKbeM5J
— Jose Manuel Balseiro (@BalseiroLugo) January 18, 2022
O deputado popular, José Manuel Balseiro, lembrou que a factura da luz de 2021 incrementouse un 41 por cento respecto a 2020, “poñendo contra as cordas a economía das familias, a rendibilidade das empresas e dos autónomos, pero especialmente daquelas industrias que teñen unha alta dependencia do consumo de electricidade, como son as empresas de transformación de produtos pesqueiros e de acuicultura”.
SITUACIÓN COMPLICADA ACENTUADA
Neste sentido, apuntou que “a problemática da factura eléctrica acentúa a complicada situación que xa estaban a sufrir moitas destas empresas como consecuencia do impacto da pandemia”, polo que lamentou que, “nun momento no que é preciso impulsar a recuperación social e económica tras o efectos da Covid-19, a falta de reacción do Goberno central para controlar o prezo da luz ameaza ás industrias do mar”.
Nun momento no que é preciso impulsar a recuperación social e económica tras o impacto da Covid-19, a falta de reacción do Goberno central para controlar o prezo da luz ameaza especialmente ás industrias do mar: empresas frigoríficas, depuradoras de bivalvos pic.twitter.com/FI34P6SYGY
— Jose Manuel Balseiro (@BalseiroLugo) January 18, 2022
“As empresas do sector mar-industria de Galicia solicitan adoptar medidas inmediatas para atallar a escalada da luz, propiciar que a factura volva a uns valores normais e garantir no presente e no futuro que a factura do consumo eléctrico se manteña dentro dunhas marxes, xa que non se trata só da pervivencia dun colectivo de empresas, senón da continuidade de sectores enteiros do tecido económico de Galicia”, manifestou Balseiro.
A pesar de que a factura enerxética é un ámbito de exclusiva competencia estatal, José Manuel Balseiro salientou as distintas ordes de axuda da Xunta de Galicia destinadas a empresas de transformación e acuicultura para proxectos de mellora da eficiencia enerxética. En concreto, o Goberno galego mobilizou nos últimos dous anos máis de 55,8 millóns de euros en orzamento directo para este sector e para implantación de melloras no ámbito enerxético.