Skip to content

O Parlamento galego pide por unanimidade ao Goberno central que sitúe a Ferrol entre as súas accións prioritarias e urxentes

26 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que sitúe a Ferrol entre as súas accións prioritarias e urxentes e materialice os compromisos pendentes coas veciñas e veciños deste municipio, en particular, desenvolvendo as medidas previstas no Pacto de Estado por Ferrol, dirixido á reactivación económica e social da cidade e das comarcas de referencia; dotando dos orzamentos necesarios para desenvolver con urxencia infraestruturas para modernizar as instalacións de Navantia Ferrol, nomeadamente, a construción dun dique seco que permita poñer en marcha o estaleiro 4.0; e estendendo a Ferrol os beneficios da alta velocidade, logrando a inclusión da liña Coruña-Ferrol no corredor atlántico de mercadorías, ademais da imprescindible modernización da liña Ferrol-Ribadeo.

O deputado do Grupo Popular e candidato á Alcaldía de Ferrol, José Manuel Rey, afirmou que “cremos nesta cidade, nas súas capacidades, en que temos unha situación xeográfica de carácter estratéxico, que temos un porto que é toda unha oportunidade para a fachada atlántica, que temos unhas instalacións industriais estratéxicas para o conxunto do Estado que exportaron material industrial a todo o mundo”.

 

REACTIVACIÓN ECONÓMICA

 

“Pero, o que Ferrol necesita é compromiso real, con orzamentos, non con palabras”, manifestou José Manuel Rey, ante o que lembrou que o Pacto de Estado por Ferrol recolle demandas como a recuperación do tecido empresarial; o reforzo das industrias estratéxicas, como o naval, a enerxía e as electrointensivas; a modernización do sector económico da comarca, especialmente nos sectores forestal, naval, primario e alimentario; a creación dun polo enerxético que aproveite as diferentes modalidades de produción de enerxía; o fomento da innovación e o coñecemento; a potenciación do CIS Ferrol e o campus industrial; o incremento da competitividade a través da aposta polas infraestruturas da comarca; ou a consolidación, ampliación e modernización dos servizos públicos docentes, sociais e sanitarios”, concretou.

 

Entre as medidas que se solicitan a través desta proposición non de lei, José Manuel Rey citou, en primeiro lugar, as dirixidas á reactivación económica, con actuacións como a declaración estratéxica de iniciativas como Triskelion en Mugardos; Ence, EDP Renovables e Sentury en As Pontes; Valogreene ou IFFE-Biotech en As Somozas; ou Nervión no Porto Exterior de Ferrol. Neste sentido, demandou tamén “pechar o solo empresarial necesario para asentar novas empresas, que son as que xeran emprego e diversifican; así como avanzar en iniciativas como a Zona Franca de Ferrol”.

 

MELLORA CONEXIÓNS FERROVIARIAS

 

O deputado popular saudou o comezo da construción das fragatas F-110, o aumento de traballo no estaleiro de Ferrol con encargos de eólica mariña ou reparacións de buques, pero avogou por levar adiante “unha transformación caro ao estaleiro 4.0, coa construción dun novo dique e o dique de reparacións”.

 

Para rematar, e no ámbito das infraestruturas de comunicación, Rey felicitouse pola chegada do AVE a Galicia, aínda que alertou que “Ferrol e Lugo non poden quedar á marxe dos beneficios da alta velocidade”. Así, salientou que a semana pasada, a iniciativa do Grupo Popular no Parlamento Europeo, se aprobara a inclusión de Ferrol e Lugo na Rede TransEuropea de Transporte.

 

Así mesmo, incorporáronse á iniciativa do Grupo Popular tres puntos da emenda do BNG, a través dos que se solicitan a realización dun estudo integral, en colaboración co Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (Cedex) da situación da ría, para determinar as causas do colapso produtivo e as medidas necesarias para a súa rexeneración; colaborar cos concellos na elección do mellor sistema de saneamento para as augas residuais, así como para a realización das obras necesarias para executalo; e declarar Zona de Especial Necesidade de Rehabilitación a casa natal de Carvalho Calero e as parcelas necesarias para desenvolver o proxecto de recuperación, co fin de destinala para os usos dotacionais que o barrio necesita.

Noticias recomendadas

O Parlamento demanda ao Ministerio de Transición Ecolóxica que rectifique a súa decisión de incluír ao lobo no listado de especies con protección especial e no catálogo de especies ameazadas
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co voto favorable do BNG, a través da que se demanda ao Ministerio
O Parlamento de Galicia solicita ao Goberno de España que flexibilice canto antes os requisitos de benestar animal relativos ao deseño das explotacións recollidos no Real-Decreto 1053/2022
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non foi apoiada polo BNG, a través da que se solicita ao Goberno de España,
O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que cumpra o compromiso de financiar o Centro de orientación ao emprendemento de Galicia
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG, a través da que se demanda a posta en
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies