O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Moisés Rodríguez, dixo, hoxe, que, a sociedade pública estatal Casa47 é “marketing político” e unha “nova marca” creada polo Goberno central para intentar tapar a súa mala xestión en materia de vivenda.
O Grupo Popular presentou unha proposición non de lei para instar ao Executivo de Pedro Sánchez a que aporte información detallada dito programa. Neste punto, Moisés Rodríguez reclamou “transparencia” sobre os criterios de selección e adxudicación, os requisitos económicos, a duración da protección pública das vivendas ou as condicións de accesos. A iniciativa avoga, tamén, polo control público e a protección permanente de vivenda protexida, impedindo a súa futura desprotección ou a súa privatización encuberta.
Este programa estatal, anunciado en decembro de 2024, ademais de non aportar solucións á cidadanía, amosa un descoñecemento total da realidade. E que tal e como apuntou o deputado do Grupo Popular, a sociedade estatal Casa47 adxudicou a redacción do proxecto de edificación de 13 vivendas en Pedrafita do Cebreiro, cando neste municipio constan cero inscritos no rexistro de demandantes de vivenda da Xunta de Galicia. E afeoulle ao Executivo de Pedro Sánchez que para o 84% das vivendas ofertadas pola entidade estatal Casa47, en réxime de alugueiro, se esixan ingresos superiores aos 2.000€ ao mes, o que para o deputado popular nada ten que ver con “vivenda accesible.
Por outra banda, tras cualificar de insuficientes as políticas de vivenda do Executivo central, destacou que mentres a Xunta si cumpre, o Goberno de Sánchez, non: “O que non necesita Galicia son anuncios baleiros nin programas deseñados para aparentar”. Nesta mesma liña, advertiu de que as vivendas de casa47 nin se están a asignar ás persoas inscritas no rexistro de demandantes nin se cualifican como vivendas de promoción pública nin como alugueiros accesibles.
Así, fronte ao modelo improvisado do Goberno central, Galicia leva anos defendendo una política seria e planificada en materia de vivenda. Neste senso, destacou que o compromiso da Xunta é acadar as 10.000 vivendas públicas en 2030, para as que investirá arredor de 2.000M€ nos vindeiros catro anos.
PLAN ESTATAL DE VIVENDA: UN ANO PERDIDO
Por outra banda, denunciou que o Plan estatal de Vivenda chegue tarde, mal e arrastro e que suporá un ano perdido, xa que a demora na súa aprobación -e aínda está pendente o seu paso polo Consello de Ministros, a súa publicación no BOE, a sinatura dos convenios coas Comunidades e a posterior transferencia de fondos- atrasa a convocatoria por parte das Gobernos autonómicos das liñas de axudas. Asemade, criticoulle que impoña “de forma unilateral” unha “cofinanciación obrigatoria do 40% ás comunidades.
Para rematar, lamentou que o Goberno central siga sen darlle resposta á petición reiterada da Xunta da cesión gratuíta dos solos e inmobles procedentes da Sareb para poder integralos no parque público galego.